Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Comezou a súa actividade teatral no grupo [[Ditea]] en [[1961]], baixo a dirección de [[Agustín Magán]], e fundou o grupo de teatro ''Obradoiro''. Tamén foi animador do equipo de cine ''Reina Lupa'' ([[1972]]), co que realizou varios curtos e documentais (''Cuatro por Cuatro'', ''Mesturanza'', ''Holocausto'',...).
Comezou a súa actividade teatral no grupo [[Ditea]] en [[1961]], baixo a dirección de [[Agustín Magán]], e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa ([[1972]]), co que realizou varias curtametraxes e documentais (''Cuatro por Cuatro'', ''Mesturanza'', ''Holocausto'',...).


En [[1973]] gañou con ''Zardigot'' o Premio Abrente de teatro, e en [[1975]] volveu a conseguir o mesmo galardón con ''O Cabodano''. De [[1973]] é a súa obra de teatro infantil ''O roubo do aparello'', coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa ''A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida''. En [[1976]] publica as obras ''O cabodano'', ''Cousas da morte'' e ''A sombra do bon cabaleiro'' nun único volume. Mais entre [[1977]] e [[1987]], por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Voltaría a facelo en [[1988]], mais só teatro infantil ata [[1989]], data en que publica ''Azos de esguello'' (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De [[1990]] data a súa obra ''Unha macana de dote''. En [[2003]] publicou o ensaio ''Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego''
En [[1973]] gañou con ''Zardigot'' o Premio Abrente de teatro, e en [[1975]] volveu a conseguir o mesmo galardón con ''O Cabodano''. De [[1973]] é a súa obra de teatro infantil ''O roubo do aparello'', coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa ''A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida''. En [[1976]] publica as obras ''O cabodano'', ''Cousas da morte'' e ''A sombra do bon cabaleiro'' nun único volume. Mais entre [[1977]] e [[1987]], por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Voltaría a facelo en [[1988]], mais só teatro infantil ata [[1989]], data en que publica ''Azos de esguello'' (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De [[1990]] data a súa obra ''Unha macana de dote''. En [[2003]] publicou o ensaio ''Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego''

Revisión como estaba o 28 de abril de 2014 ás 08:15


Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Traxectoria

Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Cuatro por Cuatro, Mesturanza, Holocausto,...).

En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Voltaría a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, sendo o actual Arquiveiro-bibliotecario da institución. Actualmente, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos Agrelo
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Margarita Ledo Andión

Obra

Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (e usamos esta terminoloxía seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Teatro

E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia.
  • Zardigot (1973, publicada en 1974, Galaxia).
  • O roubo do aparello (1973, traducida ao catalán por Jordi Coca co título de Un Invent Extraordinari).
  • O cabodano (1975, publicada en 1976, Pico Sacro).
  • A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruschetino no derradeiro século da súa vida (1975, Pico Sacro).
  • As falcatrúas do Marqués Patacón (versión libre do anónimo medieval Le Fairce de Mêtre Pathélen).
  • O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro (1977, Pico Sacro).
  • Azos de esguello (1990, Xerais).
  • Brinquemos ó teatro (1990, Xunta de Galicia). Traducido ao castelán no 1999 en Ediciones de la Torre como Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales.
  • Unha macana de dote (1990, Sotelo Blanco).
  • Teatro mínimo (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • O Son da buguina (1999, Tris Tram).
  • Minimalia. 20 pezas de teatro breve (2004 Universidade da Coruña).
  • Namberguán: guión de cinema (2008, Laiovento).
  • Labirinto da memoria: friso contemporáneo (2010, Toxosoutos).

Narrativa

  • De corpo enteiro (1994, Xerais).
  • A fonte de Ana Manana (1994, Castromil).
  • Casarriba (2000, Espiral Maior).

Literatura infanto-xuvenil

  • Teatro infantil (1988, Edicións do Castro).
  • A fantástica viaxe de Sabela (1992, Xerais).
  • Teatro infantil e xuvenil (1992, Editorial Compostela).

Ensaio

  • Compostela na historia (2000, A Nosa Terra).
  • Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior).
  • Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega).
  • Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram).
  • Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).

Poesía

  • Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).

Obras colectivas

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.

Premios

  • Premio Abrente de teatro en 1973, por Zardigot.
  • Premio Abrente de teatro en 1975, por O cabodano.
  • Gañador da primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho no 1974, por O roubo do espello.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Azos de esguello.
  • Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra no 2005, por Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal. Anxo Abuín. 2001. Editorial Tris Tram.