Ferenc Puskás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Quorthom (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Quorthom (conversa | contribucións)
Liña 105: Liña 105:
Eiquí tomará o mando da [[Selección nacional de fútbol de Hungría|selección nacional]] ao longo dun ano, para despois retirarse definitivamente do fútbol profesional.
Eiquí tomará o mando da [[Selección nacional de fútbol de Hungría|selección nacional]] ao longo dun ano, para despois retirarse definitivamente do fútbol profesional.


==Retiro e derradeiros anos==
==Later years==
Despite his defection in 1956, Puskás was always admired as a hero in his native Hungary. In 1993, the Hungarian government granted a full pardon<!--took them long enough!--> to Puskás who returned home to take temporary charge of the national team.<ref>{{cite web|url=http://thescotsman.scotsman.com/obituaries.cfm?id=1716212006 | title=Obituary:Ferenc Puskas | publisher=The Scotsman | date=2003-11-20}}</ref>
A pesares de caer en desgraza a ollos do governo, sempre foi considerado un heroe polo pobo húngaro. No ano [[1993]] as autoridades concédenlle o perdón e Puskás volta ó fogar, facéndose cargo por un tempo da [[Seleción nacional de fútbol de Hungría|Selección nacional]].<ref>{{cite web|url=http://thescotsman.scotsman.com/obituaries.cfm?id=1716212006 | title=Obituary:Ferenc Puskas | publisher=The Scotsman | date=2003-11-20}}</ref>

In 1998 he became one of the first ever FIFA/SOS Charity ambassadors.<ref>{{cite web
En [[1998]] é nomeado un dos primeiros embaixadores de boa vontade da [[FIFA]].<ref>{{cite web
| url = http://www.soschildrensvillages.org.uk/charity-news/puskas-obituary.htm
| url = http://www.soschildrensvillages.org.uk/charity-news/puskas-obituary.htm
| title = SOS Children mourns Ferenc Puskas
| title = SOS Children mourns Ferenc Puskas
Liña 114: Liña 115:
| work = http://www.soschildrensvillages.org.uk
| work = http://www.soschildrensvillages.org.uk
| publisher = SOS Children's Villages
| publisher = SOS Children's Villages
}}</ref>
}}</ref> In 2002 the ''Népstadion'' in Budapest was renamed the [[Stadion Puskás Ferenc]] in his honour. He was also declared the best Hungarian player of the last 50 years by the [[Hungarian Football Federation]] in the [[UEFA Jubilee Awards]] in November 2003.<ref name="UEFA Jubilee">{{cite web|url=http://www.uefa.com/uefa/news/Kind=256/newsId=130150.html | title=Golden Players take centre stage | publisher=[[UEFA]] | date=2003-11-29}}</ref>

No ano [[2002]] o ''Népstadion'' de [[Budapest]] foi renomeado coma o [[Stadion Puskás Ferenc]] na súa honra. Tamén foi declarado mellor xogador húngaro dos últimos 50 anos pola [[Federación Húngara de Fútbol]] co gallo do [[50 Aniversario da UEFA]], en novembro de 2003.<ref name="UEFA Jubilee">{{cite web|url=http://www.uefa.com/uefa/news/Kind=256/newsId=130150.html | title=Golden Players take centre stage | publisher=[[UEFA]] | date=2003-11-29}}</ref>


Puskás was diagnosed with [[Alzheimer's disease]] in 2000.<ref name="BBC obit">{{cite web|url= http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/football/europe/6155766.stm | title=Hungary legend Puskas dies at 79 | publisher=BBC | date=2006-11-17}}</ref> He was admitted to a Budapest hospital in September 2006<ref name="Puskás admitted">{{cite web|url=http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/football/europe/5343726.stm | title=Puskas 'taken to intensive care' | publisher=[[BBC]] | date=2006-09-13}}</ref> and died on [[November 17]] [[2006]]<ref name="BBC obit"/> of pneumonia. He is survived by his wife of 57 years, Erzsébet, <ref>{{cite web|url=http://www.telegraph.co.uk/news/main.jhtml?xml=/news/2006/11/18/db1801.xml | title=Ferenc Puskas | publisher=Telegraph.co.uk | date=2003-11-18}}</ref> and their daughter, Anikó. <ref>{{cite web|url=http://www.latimes.com/news/printedition/california/la-me-puskas18nov18,1,2453964.story?coll=la-headlines-pe-california&ctrack=1&cset=true | title=Ferenc Puskas, 79; Hungarian was one of soccer's all-time greats | publisher=Los Angeles Times | date=2003-11-18}}</ref>
Foille diagnosticada a enfermidade de [[Alzheimer]] en 2000.<ref name="BBC obit">{{cite web|url= http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/football/europe/6155766.stm | title=Hungary legend Puskas dies at 79 | publisher=BBC | date=2006-11-17}}</ref>. Ingresa nun hospital da capital húngara en setembro de 2006<ref name="Puskás admitted"> ,{{cite web|url=http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/football/europe/5343726.stm | title=Puskas 'taken to intensive care' | publisher=[[BBC]] | date=2006-09-13}}</ref> do que xa non sairía con vida. O [[17 de novembro]] morre Ferenc Puskás <ref name="BBC obit"/> ós 79 anos de idade a causa dunha [[neumonía]].


O seu enterro convértese nun [[funeral de estado]], e o seu ataude e trasladado desde o estado que leva o seu nome ata a Praza dos Heroes, onde é despedido con vinteunha salvas na súa honra. Os seus restos foron soterrados nunha basílica de Budapest o [[9 de decembro]] de 2006.
In a [[state funeral]], his coffin was moved from [[Stadium Puskás Ferenc]] to [[Heroes' Square (Budapest)|Heroes' Square]] for a [[21-gun salute|military salute]]. He was finally laid to rest under the dome of the [[St Stephen's Basilica]] in Budapest on [[December 9]], [[2006]].


==Títulos e Galardóns==
==Títulos e Galardóns==

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2007 ás 14:37

Modelo:InfFut

Ferenc Puskás (2 de abril de 192717 de novembro de 2006) (En Húngaro: Puskás Ferenc), foi un lendario futbolista e despois adestrador húngaro. Está conseiderado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos e un dos goleadores máis efectivos, anotando 84 goles en 85 encontros internacionais para a Selección Húngara[1] e 511 goles en 533 encontros na Liga Húngara de Fútbol e na Liga Española de Fútbol.

Durante os anos 50 convertiuse no capitán e nunha das estrelas da selección húngara coñecida coma o Aranycsapat ("Equipo de ouro" en húngaro). Con Puskás estaba outros lendarios futbolistas coma Sándor Kocsis, Zoltán Czibor, József Bozsik ou Nándor Hidegkuti.

Puskás xogou para o Honvéd ata 1956, ano no que estoupou a Revolución Húngara. Este feito colleu ós xogadores fóra do país, por mor dunha eliminatoria de Copa de Europa contra o Athletic de Bilbao. Moitos negáronse a voltar, e tentaron sacar ás súas familias de Hungría o antes posible. En 1958 ficha polo Real Madrid e alí xúntase con outros grandes xogadores coma Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento, Raymond Kopa, Héctor Rial ouJosé Santamaria.

O que máis destacaba de Ferenc Puskás era o seu mortífero disparo coa perna esquerda, que non deixou de reportarlle goles ao longo de toda a súa carreira. Foi o máximo anotador da Liga Húngara en catro ocasións. Amáis, nunha delas, en 1948, foi tamén o máximo anotador europeo (Bota de Ouro). Tempo despois, cando marchou ao Real Madrd gañou catro veces o Trofeo Pichichi e anotou sete goles en dúas finales da Copa de Europa

En 1995 foi galardoado coma o máximo anotador do século XX pola IFFHS.[2][3][4]

O 17 de novembro de 2006 Puskás morre en Budapest á idade de 79 anos.

Infancia e xuventude

Puskás nace nun barrio de Budapest chamado Kispest. O seu nome de pila era Ferenc Purczeld. Á idade de dez anos o seu pai, tamén futbolista do Kispest FC, trocou seu apelido por Puskás, que o seu fillo Ferenc adoptou de inmedianto.[5]Unha traducción aproximada desta verba pode ser "escopeta".

Comeza a súa carreira coma xove promesa do Kispest, sendo o seu pai o adestrador do equipo. Neses anos empregaba outro nome Kovács Miklós, para poder aparentar unha idade maior da que realmente posuía, o que lle permitía xogar con rapaces maiores ca el.[6]. Oficialmente asinou contrato ca escadra ós doce anos.

Entre os seus xoves compañeiros estaba seu amigo da infancia e futuro membro do "Equipo de Ouro" József Bozsik.

O seu debút con primeiro equipo do Kispest FC foi en novembro de 1943, nun encontro contra o Nagyvárad.[7]

Xogador

Hungría

En 1949 o Ministerio de Defensa Húngaro toma o control do Kispest, convertíndoo no equipo de fútbol do Exército Húngaro e trocándolle o nome por Honvéd. Por mor disto, os xogadores comezaron a obter rangos militares. Por exemplo, o propio Puskas chegou a ser Maior, de aí que os ingleses o alcumaran "The Galloping Major".[5].

Sendo o clube do exército, empregaron levas para fichar ós mellores futbolistas húngaros. Así conseguiron as fichaxes de estrelas coma Zoltán Czibor and Sándor Kocsis.[8].

Mentres ficou no Hónved, Ferenc axudou ao clube a gañar cinco títulos da Liga Húngara. Tamén foi o máximo anotador da competición nas tempadas 1947/48, 1949/50, 1950 e 1953, con 50, 31, 25 and 27 goles respectivamente. A marca dos 50 serviulle tamén para se-lo máximo anotador de toda europa, o que anos despois se deu en chamar Bota de Ouro.

Puskás fixo o súa estrea coa selección o 20 de agosto de 1945, nun encontro contra a Austria que rematou coa vitoria dos maxiares por 5-2. Eiquí anota o primeiro dos seus goles co combindado maxiar.[9]

En total anotaría 84 goles en 85 encontros incluindo dous tripletes á Austria, un a Luxemburgo e catro a Albania.[10].

Xunta Zoltán Czibor, Sándor Kocsis, József Bozsik e Nándor Hidegkuti formaría o núcleo dan lendaria escadra que ficou 32 encontros sen coñece-la derrota.[11]

Ao longo desta etapa de imbatibilidade gañaron a medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1952, vecendo a Iugoslavia por 2-0 na final desputada en Helsinki. Puskás anotaría catro goles no torneo.[10]. A pesares deste éxito aínda foi máis sonada a lección de fútbol que lle deron a Inglaterra no Estado de Wembley, cando en 1953 os derrotaron por 3-6. Isto os converteu no primeiro equipo da Europa continental en gañarlle á selección inglesa na súa propia casa.[9]. A humillación para os ingleses non remataría eiquí. Ao ano seguinte, 1954, devolvénlles a visita e xogan un encontro en Budapest. Os maxiares vencen de novo, desta volta por 7-1. Puskás anotou dous goles en cada encontro contra Inglaterra.

En 1953 tamén conseguen gaña-la Copa Dr. Gerő, un trofeo entre seleccións nacionais da Europa Central que tardou cinco anos en completarse. Hungría remata na cabeza da clasificación con once puntos e Puskás é nomeado máximo anotador do torneo con 10 goles. O encontro que lles deu o trofeo foi a vitoria contra a Italia por 0-3 nun encontro desputado na cidade de Roma.

En 1954 despútase o Mundial de Suiza onde os húngaros son uns dos claros favoritos para alzarse co título de campión. Os dous primeiros encontros sáldanse con aplastantes vitorias a prol dos maxiares: 9-0 contra Corea do Norte e 8-3 contra Alemaña do Oeste, Puskás anotou un total de tres goles. Neste último encontro sofre unha mancadura no nocello que o vai afastar do once inicial ata a final. Tras vencer ó Brasil non que se deu en chamar "A batalla de Berna", gañanlle tamén a Uruguai, plántanse na final.

O derradeiro e máis importante encontro do torneo ía enfrontar de novo ós húngaros contra a Alemaña do Oeste. O adestrador, Gusztáv Sebes decidiu que Puskás tiña que xogar a pesares de non terse recuperado totalmente do golpe no nocello. Aínda así, ós seis minutos de xogo anota o primeiro tanto para os maxiares. Czibor marca o segundo pouco despois e a vitoria semella encarrilada. Mais a escadra xermana consegue empata-lo encontro antes do descanso. Quedando só seis minutos para o remate do encontro, Alemaña adiántase no marcador grazas a un disparo coa perna esquerda de Helmut Rahn que bate a Grocsis. Catro mintus despois, Puskás empata de novo mais o tanto é anulado por un máis que dubidoso fóra de xogo. Ó final, 3-2 para os xermanos.

En 1956 o Honvéd clasifícase para a Copa de Europa, e son emparellados co Athletic de Bilbao na primeira rolda. No estado de San Mamés a escadra vasca imponse por 3-2 e antes de xogarse o encontro de volta estoupa a Revolución Húngara en Budapest. Os xogadores maxiares néganse a retornar a Hungría neses intres e conseguen que se poida desputa-lo encontro en Bruselas.[11].

A volta remataría cun resultado de empate 3-3 mais o Honvéd cae por un 6-5 no total da eliminatoria. Unha vez eliminados, sacan ás súas familias de Hungría e realizan unha xira con obxectivo de gañar algúns cartos, xa que neses intres case non tiñan ni para comer. A pesares da opcisión da FIFA e das autoridades húngaras viaxan por Italia, Portugal, España e Brasil. Tra-lo seu retorno á Europa os xogadores escollen cada un cadanseu camiño. Algún coma Bozsik retornaron a Hungría, namentres que outros coma Czibor, Kocsis ou Puskás procuraron novos clubes na Europa do Oeste.

España

Despois do seu rexeitamento a regresar a Hungría, xogou uns cantos encontros amigables co RCD Español. Neses momentos os clubes italianos do A.C. Milan e a Juventus tantaban facerse cos seus servizos, mais a UEFA promulgou unha sanción de dous anos que lle impedía poder xogar en Europa. Neses anos estivo vivindo primeiro en Austria e logo marchou cara Italia.[11]

Tras cumprirse o prazo da sanción quixo fichar por algún clube italiano, máis a súa idade (31 anos) e o seu peso fixeron que non recibira oferta algunha dos clubes máis importantes do Calcio.[8]. De calquera xeito, sorprendemente o Real Madrid interesouse por contratalo e eiquí, en 1958, comeza a segunda etapa da súa carreira futbolística.

Na súa primeira tempada de branco, a 1958/59, Puskás anotou catro tripletes, o primeiro deles xa no seu segundo encontro, o 21 de setembro de 1958 contra o Sporting de Gijón. En xaneiro el e mais Alfredo Di Stéfano consegue un triplete por cabeza nun encontro contra a UD Las Palmas. Outras das súas atuacións memorables foron contra o Elche CF, facéndolle catro goles na 60/61 e cinco na 61/62. En 1963 faille dous tripletes ó FC Barcelona, un no Estadio Santiago Bernabeu e outro no Nou Camp.

En total, nas oito tempadas nas que ficou no Madrid, xogou 180 encontros de liga, anotando 156 goles. Nas súas seis primeiras tempadas rematou a liga cun mínimo de 20 goles e gañou o Trofeo Pichichi en catro ocasións: 1960, 1961, 1963 e 1964, con 26,27,26, e 20 goles respectivamente. Estes tantos axudaron á escadra merengue a gaña-la liga cinco veces consecutivas entre os anos 1961 e 1965, así coma unha copa do xeneralísimo en 1962. Puskás anotou os dous goles do seu equipo na final contra o Sevilla FC.

No relativo ás competicións europeas, xogou un total de 39 encontros de Copa de Europa, anotando 35 goles. na Copa de Europa da tempada 58-59 xogou un papel decisivo anotando nas semifinais contra o Atlético de Madrid, mais non puido desputa-la final por mor dunha mancadura. De calquera xeito, ó ano seguinte comeza a campaña europea cun triplete contra o Jeunesse Esch, e na semifinal anotaría outros tres goles contra o FC Barcelona. A final contra o Eintracht Frankfurt pasaría á historia, co propio Ferenc e Alfredo Di Stéfano coma protagonistas indiscutibles. O encontro rematou 7-3, con catro goles de Puskás e tres de Di Stéfano. Nas seguintes campañas europeas aínda anotaría outros tres tripletes máis, incluindo o da famosa vitoria do Benfica ó Madrid por 5-3, onde Eusébio foi a gran estrela da escadra portuguesa.

En 1962, Puskás colle a cidadanía española[12] e chegaría a xogar catro encontros coa súa selección, participando no Mundial de 1962 no que non conseguirían pasar da primeira rolda, a pesares de contar con xogadores coma, amáis do propio Puskás, Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento ou Luis Suárez.

Adestrador

Tra-lo seu retiro coma xogador, emprende unha carreira de adestrador que o levará a percorrer medio mundo. O seu primeiro traballo foi no Hércules CF, no ano 1967.

En 1970 colle o mando do clube grego do Panathinaikos FC, e ó ano seguinte lévao ata a final da Copa de Europa, que perde contra o Ajax Amsterdam de Johan Cruyff por 2-0. A día de hoxe segue a ser o único clube do país helénico en chegar á final desta competición. Puskás ficou alí ó longo de cinco anos, durante os cales tamén se fixo con dous títulos de liga(1970 e 1972). Todos estes éxitos fixeron del un auténtico ídolo entre os siareiros do clube, que aínda o consideran o mellor adestrador que endexamáis tiveron.

No ano 1974 marcha de Grecia para facerse cargo do Real Murcia, en España. Pouco despois marchará para Chile, onde adestrará ó Colo-Colo.

Puskás porase á fronte dunha selección nacional por vez primeira en 1976, adestrando a Arabia Saudí. Despois dun ano, abandoaría o cargo para voltar a Grecia, desta volta ó AEK Athens, conseguindo o séptimo campionato de liga para o clube.

En 1979 viaxa a Exipto co gallo de adestrar ó Al-Masry, unha das escadras da primeira división exipcia. Ficará alí tres anos.

No ano 1985 volta a Sudamérica, desta volta ó Paraguai, onde se fai cargo do Sol de América e despois do Cerro Porteño.

A derradeira escadra que adestrou foi o South Melbourne Hellas australiano, conseguindo o campionato de liga no ano 1991. Logo de tres anos, volta finalmente a Hungría. Eiquí tomará o mando da selección nacional ao longo dun ano, para despois retirarse definitivamente do fútbol profesional.

Retiro e derradeiros anos

A pesares de caer en desgraza a ollos do governo, sempre foi considerado un heroe polo pobo húngaro. No ano 1993 as autoridades concédenlle o perdón e Puskás volta ó fogar, facéndose cargo por un tempo da Selección nacional.[13]

En 1998 é nomeado un dos primeiros embaixadores de boa vontade da FIFA.[14]

No ano 2002 o Népstadion de Budapest foi renomeado coma o Stadion Puskás Ferenc na súa honra. Tamén foi declarado mellor xogador húngaro dos últimos 50 anos pola Federación Húngara de Fútbol co gallo do 50 Aniversario da UEFA, en novembro de 2003.[15]

Foille diagnosticada a enfermidade de Alzheimer en 2000.[16]. Ingresa nun hospital da capital húngara en setembro de 2006[17] do que xa non sairía con vida. O 17 de novembro morre Ferenc Puskás [16] ós 79 anos de idade a causa dunha neumonía.

O seu enterro convértese nun funeral de estado, e o seu ataude e trasladado desde o estado que leva o seu nome ata a Praza dos Heroes, onde é despedido con vinteunha salvas na súa honra. Os seus restos foron soterrados nunha basílica de Budapest o 9 de decembro de 2006.

Títulos e Galardóns

Xogador

Hungría

Honvéd

Real Madrid

Adestrador

Panathinaikos

South Melbourne Hellas

Goles internacionais

Notes and references

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome international goals
  2. "FIFA President: FIFA to help the Galloping Major". FIFA. 2005-10-12. Consultado o 2006-11-17. 
  3. "Coronel Puskas, el zurdo de oro" (en Spanish). AS. 2006-11-17. Consultado o 2006-11-17. 
  4. Mackay, Duncan (2005-10-13). "Lineker tees up another nice little earner". Guardian Unlimited. Consultado o 2006-11-17.  Scroll down to subhead "Puskas memories for sale".
  5. 5,0 5,1 "Soccer Great Puskas dead at 79". TSN. Consultado o December 10.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  6. "Puskás, Hungary's greatest". uefa.com. Consultado o November 27.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  7. "Obituary: Ferenc Puskas". The Guardian. Consultado o November 27.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  8. 8,0 8,1 "Hall of Fame, Ferenc Puskas". IFHOF. Consultado o December 10.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  9. 9,0 9,1 "Ferenc Puskas". The Times. Consultado o December 10.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  10. 10,0 10,1 "Ferenc Puskás - Goals in International Matches". RSSSF. Consultado o December 10.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  11. 11,0 11,1 11,2 "Galloping Major gave us finest hour at Hampden". The Scotsman. Consultado o December 10.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  12. "Ferenc Puskas dies aged 79". The Guardian. Consultado o November 27.  Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  13. "Obituary:Ferenc Puskas". The Scotsman. 2003-11-20. 
  14. "SOS Children mourns Ferenc Puskas". http://www.soschildrensvillages.org.uk. SOS Children's Villages. 2005-11-17. Consultado o 2006-11-20.  Ligazón externa en |work= (Axuda)
  15. "Golden Players take centre stage". UEFA. 2003-11-29. 
  16. 16,0 16,1 "Hungary legend Puskas dies at 79". BBC. 2006-11-17. 
  17. ,"Puskas 'taken to intensive care'". BBC. 2006-09-13. 

External links