Juan María Bandrés: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
Liña 39: Liña 39:
{{ORDENAR:Bandres Molet, Juan Maria}}
{{ORDENAR:Bandres Molet, Juan Maria}}
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]
[[Categoría:Europarlamentarios españois]]
[[Categoría:Europarlamentarios de Euskadi]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Europarlamentarios dos Verdes]]
[[Categoría:Europarlamentarios dos Verdes]]

Revisión como estaba o 4 de maio de 2014 ás 15:52

Juan María Bandrés Molet, nado en Donostia o 12 de febreiro de 1932 e falecido 28 de outubro de 2011 na mesma cidade[1], foi un avogado e político vasco.

Traxectoria

Infancia e formación

Durante a Guerra Civil el e a súa familia teñen que desprazarse por varias cidades do norte de España, e non volta a Donostia ata rematado o conflito. Na cidade guipuscoana estuda no colexio do Sagrado Corazón. Comeza dereito por libre na Universidade de Oviedo e licénciase, xa por oficial na Universidade de Santiago de Compostela en 1952. Logo de rematar os seus estudos realiza o servizo militar no Hospital Militar de Tetuán.

Exercicio da avogacía

En 1958 instálase de novo en Donostia e comeza a traballar como avogado. Na década de 1960 comeza a defender perante o Tribunal de Orde Pública a diversos procesados, moitos deles militantes de Euskadi Ta Askatasuna (ETA), acusados de propagada ilegal e de actos non violentos. Pola súa defensa destes militantes, logo do primeiro asasinato de ETA (o do policía Melitón Manzanas en 1968 e do estado de excepción decretado posteriormente, o goberno de Francisco Franco destérrao a Purchena (Almería), durante tres meses. Nesa época (1963) comeza a traballar como analista político na revista Cuadernos para el Diálogo, de orientación antifranquista.

Logo da deportación, continúa traballando como avogado de presos antifranquistas. En 1970 encárgase da defensa de Jokin Gorostidi e Itziar Aizpurua, dous militantes de ETA naquel momento, que despois participarían en política en diversas formacións da esquerda abertzale. Foi no marco do proceso de Burgos, un macroxuízo contra membros de ET, onde algúns, como Gorostidi, acabaron condenados a penas de morte, conmutadas por penas de cárcere e, posteriormente, amnistiados ao chegar da democracia.

Actividade política

Membro fundador de Euskadiko Ezkerra, nas primeiras eleccións democráticas sae escollido senador por Guipúscoa, e integrouse no grupo parlamentario Senadores Vascos. Nas votacións na cámara sobre a Constitución, posiciónase en contra ao non considerar que cumprise as expectativas nacionais do País Vasco.

Neses últimos anos do franquismo e primeiros da democracia actúa como mediador entre ETA, os gobernos e as familias dos secuestrados. Así, en 1973 participa en conversas para a liberación de Felipe Huarte, en 1975 co ministro franquista Manuel Fraga, en 1977 co goberno de Adolfo Suárez (das que se derivaría a Lei de Amnistía política) e ese mesmo ano, en 1977, no fracaso da negociación para liberar o empresario vasco Javier de Ybarra, que resulta finalmente asasinado. O asasinato de Ybarra é o detonante da súa ruptura co contorno etarra.

En 1978 foi nomeado conselleiro de Transportes e comunicacións no Consello Xeral do País Vasco, o goberno preautonómico de Euscadi. Ao ano seguinte 1977 foi elixido deputado no Congreso dos Deputados, de novo pola circunscrición de Guipúscoa e por Euskadiko Ezkerra, posto no que foi reelixido en 1982 e en 1986. En 1981, sendo ministro do Interior Juan José Rosón Pérez, participou a canda Mario Onaindia nas conversas que deron lugar a un plan de reinserción social para presos de ETA sen delitos de sangue e á disolución de ETA–pm (VII asamblea) o 30 de setembro de 1982[2], En 1989 abandona o Congreso para concorrer aos comicios europeos, onde é elixido como cabeza da coalición Esquerda dos Pobos, formada entre outros por Euskadiko Ezkerra, PSG-EG, ou a Chunta Aragonesista. Integrouse no grupo parlamentario dos nacionalistas e verdes no Parlamento Europeo.

En 1991 saíu elixido presidente de Euskadiko Ezkerra e iniciou un achegamento ao PSE. Se ben a formación chegou a integrar un acordo de goberno no País Vasco con PNV e EA, as disensións entre a ala de Bandrés e a máis nacionalista, que buscaba un achegamento con EA, levaron á súa disolución como partido. Bandrés integrouse no PSE, pero en 1994 abandona a formación local do PSOE e deixa a política.

Logo da política

En 1995 foi escollido presidente da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR). Dous anos máis tarde (1997) sofre un derrame cerebal que o deixará incapacitado para o resto da súa vida.

Galardóns

Notas

  1. Fallece Juan Mari Bandrés después de una prolongada enfermedad El Mundo, 28/10/2011
  2. Gaizka Fernández Soldevilla, Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985), en Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca, ISSN 1131-5350, Nº 33, 2010, pp. 55-96. Consultado: 08-3-2011.
  3. Galardonados con la distinción Lan Onari

Véxase tamén

Bibliografía

  • Juan María Bandrés. Memorias para la Paz. Editorial HMR (Hijos de Muley Rubio).  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |ubicación= ignorado (suxírese |lugar=) (Axuda); Parámetro descoñecido |enlaceautor= ignorado (suxírese |ligazón-autor=) (Axuda)