Nino Farina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2040
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
Liña 193: Liña 193:
[[Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1]]
[[Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari]]
[[Categoría:Pilotos italianos de Fórmula 1]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo]]
[[Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans]]
[[Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans]]

Revisión como estaba o 1 de maio de 2014 ás 21:57

Modelo:Expiloto de F1

Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría.

Traxectoria

Giuseppe estaba doutorado en dereito, e era sobriño do deseñador Pinin Farina. As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a Segunda Guerra Mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.

Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.

En 1951, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre 1952 e 1953.

O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saida de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos en algunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.

En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.

Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista. Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, perdeu a vida nun accidente de coche fóra das pistas en Chambéry, mentres se dirixía como espectador ao Gran Premio de Francia.

Resultados Completos en Fórmula 1

As carreiras en negra indican pole position.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos
1950 Italia Alfa Romeo RU

1

MON

Ret

500

NP

SUI

1

BEL

4

FRA

7

ITA

1

30
1951 Italia Alfa Romeo SUI

3

500

NP

BEL

1

FRA

5

RU

Ret

ALE

Ret

ITA

Ret

ESP

3

22
1952 Italia Ferrari SUI

Ret

500

NP

BEL

2

FRA

2

RU

6

ALE

2

HOL

2

ITA

4

27
1953 Italia Ferrari ARX

Ret

500

NP

NED

2

BEL

Ret

FRA

5

RU

3

ALE

1

SUI

2

ITA

2

26
1954 Italia Ferrari ARX

2

500

NP

BEL

Ret

FRA

NP

RU

NP

ALE

NP

SUI

NP

ITA

NP

ESP

NP

6
1955 Italia Ferrari ARX

3

MON

4

500

NP

BEL

3

NED

NP

RU

NP

ITA

NTS

10
Predecesor:
-
Campión da Fórmula 1
1950
Sucesor:
Juan Manuel Fangio

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas