Eugenio Arbones Castellanzuelo: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Deputados galegos; engado a Categoría:Deputados de Galicia mediante HotCat |
m elimino a Categoría:Médicos galegos; engado a Categoría:Médicos de Galicia mediante HotCat |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]] |
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]] |
||
[[Categoría:Nados en Ponteareas]] |
[[Categoría:Nados en Ponteareas]] |
||
[[Categoría:Médicos |
[[Categoría:Médicos de Galicia]] |
Revisión como estaba o 22 de abril de 2014 ás 18:57
Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 14 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da Guerra Civil.
Traxectoria
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista. Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás eleccións de febreiro de 1936 non se presentou. Ó producirse o alzamento nacional que deu lugar á Guerra Civil, foi detido e asasinado.
Obras
- Problemas fundamentales de la gestación, 1929.
Véxase tamén
Bibliografía
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 127. ISBN 84-87379-47-8.