Palabra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado imaxe e arranxo ligazón a homónimos
m amplío tamaño da imaxe
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}
[[Ficheiro:Casa de las Palabras (A Coruña) (5440973129).jpg|miniatura|A [[Casa das Palabras]] na [[A Coruña|Coruña]].]]
[[Ficheiro:Casa de las Palabras (A Coruña) (5440973129).jpg|miniatura|250px|A [[Casa das Palabras]] na [[A Coruña|Coruña]].]]
Unha '''palabra''' é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa [[apóstrofo]] ou [[Guión (signo de puntuación)|guión]]), é dicir é a unidade formada por un ou varios [[fonema]]s, illable e dotada de [[significado]].
Unha '''palabra''' é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa [[apóstrofo]] ou [[Guión (signo de puntuación)|guión]]), é dicir é a unidade formada por un ou varios [[fonema]]s, illable e dotada de [[significado]].



Revisión como estaba o 16 de abril de 2014 ás 11:26

A Casa das Palabras na Coruña.

Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.

A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.

As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.

Segundo a clase de palabras á que correspondan

Segundo a súa acentuación

  • As palabras agudas son aquelas na que recae o acento na última sílaba. Por exemplo: canón.
  • As palabras graves son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: padiola.
  • As palabras esdrúxulas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: cóengo.

Segundo o seu número de sílabas

  • palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo: sol.
  • Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo: guión, fiel, baúl
  • Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo: muíño, saía, óeas, vídeo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas