Club de Rugby Cisneros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 119: Liña 119:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
{{DH rugby}}
{{DH rugby}}
[[Categoría:Equipos españois de rugby|Cisneros]]
[[Categoría:Equipos de rugby de España|Cisneros]]
[[Categoría:Deporte en Madrid]]
[[Categoría:Deporte en Madrid]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2014 ás 11:33

CR Cisneros
NomeClub de Rugby Cisneros
Fundación1945
SedeMadrid, España España
Estadio(s)Central (Madrid)
Capacidade12.000 espectadores espectadores
PresidenteTobías Cagigal
AdestradorDaniel Vinuesa
CapitánGuillermo Espinós
Liga(s)División de Honra
2012-13
Casa
Na rede
http://www.rugbycisneros.com

O Club de Rugby Cisneros, tamén coñecido como Complutense Cisneros, é un club de rugby español da cidade de Madrid, que compite actualmente na División de Honra. O equipo disputa os seus partidos como local no Estadio Central Universitario.

Historia

O equipo foi fundado no ano 1945 por alumnos do Colexio Maior Ximénez de Cisneros de Madrid. Durante décadas tódolos xogadores do equipo eran do Colexio Maior, ata que nos anos 80 comezaron a chegar xogadores doutros clubes e ata do estranxeiro.

O CR Cisneros está considerado como un dos equipos históricos do campionato nacional de liga, con 29 tempadas na máxima categoría, 2 títulos de liga nos anos 1976 e 1985, 2 subcampionatos nos anos 1975 e 1989, e 4 Copas do Rei nos anos 1967, 1969, 1979 e 1982.

O equipo participou por última vez na División de Honra na tempada 2006-07. Na tempada 2010-11 o equipo competíu no Grupo 2 da División de Honra B (segunda categoría do rugby nacional), rematando na 3ª posición da clasificación final, con 9 vitorias e 5 derrotas. Ó ano seguinte acadou o ascenso á División de Honra.

Palmarés

Posicións do Club de Rugby Cisneros en competicións nacionais dende 1967, ano no que acada o seu primeiro título
Categoría 2013 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67
Div.Honra 7 10 10 8 10 7 4 7 10 4 7 6 8 2 4 5 3 1 6 x x x x 5 3 1 2 6 7 5
Div.HonraB 2 3 4 6 3 1 5 8 2 3 3
1ªNacional 1 1
Copa 2 1 1 2 1 1

A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970.

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempada actual

España División de Honra — Tempada 2013/14
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
1º. Castela e León VRAC 85 22 17 0 5 591 429 15 2
2º. Castela e León El Salvador 78 22 16 0 6 625 403 11 3
3º. Comunidade de Madrid Cisneros 78 22 16 0 6 629 476 12 2
4º. Cantabria Independiente 67 22 13 0 9 593 512 10 5
5º. Comunidade de Madrid Atlético 61 22 11 0 11 571 539 10 7
6º. Ordizia 60 22 12 0 10 522 522 7 5
7º. Getxo 54 22 11 0 11 490 428 5 7
8º. Cataluña Santboiana 53 22 10 0 12 477 566 8 5
9º. Gernika 50 22 9 0 13 529 546 10 4
10º. Hernani 41 22 8 0 14 463 643 5 4
11º. Galicia Vigo 37 22 7 0 15 502 686 5 4
12º. Andalucía Ciencias 22 22 2 0 20 407 649 4 10
A Getxo fóronlle descontados dous puntos por incomparecencia nun encontro.

Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates. PF - Puntos anotados ou a puntos a favor. PC - Puntos encaixados ou puntos en contra.


<<<< 2012/13 — Tempadas — 2014/15 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (11º).
En vermello      a posición de descenso directo (12º).


Cuartos de Final Semifinais Final
           
 1º Castela e León VRAC Quesos Entrepinares  29
 4º Cantabria Bathco Independiente  20
 4º Cantabria Bathco Independiente  24  
 5º Comunidade de Madrid Rugby Atlético de Madrid  18  
   1º Castela e León VRAC Quesos Entrepinares  26
 
   2º Castela e León Hermi El Salvador  15
 3º Comunidade de Madrid Complutense Cisneros  29
 3º Comunidade de Madrid Complutense Cisneros  9  
 6º Ampo Ordizia  27  
 2º Castela e León Hermi El Salvador  22  

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos