Banaba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ortografía e Nova Zelandia
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 54: Liña 54:
{{commonscat|Banaba Island}}
{{commonscat|Banaba Island}}


[[Categoría:Kiribati]]
[[Categoría:Illas de Kiribati]]
[[Categoría:Illas e arquipélagos]]
[[Categoría:Illas e arquipélagos]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2014 ás 14:39

Banaba
Vista da illa
Banaba
Datos
Capital
País Quiribati - Kiribati
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2005) 301 hab.
Superficie 5 km²
Densidade
Coordenadas 0°51′34″S 169°32′13″L / -0.85944, -169.53694
Maior Altura 81 m.
Localización
Banaba

Banaba (ou illa Ocean), é unha illa de coral habitada de 5 km² no Océano Pacífico, situada ao oeste das illas Gilbert e 300 km ao leste de Nauru. O nome Banaba na lingua local significa "pedregoso". Forma parte da república de Kiribati. O punto máis alto da illa é tamén o punto máis alto de Kiribati, con 81 metros de alto. Xunto con Nauru e Makatea, foi unha das grandes fontes de fosfato do Pacífico. A súa poboación, deportada para explotar os fosfatos da illa, abriu o proceso máis longo da historia, contra o goberno británico.

Historia

A illa foi habitada por melanesios desde o 1.500 adeC. Descubriuse en 1804 por Abraham Bristow pero mantívose relativamente intacta debido á súa illada localización e pequeno tamaño.

En 1900, Albert Ellis, un neozelandés que traballaba para unha compañía británica, descubriu que a illa era rica en fosfato de calcio, unha importante matéria prima para fertilizantes, e convenceu os nativos para asinar – cunha cruz – documentos legais que daban á compañía o dereito de explotar aquel recurso por 50 libras por ano, durante 999 anos. En 1942, a illa foi invadida polos xaponeses e os seus habitantes enviados para campos de traballos forzados noutras illas, unha vez que a súa xa estaba practicamente devastada. Ao final da guerra, os banabenses foron “recuperados” polos británicos e enviados para a illa de Rabi, que actualmente pertence a Fidxi. En 1979, as minas de fosfato foron abandonadas e moitos banabenses regresaron para verificar que o que antes eran 595 hectáreas de floresta tropical, apenas quedaban mais ou menos intactas 150.

Goberno

A pesar de formar parte de Quiribati, Banaba é gobernada polo consello de anciáns de Rabi Fidxi que, ademais, teñen un dos 49 deputados do parlamento de Quiribati.

Véxase tamén

Ligazóns externas