Peregrinación: Diferenzas entre revisións
Liña 23: | Liña 23: | ||
* [[Xerusalén]] e [[Terra Santa]] |
* [[Xerusalén]] e [[Terra Santa]] |
||
* [[Vaticano|O Vaticano]] ([[Roma]], [[Italia]]) |
* [[Vaticano|O Vaticano]] ([[Roma]], [[Italia]]) |
||
* [[Santiago de Compostela]] ([[Galiza]]), moi posibelemente baseada en peregrinacións pagás precristiás a [[Cabo Fisterra|Fisterra]]. Na área de Fisterra ([[Monte Pindo]], [[Cabo Fisterra|Monte Facho]]...) hai restos de lugares relixiosos onde fora o "Ara Soli", onde os [[ |
* [[Santiago de Compostela]] ([[Galiza]]), moi posibelemente baseada en peregrinacións pagás precristiás a [[Cabo Fisterra|Fisterra]]. Na área de Fisterra ([[Monte Pindo]], [[Cabo Fisterra|Monte Facho]]...) hai restos de lugares relixiosos onde fora o "Ara Soli", onde os [[Celta (cultura)|celtas]] adoraban o sol entre outros rituais. |
||
En Galiza son importantes, ademais de Compostela, outros lugares de peregrinación, entre os que salienta: o [[santuario de Santo André de Teixido]], así coma outros lugares onde se celebran [[ramaría]]s ancestrais, moitas veces provenientes de ritos e lugares de peregruinación pagáns (véxase o artigo [[Romaría]]). |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
* [[Nosa Señora da Saleta|Santuario da Saleta]] (La Salette) ([[Francia]]) |
* [[Nosa Señora da Saleta|Santuario da Saleta]] (La Salette) ([[Francia]]) |
||
* [[Santuario de Lourdes]] ([[Francia]]) |
* [[Santuario de Lourdes]] ([[Francia]]) |
Revisión como estaba o 28 de abril de 2014 ás 15:06
Unha peregrinación é unha viaxe feita por devoción ou promesa[1] normalmente a un santuario ou lugar sagrado con importantes connotaciones relixiosas. É, tamén, unha viaxe efectuada por un crente (ou grupo de crentes) deica un lugar de devoción ou un lugar considerado como sagrado segundo cadansúa relixión.
O termo peregrinación provén do latín peregrinatio e significa viaxe ao estranxeiro ou estanda no estranxeiro. Segundo as orixes etimolóxicas, o peregrino é o expatriado ou exiliado. O desprazamento, xeralmente a pé, de homes e mulleres cara lugares sagrados é unha práctica común de todas as relixións e culturas, un fenómeno universal da antropoloxía relixiosa. En galego tamén se emprega a palabra romaría, aínda que se sóese referir a festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao mesmo tempo, divírtese[2].
É de sona mundial a peregrinación, o hajj, dos fieis musulmáns á Meca, a peregrinación dos fieis católicos a Santiago de Compostela, ou a Shalosh Regalim, a dos observantes xudeus a Xerusalén, durante as tres festividades de Pésaj, Shavuot e Sucot. A peregrinación pódese realizar por mera profesión de fe ou coma método para expiar algún pecado segundo a relixión practicada, e incluso coma agradecemento por peticiones concedidas á figura relixiosa pertinente.
Tamén é peregrinación visitar unha capela ou lugar que custodie reliquias sagradas. A Biblia fala do peregrinar no Salmo 122 (121):
Que ledicia cando me dixeron:Imos á casa do Señor.
Xa están a pisar os nosos pés
Os teus limiares, Xerusalén.
A última visita de Xesús a Xerusalén, sendo observante da lei xudía, foi coma peregrino durante a festa de Pésaj.
Cristianismo
As máis antigas descricións de peregrinacións cristiás e de peregrinaxe a Terra Santa remóntanse ao século IV.
Os tres principais lugares de peregrinación cristiá son:
- Xerusalén e Terra Santa
- O Vaticano (Roma, Italia)
- Santiago de Compostela (Galiza), moi posibelemente baseada en peregrinacións pagás precristiás a Fisterra. Na área de Fisterra (Monte Pindo, Monte Facho...) hai restos de lugares relixiosos onde fora o "Ara Soli", onde os celtas adoraban o sol entre outros rituais.
En Galiza son importantes, ademais de Compostela, outros lugares de peregrinación, entre os que salienta: o santuario de Santo André de Teixido, así coma outros lugares onde se celebran ramarías ancestrais, moitas veces provenientes de ritos e lugares de peregruinación pagáns (véxase o artigo Romaría).
Entre outros lugares importantes de peregrinación cristiá atópanse:
- Santuario da Saleta (La Salette) (Francia)
- Santuario de Lourdes (Francia)
- Santuario de Fátima (Portugal)
- Santuario de Medjugorje (Bosnia e Herzegovina)
- Santuario de Paray-le-Monial (Francia)
- Santuario da Divina Misericordia de Cracovia (Polonia)
- Castelo de Xavier (Navarra, España)
- Santuario do Padre Pío de Pietrelcina (San Giovanni Rotondo, Italia)
- Basílica de Santa Tareixiña de Lisieux (Francia)
- Santuario do Sagrado Corazón de Xesús (Ermesinde, Portugal)
- Santuario da Beata Alexandrina de Balazar (Balazar, Portugal)
- Santuario de Pontmain (Francia)
- Santuario de Pellevoisin (Francia)
- Santuario de Chandavila (La Codosera, Estremadura, España)
- Santuario de Onuva (La Puebla del Río, España)
- Casa da Virxe de Umbe (Lauquíniz, España)
- Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, (Cantabria, España)
- San Sebastián de Garabandal, (Cantabria, España)
- Basílica de Nosa Señora de Guadalupe (México)
- Basílica da Nosa Señora do Pilar, (Zaragoza, España)
- Basílica da Vera Cruz (Caravaca, España)
- Cruz de Bartolo, (Castellón, España)
- Santuario de Cristo Rei (Portugal)
- Catedral de Canterbury (Inglaterra)
- Mosteiro de Montserrat (Cataluña)
- Ermida da Virxe de El Rocío (Andalucía, España)
- Catedral de Chartres (Francia)
- Abadía de Sainte-Foy de Conques (Francia)
- Santuario da Virxe de Częstochowa (Polonia)
- Basílica de San Francisco de Asís (Italia)
- Trzebnica (Polonia)
- Basílica de Vierzehnheiligen (Alemaña)
- Trondheim (Nidaros) (Noruega)
- Wies (Alemania)
- Hoher Peissenberg (Alemaña)
- Wambierzyce (Polonia)
- Bari (Italia)
- Saintes-Marie-de-la-Mer (no distrito de Arlés, Francia)
- Basílica da Virxe de Caacupé (Paraguai)
- Aušros vartai (Lituania)
- Kryžių kalnas (Samogitia, Lituania)
- Žemaičių Kalvarija, (Samogitia, Lituania)
- Basílica de Nosa Señora de Luján, (Luján, Arxentina)
- Chiquinquirá, (Boyacá), (Colombia)
- Basílica de Nosa Señora dos Anxos (Cartago, Costa Rica)
- Basílica do Señor de Esquipulas (Chiquimula, Guatemala).
- Schoenstatt, Colonia (Alemaña)
- Santo Cristo da Grita (Táchira, Venezuela)
- Basílica Menor do Señor dos Milagres (Antioquia, Colombia)
Islamismo
- Hajj
A peregrinación á Meca —o Hajj— é un dos cinco piares do Islam. Cómpre realizala polo menos unha vez na vida de todos os musulmáss aptos. Ademais da Meca, a maioría dos xiítas emprenden unha peregrinación á cidade santa de Mashhad, ao noreste de Irán. O hajj é unha viaxe interior ao Kab'ah do corazón e a alma.
- Ziyarat
As tradicións de peregrinacións locais -aquelas emprendidas como visitas ziyarat a tumbas achegadas- atópanse estendidas por todos os países musulmáns. Nalgúns deles, as tumbas de santos e heroes teñen fortes tradicións ziyarat, xa que visitar tumbas en momentos axeitados é unha demostración de identidade social e nacional.
Algunas tradicións islamistas amosan actitudes negativas ao costume de visitar tumbas.
Hinduísmo
Existen moitos lugares santos de grande importancia para os hinduístas. Cítanse algúns deles:
- O Chardham Yatra, a peregrinación aos mananciais do Ganxes e aos seus afluentes deu importancia a estes lugares:
- As cidades de Kumbhamela onde os peregrinos reciben unha gota de amrita (néctar dos deuses) cando se produce o batido do océano de leite:
- Nasik (Maharashtra)
- Uyyain (Madhya Pradesh)
- Allahabad, chamada tamén Prayâga neste caso (Uttar Pradesh) (2001)
- Jaridwar (Uttar Pradesh)
Os hinduístas cren que acudir a estes lugares conduce á moksha, a liberación do ciclo do renacemento, o samsara.
Bahaísmo
Bahá'u'lláh, no sagrado libro Kitáb-i-Aqdas, recomendou a peregrinación (hajj) a dous lugares: a Casa de Baha’u’llah, en Bagdad (Iraq) e a Casa do Báb en Shiraz (Irán). Nestas dúas etapas separadas, coñecidas co nome de Suriy-i-Hajj, Bahá’u’lláh prescribiu uns ritos específicos para cada unha delas. A peregrinación é de obriga para os homes que están capacitados para realizala, mais os crentes teñen a liberdade de elixir entre os dous lugares. A peregrinación non é de obriga para as mulleres, mais tampouco lles está prohibida. Actualmente estes dous lugares de peregrinación son inaccesíbeis para os bahá’is.
Máis tarde, Abdu'l-Baha designou a tumba de Bahá’u’llah en Bahji a Alquibla como un lugar de peregrinación (ziyarat) adicional. Ningún rito específico recomendouse para este lugar.
América Central
O concepto da peregrinación xa se coñecía na época precolombina. Os lugares máis importantes de peregrinación son:
Teotihuacán (visitado incluso séculos despois de que os seus edificios foran ruínas), elixido por ser o lugar onde se achaban todos os deuses xuntos para protexer a creación da humanidad.
Chichén Itzá, o cenote sagrado, un pozo natural consagrado ao deus maia Chac (deus da choiva) e lugar de sacrificios.
Izamal consagrado ao deus creador Itzamná.
Cozumel, consagrado a Ixchel, deusa da lúa e da xestación.
Galería de imaxes
-
Peregrinos nunha das vidrieiras da catedral de Canterbury.
-
Campamento persiano de peregrinos deica A Meca (1900).
-
Peregrinos xacobeos, gravado alemán de de 1568.
Notas
- ↑ Definición en Portal das Palabras a partir de Peregrinar - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=peregrinar&sinom=0&homonimo=
- ↑ Definición en Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=romar%C3%ADa&sinom=0&homonimo=
Véaxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peregrinación |
Outros artigos
- Peregrinación a Santiago de Compostela
- A Meca
- As tres peregrinacións dos xudeus a Xerusalén
- Peregrino
- Romaría