Xosé Luís Allué Andrade: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) remato edición |
m elimino a Categoría:Científicos galegos; engado a Categoría:Científicos de Galicia mediante HotCat |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
{{ORDENAR:Allue Andrade, Jose Luis}} |
{{ORDENAR:Allue Andrade, Jose Luis}} |
||
[[Categoría:Científicos |
[[Categoría:Científicos de Galicia]] |
||
[[Categoría:Escritores de Galicia]] |
[[Categoría:Escritores de Galicia]] |
||
[[Categoría:Escritores en lingua galega]] |
[[Categoría:Escritores en lingua galega]] |
Revisión como estaba o 20 de abril de 2014 ás 12:51
Xosé Luís Fernando Allué Andrade, nado en Monforte de Lemos en 1931, é un científico, profesor e investigador galego.
Traxectoria
Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.
Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.
Obra
Formulou tres modelos de análise fitoclimático e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudios biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan:
- Aflorestation in arid zones.
- Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions.
- Problemas y expectativas de la investigación piscícola, 1982.
- Atlas Fitoclimático de España, 1990.
En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.
Recoñecementos
- Cruz do Mérito Agrícola.
- Premio de Publicacións INIA.
- Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.