Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 2986070 de Estevoaei (conversa)
Liña 1: Liña 1:
'''Manuel García Blanco''', nado o [[19 de decembro]] de [[1882]] no [[castelo de Pambre]] ([[Palas de Rei]]) e finado en [[Lugo]] o [[19 de decembro]] de [[1974]], foi un personaxe da vida cultural galega.
'''Manuel García Blanco''', nado o [[19 de decembro]] de [[1882]] no [[castelo de Pambre]] ([[Palas de Rei]]) e finado en [[Lugo]] en [[1974]] o mesmo mes e día do seu nacemento, foi un personaxe da vida cultural galega.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Liña 22: Liña 22:


===Vida persoal e familiar===
===Vida persoal e familiar===
Cultivou a amizade da intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]]. Paulatinamente afastouse do interese pola política que o ocupara durante as primeiras décadas do [[século XX]]. Entre as súas anécdotas ao respecto cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio da [[lingua alemá]], este lle ofreceu ir ao [[Berlín]] nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que ''"Tería que reler a Kant"''.
Cultivou a amizade da intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]]. Paulatinamente afastouse do interese pola política que o ocupara durante as primeiras décadas do [[século XX]]. Entre as súas anécdotas ao respecto cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma [[alemán]], este lle ofreceu ir ao [[Berlín]] nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que ''"Tería que reler a Kant"''.


Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, desprendeuse da Torre de Pambre poucos meses antes do seu pasamento.
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, desprendeuse da Torre de Pambre poucos meses antes do seu pasamento.
Liña 33: Liña 33:
[[Categoría:Nados en Palas de Rei]]
[[Categoría:Nados en Palas de Rei]]
[[Categoría:Nados en 1882]]
[[Categoría:Nados en 1882]]
[[Categoría:Finados en 1974]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]

Revisión como estaba o 1 de maio de 2014 ás 20:57

Manuel García Blanco, nado o 19 de decembro de 1882 no castelo de Pambre (Palas de Rei) e finado en Lugo en 1974 o mesmo mes e día do seu nacemento, foi un personaxe da vida cultural galega.

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, véndose influído polo maxisterio intelectual de Francisco Giner de los Ríos, filósofo, pedagogo e ensaísta español, fundador e director da Institución Libre de Enseñanza. Doutorouse no ano 1907 coa tese La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer. Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, volveu á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de Lugo deica se xubilar.

Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués El Norte de Galicia, colaborando periodicamente neste medio entre os anos 1903 e 1915. Tamén escribe no xornal El Progreso, así mesmo de Lugo, entre os anos 1911 e 1927. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, histórica, asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e filoloxía foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.

No ano 1912 publicou Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega, asinado baixo as iniciais M.G.B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais La Voz de Galicia e Heraldo de Vigo. Sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das Irmandades da Fala), apenas existiron análises tan ponderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego[1][2].

Cinco anos despois, no número 12 de A Nosa Terra, do 10 de marzo do 1917, anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe Consideración sobre a fala galega[3], dicíndose dela que

Trata d'un modo maxistral do estado de deixadés á que ten chegado o noso idioma materno e do xeito pra achegarnos ao seu rexurdimento. Con algunhas apreciacións do autor non estamos conformes[4], mais é merecente dos nosos laudes a ansia querendosa que quer espertar nas almas dos bos galegos pra que afinquemos na fonte esgrevia da nosa nobre fala a persoalidade de Galicia [...] os nosos suscritores hannos d'agradecer que pol-a nosa mediación conozan tan proveitoso e patriótico traballo.
A lingua tiveran
Por lingua d'escravos;
Esquenceran os patrios acentos,
Suidosos e brandos
Pondal"[5]

O seu cursus academicus viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de Literatura do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano 1940, en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exercerá como Profesor de diversas materias (latín, francés e outras especialidades) no Instituto de Lugo.

Xa no ano 1940, dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra Estudio geográfico e toponímico da provincia de Lugo. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no 1944 as Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense, do Catedrático de Latín da Universidade de Santiago de Compostela Abelardo Moralejo Laso, lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.

Vida persoal e familiar

Cultivou a amizade da intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos Eduardo Seijas, Ánxel Fole, Luís Pimentel e Celestino Fernández de la Vega. Paulatinamente afastouse do interese pola política que o ocupara durante as primeiras décadas do século XX. Entre as súas anécdotas ao respecto cabe citar a resposta dada ao Xefe de Falange Española en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma alemán, este lle ofreceu ir ao Berlín nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que "Tería que reler a Kant".

Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, desprendeuse da Torre de Pambre poucos meses antes do seu pasamento.

Notas

  1. Alonso Montero, Xesús: in Gran Enciclopedia Gallega, "García Blanco, Manuel" (Silverio Cañada Edit.; Xixón 1974)
  2. "García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - Diario de Pontevedra, 2003)
  3. Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo Folletón de A Nosa Terra, só se editou a primeira delas, no número 17 da revista, do 30 de abril do mesmo ano.
  4. Polos comentarios da redacion d'A Nosa Terra publicados ao pé da primeira -e única- entrega publicada, as disensións parecían facer referencia maiormente ao pesimismo de García Blanco a teor do proceso de recuperación da lingua, no que as Irmandades apreciaban un meirande progreso.
  5. Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.