Inocencio I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 417 mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 11: Liña 11:
Enfrontouse firmemente a [[Pelaxio]] e ó [[pelaxianismo]], con tanta autoridade e decisión que [[Agostiño de Hipona]], ó sabelo, pronunciou a famosa frase ''Roma locuta, causa finita'' ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o [[Prisciliano|priscilianismo]].
Enfrontouse firmemente a [[Pelaxio]] e ó [[pelaxianismo]], con tanta autoridade e decisión que [[Agostiño de Hipona]], ó sabelo, pronunciou a famosa frase ''Roma locuta, causa finita'' ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o [[Prisciliano|priscilianismo]].


O 24 de agosto de 410 o rei [[visigodo]] [[Alarico I|Alarico]] conquistou e saqueou [[Roma]]. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en [[Ravenna]] negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
O 24 de agosto de 410 o rei [[visigodo]] [[Alarico I|Alarico]] conquistou e saqueou [[Roma]]. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en [[Rávena]] negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.


Morreu o [[12 de marzo]] de [[417]].
Morreu o [[12 de marzo]] de [[417]].

Revisión como estaba o 24 de abril de 2014 ás 12:49

Modelo:PapS-V

Inocencio I

Inocencio I, natural de Albano Laziale, foi o papa nº 40 da Igrexa Católica.

Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).

Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.

O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.

Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.

O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.

Morreu o 12 de marzo de 417.

Ligazóns externas