Trompeta piccolo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1569742
mSen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
A técnica de produción do son é basicamente a mesma que utilizan as trompetas comúns afinadas en Si ♭. A presión do aire e da [[lingua]] si difire, e algúns trompetistas utilizan unha boquilla máis pequena para a trompeta piccolo.
A técnica de produción do son é basicamente a mesma que utilizan as trompetas comúns afinadas en Si ♭. A presión do aire e da [[lingua]] si difire, e algúns trompetistas utilizan unha boquilla máis pequena para a trompeta piccolo.


O solo de trompeta piccolo do tema de [[The Beatles]] "[[Penny Lane]]", que introduciu o instrumento na [[música pop]], foi interpretado por David Mason. [[Paul McCartney]] non estaba satisfeito cos primeiros intentos da canción instrumental (un dos cales se publicou en ''[[Anthology 2]]'') e decidiuse a utilizar o instrumento despois de ter oído o rendemento de Mason na radio da [[British Broadcasting Corporation|BBC]] do segundo ''Concerto de Brandenburgo'' e pediulle a [[George Martin]] usar a "tremendamente alta" trompeta.<ref>{{cita web | url=http://abel.hive.no/trompet/tpin/Penny_Lane_solo.html | título=Penny Lane solo | dataacceso=8 de xaneiro de 2012 | idioma=inglés}}</ref> Finalmente, Mason gravou o solo de trompeta piccolo en A (la).<ref>{{cita web | url=http://www.nevilleyoung.co.uk/pennylane | título=Piccolo trumpet solos in the Beatles' "Penny Lane" | dataacceso=8 de xaneiro de 2012 | idioma=inglés}}</ref>
O solo de trompeta piccolo do tema de [[The Beatles]] "[[Penny Lane]]", que introduciu o instrumento na [[música pop]], foi interpretado por David Mason. [[Paul McCartney]] non estaba satisfeito cos primeiros intentos da canción instrumental (un dos cales se publicou en ''[[Anthology 2]]'') e decidiuse a utilizar o instrumento despois de ter oído o rendemento de Mason na radio da [[British Broadcasting Corporation|BBC]] do segundo ''Concerto de Brandeburgo'' e pediulle a [[George Martin]] usar a "tremendamente alta" trompeta.<ref>{{cita web | url=http://abel.hive.no/trompet/tpin/Penny_Lane_solo.html | título=Penny Lane solo | dataacceso=8 de xaneiro de 2012 | idioma=inglés}}</ref> Finalmente, Mason gravou o solo de trompeta piccolo en A (la).<ref>{{cita web | url=http://www.nevilleyoung.co.uk/pennylane | título=Piccolo trumpet solos in the Beatles' "Penny Lane" | dataacceso=8 de xaneiro de 2012 | idioma=inglés}}</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 8 de abril de 2014 ás 18:22

Trompeta piccolo
Trompeta barroca
Información
ClasificaciónInstrumento de vento-metal
Tesitura
Instrumentos relacionadosTrompeta, trompeta pocket, trompeta baixa, corneta, fliscorno

A trompeta piccolo ou trompeta píccolo, tamén denominada trompeta barroca, porque foi creada a finais do século XIX para interpretar obras barrocas, é máis pequena que o resto de trompetas e soa unha oitava máis aguda, alcanzando con maior facilidade o rexistro sobreagudo. Normalmente está afinada en re, en la ou en si bemol, e raras veces está afinada en fa, sol ou dó. Non se debe confundir coa trompeta pocket.

O uso do instrumento é agora común en moitos xéneros musicais. Maurice André, Otto Sauter, Guy Touvron, Reinhold Friedrich, Adolf Scherbaum, Wynton Marsalis e Hakan Hardenberger son algúns intérpretes famosos da trompeta piccolo.

Deseño

O tubo da trompeta piccolo ten exactamente a metade de lonxitude que unha trompeta normal. Ten catro pistóns, aínda que existen modelos con tres pistóns. O cuarto pistón desempeña a función de transpositor e reduce en 5 semitóns a nota da trompeta. Isto amplía a gama de notas graves e proporciona dixitación alternativa e mellora a entoación dalgunhas notas.[1]

A trompeta afinada en re recibe o nome de trompeta de Bach e foi construída en 1890 polo fabricante de instrumentos belga Victor Mahillon para interpretar partes das obras de Bach e Händel.

A trompeta piccolo moderna permítelle aos intérpretes executar partes con dificultade para trompeta da música barroca, como o segundo Concerto de Brandeburgo ou a Misa en si menor. Adolf Scherbaum foi o primeiro en especializarse no repertorio de trompeta piccolo e descubrir novas obras barrocas, facendo transcricións orixinais. Maurice André elaborou máis tarde o repertorio moderno para trompeta piccolo, tocando o instrumento durante 50 anos.

A técnica de produción do son é basicamente a mesma que utilizan as trompetas comúns afinadas en Si ♭. A presión do aire e da lingua si difire, e algúns trompetistas utilizan unha boquilla máis pequena para a trompeta piccolo.

O solo de trompeta piccolo do tema de The Beatles "Penny Lane", que introduciu o instrumento na música pop, foi interpretado por David Mason. Paul McCartney non estaba satisfeito cos primeiros intentos da canción instrumental (un dos cales se publicou en Anthology 2) e decidiuse a utilizar o instrumento despois de ter oído o rendemento de Mason na radio da BBC do segundo Concerto de Brandeburgo e pediulle a George Martin usar a "tremendamente alta" trompeta.[2] Finalmente, Mason gravou o solo de trompeta piccolo en A (la).[3]

Notas

  1. "hlm.com - Fichas: la trompeta". Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 
  2. "Penny Lane solo" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 
  3. "Piccolo trumpet solos in the Beatles' "Penny Lane"" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén