Provincias ilirias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49: Liña 49:


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://crohis.com/shisatlas3/mletdalm.htm Mapa das Provincias Ilirias]
*[http://crohis.com/shisatlas3/mletdalm.htm Mapa das Provincias Ilirias]{{Ligazón morta|data=maio de 2014}}.


[[Categoría:Historia de Austria]]
[[Categoría:Historia de Austria]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2014 ás 12:02

Modelo:País desaparecido O das Provincias Ilirias (Provinces illyriennes, en francés) foi un estado satélite do Primeiro Imperio francés situado ea costa norte e leste do mar Adriático, no que foi a rexión histórica de Iliria.

As Provincias Ilirias creáronse o 14 de outubro de 1809 a raíz do Tratado de Schönbrunn, polo cal, entre outras disposicións, o Imperio austríaco cedía ao Imperio napoleónico Trieste e Dalmacia. A estes territorios sumouse a República de Ragusa, anexionada por Francia un ano antes.

A autoridade francesa levábaa a cabo un Gobernador Xeral, o primeiro dos cales foi Auguste Marmont. Entre as novidades que se implantaron destaca a instauración dun código civil (copia do francés) na rexión, e a utilización dos idiomas eslavos (esloveno e croata) no ensino.

En agosto de 1813, Austria declarou de novo a guerra a Napoleón e invadiu as Provincias Ilirias, apoiada polas tropas croatas que desertaban dos exércitos franceses. Pouco despois, en Dubrovnik, estalaba unha insurrección contra os franceses que os expulsou coa esperanza de restaurar a República de Ragusa. Porén, tras a ocupación austríaca, isto nunca chegou a consumarse.

Coa derrota definitiva de Napoleón en 1815, o Congreso de Viena ratificaba a soberanía austríaca na rexión e formáronse os Reinos de Iliria e de Dalmacia, como partes do Imperio austríaco.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bundy, Frank J. (1988). The Administration of the Illyrian Provinces of the French Empire, 1809-1813. Taylor & Francis.  Texto " ISBN 0-8240-8032-7 " ignorado (Axuda)

Ligazóns externas