Apolinarismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m doutrina cristolóxica, condenada por herexía no s IV
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2005 ás 11:25

O apolinarismo foi unha doutrina teolóxica proposta por Apolinar de Laodicea que afirmaba que a natureza humana de Xesús Cristo era incompleta, pois só posuía o corpo e a alma inferior ou sensible, pero a súa mente era divina. En orixe era unha reacción contra o arrianismo e o gnosticismo.
O Primeiro Concilio de Constantinopla (381) declarou a doutrina herexía, afirmando que as natureza divina e humana de Xesús Cristó eran completas.
Houbo comunidades apolinarias en Constantinopla e Siria, algúns discípulos tentaron perpetuar a doutrina despois da morte de Apolinar (392), pero arredor do 416 a maioría voltaron á doutrina oficial e o resto convertéronse ao monofisismo.