Wikipedia:A Taberna (axuda): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 396: Liña 396:
== Renomear imaxe ==
== Renomear imaxe ==
Podo renomear unha imaxe sen ter que subila de novo ou borrala? Ten que facelo un administrador? De ser así, poderiades modificar a miña última imaxe como O Hedreiro, O Couto.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] ([[Conversa Usuario:PepedoCouto|dimo aquí]]) 29 de abril de 2014 ás 14:43 (UTC)
Podo renomear unha imaxe sen ter que subila de novo ou borrala? Ten que facelo un administrador? De ser así, poderiades modificar a miña última imaxe como O Hedreiro, O Couto.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] ([[Conversa Usuario:PepedoCouto|dimo aquí]]) 29 de abril de 2014 ás 14:43 (UTC)

{{feito}}, [[Usuario:PepedoCouto]] --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 29 de abril de 2014 ás 17:06 (UTC)

Revisión como estaba o 29 de abril de 2014 ás 17:06

Esta é a sección de axuda da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa


Imaxes
publicar

Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Precísase de alguén con nivel decente de inglés (o meu é indecente) que traduza a lo menos parcialmente Google books da Wikipedia en inglés [en:Google Books] (máis de 40 interwikis, máis de 50 paxinas da Galipedia ligan cara a el).

Nin vos molestedes en ver o da Wikipedia en castelán, que está cheo de erros. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2013 ás 14:16 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Nemigo 11 de xullo de 2013 ás 17:56 (UTC)[responder]

Artigo Berlín

Hai un erro na páxina de Berlín. A nota número 9 ten unha ligazón rota(?) pon: </ref name="zycwaq">[9] e aparece así no texto do artigo. Se alguén o sabe solucionar. Saúdos --Nemigo 11 de xullo de 2013 ás 18:06 (UTC)[responder]

Xa o amañou onte HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 08:12 (UTC)[responder]

Táboas xuntas

Alguén me pode dicir como podo conseguir que estas dúas táboas:

Análise da participación
Participación Número % censo
Abstencións 2.106 30,19%
Votos emitidos 4.869 69,81%
Censo 6.975 100%
Análise do voto emitido
Votantes Votos % votos
Votos válidos 4.725 97,04%
Votos nulos 144 2,96%
Votos emitidos 4.869 100%

aparezan xuntas, unha ao lado da outra? Grazas por anticipado. --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de agosto de 2013 ás 23:50 (UTC)[responder]

Unha solución é usar outra táboa:
Análise da participación
Participación Número % censo
Abstencións 2.106 30,19%
Votos emitidos 4.869 69,81%
Censo 6.975 100%
Análise do voto emitido
Votantes Votos % votos
Votos válidos 4.725 97,04%
Votos nulos 144 2,96%
Votos emitidos 4.869 100%
GallaecioE logo? 6 de agosto de 2013 ás 05:51 (UTC)[responder]
Grazas Gallaecio, a verdade é que era ben sinxelo! --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de agosto de 2013 ás 13:47 (UTC)[responder]

Axuda cunha tradución do italiano

Estou a ampliar o artigo de Puccini e precisaría axuda de algún usuario que dominara o italiano para rematar unha cita do compositor na sección "Torre del Lago" que me está a dar moitos problemas e non dou feito cos tradutores de internet. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 23:14 (UTC)[responder]

LGT

Boas! Algúen pode poñer os dous cadros de campións da Liga Galega de Traiñeiras un xunto ao outro? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 16 de agosto de 2013 ás 00:18 (UTC)[responder]

Xa o fixen, mais a segunda táboa, ao ser máis curta, non comeza á mesma altura ca primeira (non sei como se faría). Ao ir completándoa e cando teñan as mesmas filas, cadrarán perfectamente (supoño). En calquera caso se non che gusta o resultado desfai a edición. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de agosto de 2013 ás 00:36 (UTC)[responder]
Podes ver un caso similar na páxina sobre Narón. O truco está en incluir entre as dúas táboas este código: </td><td valign=top> quedaría así:
Campións da LGT-A
Tempada CAMPIÓN Concello Provincia
Tempada 2013
Tempada 2012 Amegrove O Grove Pontevedra
Tempada 2011 Amegrove O Grove Pontevedra
Tempada 2010 Amegrove O Grove Pontevedra
Tempada 2009 Cabo da Cruz Boiro A Coruña
Tempada 2008 Náutico de Vigo Vigo Pontevedra
Tempada 2007 Tirán Moaña Pontevedra
Tempada 2006 Samertolameu Moaña Pontevedra
Tempada 2005 Samertolameu Moaña Pontevedra
Tempada 2004 Samertolameu Moaña Pontevedra
Tempada 2003 Samertolameu Moaña Pontevedra
Campións da LGT-B
Tempada CAMPIÓN Concello Provincia
Tempada 2013
Tempada 2012 Mecos O Grove Pontevedra

O código da táboa que ves enriba NON é o que tes ti, está simplificado. Non sei porque pon:

|colspan="15" cellpadding="0" cellspacing="0"|<!---->

o número de columnas é 4 non 15. Saúdos --Nemigo 16 de agosto de 2013 ás 11:57 (UTC)[responder]

Xa o corrixín, grazas. Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 13:59 (UTC)[responder]

Problema cun Modelo

Fixen o Modelo:Proteína non humana baseándome no Template:Infobox nonhuman protein da wiki inglesa. Este modelo está aplicado en páxinas como ADN polimerase I e ADN polimerase II. O problema que teño é que na entrada da caixa correspondente a PDB pon "Erro de script" e despois sae unha categoría na páxina que é Páxinas con erros de script. O curioso é que se premes en Erro de script da caixa funciona ben a ligazón coa base de datos PDB (Protein Data Bank). Na páxina orixinal inglesa non sae ese erro de script a pesar de que aparentemente son iguais. Non sei a que se debe isto nin como se pode arranxar. Non sei se alguén ten idea de qué pode ser e pode axudar. Grazas.--Miguelferig (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 16:45 (UTC)[responder]

Non atopei o erro, demasiado para min. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 23:47 (UTC)[responder]
Simplifiqueino e agora xa funciona, polo menos nos artigos que puxeches na mensaxe aparece o mesmo resultado que na wiki inglesa. Se atopa a forma tentarei facelo como alí. No caso de que nalgún artigo se produza un erro avisa. Saúdos. --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 12:58 (UTC)[responder]
Moitas grazas, parece que funciona. Xa non sae o erro de script.--Miguelferig (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 17:37 (UTC)[responder]

Modelo Teatro

Boas! Non sei por qué, mais cando na caixa de información que incluín no artigo Gran Teatre del Liceu tento meter o mapa de localización non aparece nada (podedes ver no artigo). Non sei se pasa con outros, cos teatros galegos todo vai ben, pero neste caso non funciona. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 08:47 (UTC)[responder]

Cumpría crear o Modelo:Mapa de localización de Cataluña. Xa está solucionado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de setembro de 2013 ás 13:48 (UTC)[responder]
Grazas Toliño!! Piquito (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 15:03 (UTC)[responder]

Axuda técnica cun diagrama

Ola! Quería facer un diagrama para ver de forma gráfica a evolución no tamaño dos 1000 artigos que toda Wiki debería ter. Este diagrama sería similar ao que aparece nos artigos das eleccións municipais exemplo, mais non o dou feito; alguén pode axudarme? Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de setembro de 2013 ás 11:38 (UTC)[responder]

Algo así? Hai que darlle uns retoques porque algunhas cousas saen raras:


Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 13:23 (UTC)[responder]

Fabuloso, Elisardo. Mil grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2013 ás 16:10 (UTC)[responder]
Teño que preguntar por aí porque non sei por que lle saen esas raias da esquerda... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 18:45 (UTC)[responder]
Coa axuda dun compañeiro da asociación xa amañamos o diagrama. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 20:16 (UTC)[responder]

Portal

Boas! Alguén me pode axudar a poñer o cadro da fase final centrado debaixo das clasificacións dos catro grupos en Portal:Hóckey a patíns/Clasificacións? Moitas grazas! Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 15:12 (UTC)[responder]

Feito! Feito! A ver se así está ben. --. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2013 ás 20:36 (UTC)[responder]

Axuda cun modelo

Estou bloqueado cun modelo, Modelo:ErrorBar2, non consigo que me funcione é por riba estame dando erros que provocan que se categorizen mal os artigos nos que sal algún erro deste modelo. Una axudiña, please.--Xabier Cancela (fálame) 9 de outubro de 2013 ás 23:05 (UTC)[responder]

Algo creo que se amañou (mira ti se xa che funciona nas páxinas), agora non da os erros no modelo, pero aínda hai que mirar por que mete a categoría "Páxinas con precisión de redondeo incorrecta". O que fixen foi cambiar a función "En orde de categoría" pola orixinal en inglés, debe ser que tiña algún problema pero aínda teño que investigar iso tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 12:52 (UTC)[responder]
Agora creo que xa funciona a matemática pero o formato dáme problemas, aparécenme unhas caixas, e o resultado da aproximación en varias liñas.--Xabier Cancela (fálame) 10 de outubro de 2013 ás 13:49 (UTC)[responder]
Fixen un novo modelo Modelo:ErrorBar3, que creo que funciona, é unha copia do que hai en es-wiki. Se vale así podemos pasar o contido a Modelo:ErrorBar2 e borrar o ErrorBar3. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 18:52 (UTC)[responder]
Outra cousa que atopei é que a documentación que tiña dentro estaba fastidiando un pouco o modelo, hai que metela noutra páxina de documentación, logo de cear a ver se a fago. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 19:09 (UTC)[responder]
Ó final tiven que poñer a documentación dentro do modelo pero parece que xa funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 22:56 (UTC)[responder]

Axuda cunha tradución do francés

Boas! Alguén que saiba francés pode revisar os contidos que engadín ao artigo tutú da wiki en francés (están na sección de "Historia"). E xa se alguén se anima a traducir a sección "Fabrication du tutu" sería a repanocha. Eu tentei facer con tradutores, mais non estou seguro de que o estea a facer ben, así que se alguén puidera revisar e completar estas cousiñas llo agradecería, xa que son seccións relativamente extensas e non frases soltas. Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 3 de decembro de 2013 ás 01:36 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Servando2 (Dime) 3 de decembro de 2013 ás 17:41 (UTC)[responder]

Apadriñamento

Saúdos! Son novo nisto de escribir en galego e gustaríame que alguén cos coñecementos suficientes sobre a lingua me axudase a adquirilos. Algún preguntarame: -por que non vas a un curso de galego? ou -por que non consultas por Internet? Xa estou adquirindo un nivel básico de galego, pero as páxinas web non me ofrecen solución a algunhas dúbidas que teño, ademais, guastaríame poñer en práctica con alguén os meus coñecementos e que esa persoa me dixese que erros cometo. Grazas!!! Finesfacil (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 22:47 (UTC)[responder]

Ofrecinme a axudar no que poida pero se alguén máis se anima, mellor dous revisores ca un :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]

Categoría en inglés

Quero dividir en Commons a categoría sobre placas de Galicia e necesito saber como se di "Placas na provincia de xx" en inglés. Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de decembro de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]

Pedindo axuda cos "Atención" do mes de xullo de 2013

Se ides á Categoría:Atención veredes que xullo de 2013 destaca moitísimo. Contén case 40 artigos (a maioría deles feitos por Usuario:X4v13r3 e marcados por Usuario:JaviP96).

Solicito colaboración para revisar os artigos e ir rebaixando esa cifra e que non queden aí durante anos e anos. Sede afoutos (mesmo se algún merece o marcador de {lixo} ou unha proposta de borrado). --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2014 ás 11:55 (UTC)[responder]

Vou botarlle un ollo e a ver se logro facer algúns. --Xas (conversa) 5 de xaneiro de 2014 ás 14:07 (UTC)[responder]
E por que non facemos unha malla entre todos para a semana que ven? Esta é unha enciclopedia libre e todos colaboramos no que máis nos interesa, pero ó mesmo tempo penso que a maioría tamén está interesado en que a Galipedia teña a maior calidade posible. E ter tantos artigos con problemas non é un bo indicador de calidade. Pero podemos amañar isto entre todos, ou reducilo de forma moi significativa, de forma sinxela e rápida se todos nos adicamos durante un pouco de tempo a esta tarefa. Se estades dacordo pode poñerse un aviso na cabeceira dos artigos para que se enteren todos os usuarios e lectores. O mesmo se podería facer dende nas redes sociais, é dicir poñer un aviso en tuiter e facebook para que a xente se achegue á Galipedia esa semana e axude a amañar eses artigos.
Propoño que a semana que ven sexa a malla de artigos en atención da Galipedia dende o luns 13 ó domingo 19. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xaneiro de 2014 ás 02:11 (UTC)[responder]
Fixen, para explidar un pouco esta proposta e para que se organice un chisco, a páxina Primeira malla de artigos da Galipedia. Na páxina propoño retrasar a data da tarefa para a terceira semana de xaneiro para ter tempo nesta semana e na que ven de avisar á xente, e darlle publicidade á proposta para que colabore toda a xente posible, tanto xente de dentro como de fóra da Galipedia.
Como propoño a tarefa para a terceira semana de xaneiro temos tempo a comentar os detalles que vos parezan antes de darlle máis publicidade, así que, se a proposta non vos parece correcta ou vedes que hai cousas que mellorar ou comentar pois temos tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 01:47 (UTC)[responder]
Se vos parece ben propoño anunciar na cabeceira dos artigos esta tarefa para que todos os usuarios poidan enterarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 01:37 (UTC)[responder]

Xa está feito o do aviso nos artigos, agora os que poidan que anuncien o evento no Facebuk e Tuiter. Outra cousa: para organizarnos e non chafarnos o traballo uns a outros temos que organizarnos un pouco. A forma máis sinxela é que cada usuario que decida amañar un artigo o primeiro que faga é poñerlle o Modelo:Enuso e grabar ese cambio, así o resto de xente xa saberá que ese artigo xa está collido e liscará para outro sitio :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 19:38 (UTC)[responder]

O luns deixarei o aviso nas redes sociais, pois; se o poño agora, a xente esquéceo, e non é cuestión de abusar e poñelo demasiadas veces, porque os posts adoitan ser como moito un por día. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2014 ás 20:39 (UTC)[responder]
Oki, o que ti vexas que eu diso non entendo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 22:50 (UTC)[responder]

Boas, fixen unha táboa na páxina da "malla" co número de artigos que hai na categoría para ver como vai o choio, a ver se queda bonita! :)

Outra cousa, penso que sería moi recomendable que os usuarios máis avanzados concentremos o noso traballo en amañar os artigos máis complexos e longos, así deixaremos o traballo máis sinxelo para os usuarios máis novos. Con isto repartiremos o traballo ás capacidades de cada un e poderemos avanzar un pouco máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 12:07 (UTC)[responder]

Saleu a nova en Praza Pública. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 21:34 (UTC)[responder]
Xa rematou a malla e o resultado foi o seguinte:
Nunha semana baixou o número de artigos con problemas nuns 100 artigos! Parabéns a todos polo traballo! E agora que xa estamos todos familiarizados con este traballo..., non nos esquezamos del, rematou a malla pero non se remataron os artigos con "Atención" ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 00:53 (UTC)[responder]

Axuda cuns modelos

Boas!! Nas páxinas Dalai Lama e Tenzin Gyatso hai varios modelos para poñer caracteres chineses e tibetanos que non sei se temos. Alguén me pode dicir se os temos ou os pode traer da wiki en inglés? Graciñas!!! Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 23:36 (UTC)[responder]

Perdoa, esquecérame disto, xa me poño eu a revisalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 23:50 (UTC)[responder]
Non te preocupes Elisardojm!! Co artigo de Tenzin Gyatso apareceu algún modelo máis, así que case mellor que te esqueceras ;) Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:38 (UTC)[responder]

Ah! Xa vin que está arranxado!! Graciñas!! Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:54 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, faltaban uns detalles e agora xa están. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 11:06 (UTC)[responder]

Galilibros

Ola a todos. Teño a seguridade case plena de que este fío non debería aparecer na Galipedia, pero en Galilibros non hai ninguén. Non hai administradores nin moita presenza de usuarios.

Canseime de Commons. Creo que xa hai suficiente presenza de imaxes de calidade de Galiza e ese labor, inda que poida volver propor algunha dentro de uns meses, un ano ou varios anos, deixou de ser prioritario para min. Pretendo agora impulsar Galilibros. Comecei a crear un novo libro e teño en perspectiva para o proximo curso académico que os alumnos creen libros en colaboración con outros profesores. Teño en perspectiva traballar nese proxecto un par de anos.

Necesito un administrador con presenza, ou ó cal poder recorrer. Outra posibilidade sería que existise a alternativa -non sei se existe- de permitirme, sen ser administrador, editar en páxinas protexidas como a da portada. Non podo incorporar o curso que estou facendo á listaxe da portada. Solicitar eu ser administrador paréceme un pouco forte, inda que estaría disposto a pesar de que fose temporalmente, con data de caducidade, ou unha situación revisable.

¿Alguén sabe a quen podo recorrer para que o que faga sexa produtivo ou visible?

Outro problema, problema menor porque existe Commons
En Galilibros non hai a licenza Cc-by-sa-3.0. Eu podo crear a licenza, pero non sei incorporala para que apareza no menú de licenzas da páxina de carga de imaxes.

Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 12:20 (UTC)[responder]

Pero para editar a portada de Galilibros hai que ser administrador alí, non vale con ser admin aquí. Penso que é boa idea que sexas ti administrador alí. --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 12:33 (UTC)[responder]
Grazas. Sei que os proxectos son independentes, pero son dúas partes do mesmo e eu, se a solución é ser administrador, non debo aceptar se aquí non teño apoio, penso eu. Sexa como sexa, non sei como ser administrador: Quen me nomea?-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 13:15 (UTC)[responder]
De ser o caso, asumiría o labor de administración en todos os sentidos, pero precisaría do apoio dos usuarios e administradores da Galipedia, diso non teño dúbida. Por outra banda e por mor diso, creo que o primeiro quecomo administrador debería facer -se fose administrador non electo-, sería poñer o meu cargo a disposición dos administradores da Galipedia, creando os procedementos adecuados para a destitución-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)[responder]
Os proxectos son independentes, pero amigos. Trátase de recuperarmos algo que tamén é noso pero cunha certa perspectiva de futuro-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
Noutras palabras, creo que os administradores non electos de proxectos wikimedia paralelos á Galipedia deben poder ser reprobados e mesmo destituídos polos administradores do proxecto maior, a Galipedia. Cando menos polo que respecta a Galilibros. Sería, temporalmente, algo así como un proxecto satélite -- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 13:28 (UTC)[responder]

Parece que sigo estando fóra dos tempos da Galipedia pois como é habitual non teño resposta nin axuda. Nun par de días procedo a buscar a vida noutro lado. Quede claro que eu pretendín que o meu futuro posible protagonismo dependese doutros. Aínda outros poden ser protagonistas e non eu: Outros poden contactar con quen hai que contactar e ser administradores. Con todo, seguirei propondo, se son administrador algún día, a ligazón entre proxectos-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 22:56 (UTC)[responder]

Conseguireino ou non (todo, algo ou nada), pero espero non ser maltratado por falta de transparencia-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 23:05 (UTC)[responder]
Iso si, hai un administrador da Galipedia co cal nunca colaboraría. Se el fose administrador en Galilibros, buscaría a vida noutra parte sen dicir nada: O problema é meu, tamén del inda que se agache. Dígoo por maior transparencia, pero non debo dicir nomes. Espero que me deixe facer e non sexa obstáculo pois non me meto con el-- Lmbuga / Conversa comigo  25 de marzo de 2014 ás 23:19 (UTC)[responder]
Lmbuga, preguntarei por aí a ver como se pode solucionar isto e xa vos contarei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 00:58 (UTC)[responder]

Superheroes en acción

Boas! Vin que na galega temos o programa Superheroes en acción. Alguén podería facer unha pequena listiña dos nomes que empregan para as personaxes, para así poder dar nome aos artigos sobre estes? Quero dicir, unha lista simple: Capitán América, Iron Man, etc., os que salgan. Eu non vivo xa en Galicia, polo que o acceso á TVG non é doado... alguén se anima? --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 07:11 (UTC)[responder]

sobre a entrada de Miguel-Anxo Murado

Boa noite. Necesito que alguén me revise a entrada na que estiven traballando. Fixen algunhas cousas raras que non entendín moi ben e agora non sei como solucionalas: teño caracteres soltos que non son capaz de borrar e puntos de parágrafo que non son capaz de poñer e sacar. Seguro que é unha chorrada, pero non son quen de amañalo. --Monicabaleiron (conversa) 12 de abril de 2014 ás 00:43 (UTC)[responder]

Revisei o artigo e non vexo os caracteres soltos, podes indicar o parágrafo onde están? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2014 ás 08:08 (UTC)[responder]

Axuda con deportes

Boas! Temos algún modelo como este para incluír no artigo do Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014? Graciñas!!! Piquito (conversa) 13 de abril de 2014 ás 01:46 (UTC)[responder]

Temos Modelo:Copa de 16 que se usa en Mundial_de_Fútbol_Suráfrica_2010#Segunda_fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:40 (UTC)[responder]
Si Elisardojm, coñezo ese modelo, pero ese non é o formato da competición que digo eu. Nos XXOO de 2014 o torneo feminino de hóckey sobre xeo empregou un formato no que dous equipos se clasificaron directamente para semifinais e catro xogaron os cuartos. Coñezo o Modelo:Fase final a 6, mais no caso que digo eu é con terceiro (Fase final a 6 con terceiro), refírome a se temos ese modelo. Grazas, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:48 (UTC)[responder]
Pensaba que se podería adaptar, eu como vin que tiña caixiñas... O:) Non atopei un que sexa igual que o de en.wiki, pero penso que se poderá facer un novo baseándose no Modelo:Fase final a 6 que puxeches ti, se non se pon ninguén antes tentarei facelo á volta das vacacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 08:45 (UTC)[responder]

Ficha de emisora de radio

Onte creei o modelo, mais tiven que poñerlle o marcador de lixo ao non funcionar ben. Se alguén puidera axudarme e facelo? --Gobraves (conversa) 20 de abril de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]

Eu intentei arranxalo pero nos modelos non teño moita experiencia e non sei o que está errado, esperemos que haxa alguén con máis coñecementos.--Sernostri (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:32 (UTC)[responder]
Vou deixar un aviso no Wikiproxecto modelos a ver se alguén com máis experiencia pode facelo. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:43 (UTC)[responder]
Feito! Feito!. Ademáis fixen unha redirección desde Modelo:Radio. Pontevedra78 conversa 20 de abril de 2014 ás 16:39 (UTC)[responder]

Recordade que podedes empregar Conversa Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Peticións, e na conversa xeral do WP tamén falamos deles, para tentar centralizar o traballo. Pontevedra78 conversa 20 de abril de 2014 ás 16:41 (UTC)[responder]

Galipedia Ribas de Sil Correción de erro.

Na Galipedia, páxina de Ribas de Sil, na seción de historia deste concello, no apartado II República e Guerra Civil, falando da guerrilla antifranquista dise ao remate do parágrafo: "O último fuxido da zona, Leopoldo Rodríguez, aguantou até o 14 de agosto de 1950". Isto supón tersiverxar a realidade e o afirmado na bibliografía que se cita. Leopoldo Rodríguez non foi un fuxido; foi un cacique de dereitas antes, durante e despois da Guerra Civil que morreu asasinado pola brigadilla, da cal era amigo, nun escuro episodio de "guerra sucia".

P.D. Ignoro como facer a correción. Manuel Cao Rodríguez —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.37.149.49 (conversacontribucións) 22 de abril de 2014 ás 00:06

Feito! Feito!. Tes toda a razón, trátase dun erro, e xa está corrixido. Grazas polo aviso. --Xas (conversa) 23 de abril de 2014 ás 14:49 (UTC)[responder]

Renomear imaxe

Podo renomear unha imaxe sen ter que subila de novo ou borrala? Ten que facelo un administrador? De ser así, poderiades modificar a miña última imaxe como O Hedreiro, O Couto.--PepedoCouto (dimo aquí) 29 de abril de 2014 ás 14:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, Usuario:PepedoCouto --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de abril de 2014 ás 17:06 (UTC)[responder]