Astor Piazzolla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Astor Piazzolla" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Astor Piazzolla.jpg|miniatura|dereita|Piazzola en 1971.]]
[[Ficheiro:Astor Piazzolla.jpg|miniatura|dereita|Piazzola en 1971.]]
'''Astor Pantaleón Piazzolla''', nado en [[Mar del Plata]] o [[11 de marzo]] de [[1921]] e finado en [[Bos Aires]] o [[4 de xullo]] de [[1992]], foi un [[bandoneón|bandoneonista]] e compositor [[Arxentina - Argentina|arxentino]].
'''Astor Pantaleón Piazzolla''', nado en [[Mar del Plata]] o [[11 de marzo]] de [[1921]] e finado en [[Buenos Aires]] o [[4 de xullo]] de [[1992]], foi un [[bandoneón|bandoneonista]] e compositor [[Arxentina - Argentina|arxentino]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 14 de abril de 2014 ás 16:41

Piazzola en 1971.

Astor Pantaleón Piazzolla, nado en Mar del Plata o 11 de marzo de 1921 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1992, foi un bandoneonista e compositor arxentino.

Traxectoria

Foi un dos músicos de tango máis importantes da segunda metade do século XX. Estudou harmonía e música clásica e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa Nadia Boulanger. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a ritmo, timbres e harmonía) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de rock.

Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».

As súas obras non eran difundidas polas estacións de radio e os comentaristas seguían a atacar a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compuña música híbrida, con exabruptos de harmonía disonante.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link GA