Marilyn Monroe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3247736 de CommonsDelinker (conversa) +imaxe
Liña 480: Liña 480:
[[Categoría:Actores dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
[[Categoría:Nados en Los Angeles, California]]
[[Categoría:Nados nos Ánxeles]]
[[Categoría:Nados en 1926]]
[[Categoría:Nados en 1926]]
[[Categoría:Finados en 1962]]
[[Categoría:Finados en 1962]]

Revisión como estaba o 26 de abril de 2014 ás 16:47

Marilyn Monroe
Marilyn Monroe na película Gentlemen Prefer Blondes.
Nome completoNorma Jeane Mortensen
Alcume/outrosNorma Jeane Baker
Norma Jeane Dougherty
Norma Jeane DiMaggio
Marilyn Monroe Miller
Nacemento1 de xuño de 1926
LugarOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento5 de agosto de 1962
LugarOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causasobredose de barbitúricos
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónjudaísmo ateístico e cristianismo
Educada enUniversity High School, Universidade de California, Os Ánxeles, Van Nuys High School e Actors Studio
PaiCharles Stanley Gifford
NaiGladys Pearl Baker
Cónxuxe(s)James Dougherty (1942–1946) (divorciada)
Joe DiMaggio (1954–1954) (divorciada)
Arthur Miller (1956–1961) (divorciada)
ProfesiónActriz, modelo, cantante
Na rede
http://www.marilynmonroe.com
IMDB: nm0000054 Allocine: 1201 Rottentomatoes: celebrity/marilyn_monroe Allmovie: vn6781020 106569 Metacritic: person/marilyn-monroe TV.com: people/marilyn-monroe-1
Souncloud: marilyn-monroe-official Spotify: 5sEocv1pFst7o3pam69obY iTunes: 70631305 Last fm: Marilyn+Monroe Musicbrainz: 6e60deeb-a666-42c5-95cb-a5eada6bbbe5 Discogs: 135189 Allmusic: mn0000266916 WikiTree: Mortensen-1099 Find a Grave: 725 Deezer: 613 Genius: Marilyn-monroe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sinatura de Marilyn Monroe.

Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosas películas durante os anos 50 e principios dos 60 chegando a ser unha das actrices máis famosas de Hollywood de todos os tempos.[3]

Comezou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas The Asphalt Jungle (A xungla do asfalto, 1950) e All About Eve (Todo sobre Eva, 1950). O seu recoñecemento mundial comezou a desenvolverse despois de que protagonizara o musical Gentlemen Prefer Blondes (Os cabaleiros prefírenas louras) (1953) e aparecese no número inaugural da revista Playboy.[4]

Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, desde entón comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[5]

Foi considerada como unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty (1942-1946), co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.

Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que barallou a xustiza estadounidense foi a de suicidio, pero esta nunca puido ser corroborada. [5]

O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela feminina de todos os tempos.

Traxectoria

Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.

A súa nai foi Gladys Pearl Baker (apelido de nacemento Monroe, 27 de maio de 1902 – 11 de marzo de 1984)[6], quen casou co noruego Edward Mortenson e, pouco logo de separarse, descubriu que estaba embarazada.[7] O 1 de xuño de 1926 naceu nos Ánxeles a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fora ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.[8][9] Gladys, que traballou como cortadora de negativos na productora de cine RKO Pictures,[9][7] non podía manter á súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes enn Hawthorne (California).[10] Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos seus mencionados problemas emocionais. Deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga Grace McKee.

Logo de actuar en pequenos papeis durante anos, foise facendo coñecida pola súa sensualidade e a súa misteriosa morte aos 36 anos, chegándose a converter nun mito erótico e nunha icona popular. Foi tamén unha cantante non particularmente dotada pero cun timbre vocal que fascinaba ao oínte; os seus éxitos están case todos inseridos no contexto dos seus filmes como My Heart Belongs To Daddy de Cole Porter.

Estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía

The Prince and the Showgirl, 1957.
Título Ano Protagonistas Co-actores Director Produtor Notas
Scudda Hoo! Scudda Hay! 1948 Betty June Haver e Natalie Wood Hugh Herbert 20th Century Fox Sen creditar
Ladies of the Chorus Peggy Martin Adele Jergens e Rand Brooks Phil Karlson Columbia Pictures Primeira aparición protagonista
Love Happy 1949 Cliente de Grunion Harpo Marx, Chico Marx e Groucho Marx David Miller United Artists
A Ticket to Tomahawk 1950 Clara Dan Dailey, Anne Baxter e Rory Calhoun Richard Sale 20th Century Fox Sen creditar
Right Cross Dusky Ledoux June Allyson e Dick Powell John Sturges Metro-Goldwyn-Mayer Sen creditar
The Fireball Polly Mickey Rooney e Pat O'Brien Tay Garnett 20th Century Fox Tamén coñecido como The Challenge
The Asphalt Jungle Angela Phinlay Sterling Hayden, Louis Calhern e Jean Hagen John Huston Metro-Goldwyn-Mayer
All About Eve Miss Claudia Caswell Bette Davis, Anne Baxter e George Sanders Joseph L. Mankiewicz 20th Century Fox
Home Town Story 1951 Iris Martin Jeffrey Lynn, Alan Hale, Jr. e Donald Crisp Arthur Pierson Metro-Goldwyn-Mayer
As Young as You Feel Hariett Monty Woolley, Thelma Ritter e Jean Peters Harmen Jones 20th Century Fox
Love Nest Roberta "Bobbie" Stevens June Haver, William Lundigan e Frank Fay Joseph M. Newman 20th Century Fox
Let's Make It Legal Joyce Mannering Claudette Colbert, Macdonald Carey e Barbara Bates Richard Sale 20th Century Fox
O. Henry's Full House 1952 Streetwalker Fred Allen, Anne Baxter e Richard Widmark Henry Koster 20th Century Fox Cameo
Monkey Business Lois Laurel Cary Grant, Ginger Rogers e Charles Coburn Howard Hawks 20th Century Fox
Clash by Night Peggy Barbara Stanwyck, Keith Andes e Paul Douglas Fritz Lang RKO Radio Pictures
We're Not Married! Anabel Norris Ginger Rogers, Fred Allen, Victor Moore, David Wayne e Zsa Zsa Gabor Edmund Goulding 20th Century Fox
Don't Bother to Knock Nell Forbes Richard Widmark e Anne Bancroft Roy Ward Baker 20th Century Fox
Niagara 1953 Rose Loomis Joseph Cotten e Jean Peters Henry Hathaway 20th Century Fox
Gentlemen Prefer Blondes Lorelei Lee Jane Russell, Charles Coburn e Elliot Reid Howard Hawks 20th Century Fox
How to Marry a Millionaire Pola Debevoise Betty Grable, Lauren Bacall e William Powell Jean Negulesco 20th Century Fox
River of No Return 1954 Kay Weston Robert Mitchum, Tommy Rettig e Rory Calhoun Otto Preminger 20th Century Fox
There's No Business Like Show Business Victoria "Vicky" Hoffman Ethel Merman, Dan Dailey, Donald O'Connor e Mitzi Gaynor Walter Lang 20th Century Fox
The Seven Year Itch 1955 A moza Tom Ewell e Evelyn Keyes Billy Wilder 20th Century Fox
Bus Stop 1956 Chérie Don Murray e Arthur O'Connell Joshua Logan 20th Century Fox Tamén coñecido como The Wrong Kind of Girl
The Prince and the Showgirl 1957 Elsie Marina Laurence Olivier Laurence Olivier Warner Brothers
Con saias e a rachar 1959 Sugar Kane Kowalczyk Tony Curtis e Jack Lemmon Billy Wilder Metro-Goldwyn-Mayer
Let's Make Love 1960 Amanda Dell Yves Montand, Frankie Vaughan e Tony Randall George Cukor 20th Century Fox
The Misfits 1961 Roslyn Taber Clark Gable, Eli Wallach e Montgomery Clift John Huston United Artists Última aparición cinematográfica
Marilyn 1963 Ela mesma 20th Century Fox Filme documental

Filmes sen rematar

Título Ano Personaxe Co-actores Director Produtor
Something's Got to Give 1962 Ellen Wagstaff Arden Dean Martin e Cyd Charisse George Cukor 20th Century Fox

Aparicións televisivas

Como convidada

Programa de televisión Ano Notas
The Jack Benny Program 1953 1 episodio
Person to Person 1955 Documental de televisión
Premier Khrushchev in the USA 1959 Documental de televisión
President Kennedy's Birthday Salute 1962 Telefilme
Lykke og krone 1962 Documental de televisión

Cancións

Ano Título do filme Título da canción Notas
1948 Ladies of the Chorus "Every Baby Needs a Da-Da-Daddy"
"Anyone Can See I Love You"
"Ladies of the Chorus"
1950 A Ticket to Tomahawk "Oh, What a Forward Young Man You Are"
1953 Niagara "Kiss"
1953 Gentlemen Prefer Blondes "Two Little Girls from Little Rock"
"When Love Goes Wrong"
"Bye Bye Baby"
"Diamonds Are a Girl's Best Friend"
"Four French Dances—Sur le balcon, La Tentateur, Sol taire, Parle d'affair"
"Down Boy"'
"When The Wild Wild Women Go Swimmin' Down in the Bimini Bay"
1953 "She Acts Like A Woman Should"
"You'd Be Surprised"
"A Fine Romance"
"Do It Again"
1954 River of No Return "I'm Gonna File My Claim"
"One Silver Dollar"
"Down in the Meadow"
"River of No Return"
1954 There's No Business Like Show Business "Heat Wave"
"Lazy"
"After You Get What You Want"
"A Man Chases a Girl"
1956 Bus Stop "That Old Black Magic"
1957 The Prince and the Showgirl "I Found a Dream"
1959 Con saias e a rachar "Runnin' Wild"
"I Wanna Be Loved By You"
"I'm Through With Love"
"Some Like It Hot"
1960 Let's Make Love "My Heart Belongs to Daddy"
"Specialization"
"Let's Make Love"
"Incurably Romantic"
1962 "Happy Birthday, Mr. President"

Notas

  1. O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.
  2. Páxina oficial de Marilyn Monroe
  3. Biografías e Vidas. "Biografía completa de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 10/02/2013. .
  4. Publispain. "Biografía de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 30/06/2013. 
  5. 5,0 5,1 Mis respuestas. "Quién fue Marilyn Monroe ?" (en castelán). Consultado o 17/08/2013. 
  6. Riese and Hitchens, p. 33.
  7. 7,0 7,1 Summers, p. 5
  8. Churchwell, pp. 150-151
  9. 9,0 9,1 Churchwell, p. 151
  10. Snickersnee Press. "'A Ghost Materialized - Ben Hecht Finally Credited on Marilyn Monroe's Memoir" (en inglés). Consultado o 30 de maio 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD