Telewizja Polska: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 120: Liña 120:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://tvp.pl Sitio web oficial]
* [http://tvp.pl Sitio web oficial]

{{Canles de televisión nacionais de Europa}}


[[Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión]]
[[Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión]]

Revisión como estaba o 29 de abril de 2014 ás 15:58

Telewizja Polska Spółka Akcyjna
Inicio das emisións 1952
País Polonia Polonia
Lingua polaco
Sede central Polonia Varsovia

Na rede
http://www.tvp.pl/
Facebook: BadzmyRazem.TVP Twitter: tvp Instagram: badzmyrazem.tvp Youtube: UC03sVDw-tRhwDuQACRFBpGw Editar o valor em Wikidata

Telewizja Polska Spółka Akcyjna é a empresa de televisión pública de Polonia. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.

Historia

Sede central de TVP en Varsovia.
TVP1 HD

A orixe da televisión polaca remóntase a 1935, cando o Państwowy Instytut Telekomunikacji (PIT) (Instituto de Telecomunicacións do Estado) comeza a traballar xunto con Polskie Radio no establecemento do servizo de televisión, que comezou a emitir sinais en probas en 1937. Con todo, todo isto viuse paralizado coa Invasión de Polonia en 1939 e a destrución de todo o material por parte da Alemaña Nazi.

En 1947 o PIT reinicia a construción da infraestrutura para o sinal televisivo, e en 1951 vólvense a transmitir sinais de televisión. Telewizja Polska nacería de forma oficial en 1952, co inicio das emisións regulares o 25 de outubro desde Varsovia. Máis tarde xurdirían outras canles de TVP cun carácter rexional, como Telewizja Katowice. O 2 de outubro de 1970 nace a segunda canle da televisión polaca (TVP2) e para 1971 comezan a emitir programación en cor, en tecnoloxía SECAM. Nesta época Telewizja Polska era membro da rede de Intervisión.

Coa chegada da democracia a Polonia prodúcense varios cambios. O máis importante de todos eles é a separación de funcións entre a radio e a televisión, cambiando os seus estatutos e separando os organismos. O 29 de decembro de 1992 constitúese a Telewizja Polska Spółka Akcyjna, pola que TVP pasaba a ser unha sociedade anónima, e 2 días despois (Ano novo de 1993) prodúcese o seu ingreso na UER. Tamén se puxo en marcha unha canle internacional e produciuse o cambio de denominación nas canles rexionais de TVP, que pasaron a ter unha denominación común, TVP3.

Nos últimos anos a oferta de canles de TVP estendeuse, pasando a ter varias canles temáticos dedicados á cultura, deporte e historia. En 6 de outubro de 2007 en 0.13 produciuse un cambio na súa canle rexional TVP3, que pasou a denominarse TVP Info.

Canles

Promoción de TVP nas rúas de Varsovia.
  • TVP1: Primeira canle de televisión de Polonia, e principal canle do seu país. Ten unha oferta de contidos xerais enfocada para toda a familia, emite series, cine, programas infantís e programas de información e servizo.
  • TVP2: Segunda canle de televisión, que emite unha programación máis cultural e informativa aínda que actualmente se enfoca ao entretenimiento, con concursos e series americanas.
  • TVP Info: Terceira canle, anteriormente coñecido como TVP3, e que aglutina todas as cadeas rexionais de TVP. Ademais funciona como canle de información continua. Está formado polas seguintes emisoras:

Ademais TVP posúe desde 1992 unha canle internacional dedicado á diáspora polaca, chamado TVP Polonia, e outro para o público de Bielorrusia que pode sintonizarse a través de satélite, Belsat TV.

Especializados

Ademais de TVP Info, existen as seguintes canles que se ven a través da televisión por cable e o satélite:

  • TVP ABC: Canle infantil.
  • TVP Kultura: Canle dedicada á cultura.
  • TVP Sport: Canle dedicada a deportes (Director: Robert Korzeniowski).
  • TVP Historia: Canle dedicada a documentales e historia.
  • TVP Seriale: Especializado en series e produción propia.
  • TVP Rozrywka: Lanzado en 2013.
  • TVP HD: Canle en alta definición.

Audiencias en 2013[1]

Cadea % total
TVP1 13.17
TVP2 10.30
TVP Info 2.61
TVP Seriale 1.14
TVP Polonia 0.68
TVP Rozrywka 0.48
TVP Historia 0.45
TVP Kultura 0.41
TVP HD 0.37
TVP Regionalna 0.36
TVP Sport 0.29
Total 30.26

Financiamento

TVP nútrese económicamente a través dun imposto fixado polo Goberno de Polonia que cobre aproximadamente un terzo do orzamento. O resto do financiamento prodúcese a través da publicidade e patrocinio comercial de programas e eventos.

Notas

  1. "TVP1, TVN, Polsat i TVP2 mocno w dół w 2013 r. (top 122)". wirtualnemedia.pl. 02 January 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas