José Cornide Saavedra: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 3262280 de 193.144.97.215 (conversa) |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Casa de José Cornide, A Coruña.jpg|miniatura|300px|Casa natal, enfronte da [[Colexiata da Coruña|Colexiata]], [[A Coruña]]]] |
[[Ficheiro:Casa de José Cornide, A Coruña.jpg|miniatura|300px|Casa natal, enfronte da [[Colexiata da Coruña|Colexiata]], [[A Coruña]]]] |
||
'''José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra |
'''José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra'''<ref>[http://farm2.static.flickr.com/1244/537804623_e51dcb4e95.jpg Portada] na que se aprecia o nome de Joseph Cornide na súa grafía de finais do século XVIII.</ref>, señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1734]] e finado en [[Madrid]] o [[22 de febreiro]] de [[1803]], foi un [[Xeografía|xeógrafo]], [[Ciencias Naturais|naturalista]] e [[Humanismo|humanista]] [[Galicia|galego]], membro sobranceiro do movemento [[Ilustración|ilustrado]]. |
||
==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
Revisión como estaba o 7 de maio de 2014 ás 11:18
José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra[1], señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.
Traxectoria
José Cornide Saavedra é un dos primeiros en denunciar a colonización económica e cultural de Galicia:
|
De orixe fidalga, estudou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da Sociedad Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura del Reino de Galicia e primeiro secretario perpetuo da Real Academia de la Historia (1802-1803), entre outros. Ao longo da súa vida realizou completos estudos sobre historia, xeografía e economía, fundamentalmente da Galiza.
Elaborou gran cantidade de mapas, entre os que destacan os da diocese de Ourense e da de Mondoñedo. Realizou numerosas crónicas de viaxes, como Viaje desde Coruña a la Corte, ademais de cultivar literatura, tanto en lingua española como en lingua galega, aínda que os seus poemas na nosa lingua actualmente son descoñecidos.
Obras
- Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774).
- Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican (1788).
- Las Casitérides, o Islas del Estaño, restituidas a los mares de Galicia. Disertación crítica en que se procura probar que estas islas no son las Sorlingas, como pretende en su Britania Guillermo Cambden, y sí las de la costa occidental del reino de Galicia. Ficha en cervantesvirtual.es (1790).
- Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la llamada Torre de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña. Ficha en cervantesvirtual.es.
- Estado de Portugal en el año 1800.
Notas
Véxase tamén
A Galicitas posúe citas sobre: José Cornide Saavedra |
Ligazóns externas
- Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo.
- Las Casiterides ó Islas del Estaño restituidas á los mares de Galicia: disertación crítica.
- Cartografía histórica de José Cornide en la Real Academia de la Historia. El mapa general del Reino de Galicia y los de sus diócesis (1760-1772) (66 páxinas), artigo de Carmen Manso Porto publicado na revista Abrente, da Real Academia Galega de Belas Artes