Canto gregoriano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Gregorianischer Choral" é un artigo bo; cambios estética
Liña 11: Liña 11:


[[Categoría:Xéneros musicais]]
[[Categoría:Xéneros musicais]]
[[Categoría:Catolicismo]]
[[Categoría:Liturxia católica]]


{{Link FA|en}}
{{Link FA|en}}

Revisión como estaba o 28 de abril de 2014 ás 15:04

Gregorio I: Antifonario de Sanct Gallen

O canto gregoriano é un tipo de música vocal monódica, sen instrumentos, para ser cantada durante a celebración da liturxia na Igrexa Católica.

Historia e características

Formouse a partir de estilos moi heteroxéneos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria, durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano. A primeira compilación procede do papa Gregorio Magno, do cal lle vén o nome, aínda que a historiografía moderna puxo en dúbida esta orixe, atrasándoa ata a época carolinxia, e considerando este canto unha síntese entre o canto romano e o canto gálico.

A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa. ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais; a música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto, e sobria para non desmerecer a súa función.

O canto gregoriano nunca poderá ser entendido sen o texto, que ten primacía sobre a melodía e é quen lle dá sentido. Por iso, ao interpretalo, os cantores deben ter ben comprendido o sentido do texto, sempre evitando calquera impostación de voz que supoña o destaque do intérprete.

Unha gran parte da liturxia podía ser cantada, e iso imposibilitaba que puidese ser memorizada, polo que a Igrexa procurou rexistrar o repertorio de cantos por escrito, para o que houbo de perfeccionar os sistemas de notación musical coñecidos ata o de entón. Ata o século XI non se regularizou a notación sobre unha pauta de varias liñas e o uso da clave.

Modelo:Link FA Modelo:Link GA