Diferenzas entre revisións de «Magyar Televízió»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
As primeiras probas de Magyar Televízió tiveron lugar en [[1954]], pero non foi ata o [[23 de febreiro]] de [[1957]] cando comezaron as emisións regulares da televisión de Hungría. A inauguración oficial da canle produciuse o [[1 de maio]] de [[1957]], coa emisión dun desfile militar do Exército húngaro, e desde o [[2 de xullo]] dese mesmo ano empezaron a emitirse programas diarios de información. Nese tempo MTV formaba parte da radio pública húngara, [[Magyar Rádió]].<ref name="historiaoficial">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=196476|título=Hungarian Television: our History|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|data=|autor=|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref> Desde a súa creación e ata o final da [[República Popular de Hungría]] en [[1989]], Magyar Televízió estivo controlada por completo polo Estado.<ref name="hungaro1">{{cita web|url=http://mek.oszk.hu/02100/02185/html/516.html|título=A Magyar Televízió története|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|data=|autor=|editor=Magyar Electronikus Konyvtar|lingua=húngaro}}</ref>
 
Nos seus primeiros anos Magyar Televízió foi unha das cadeas de televisión máis activas de Europa do Leste, e foi unha das impulsoras dunha plataforma de televisións públicas da órbita socialista, distinta á [[Unión Europea de Radiodifusión]] (UER), que servise para intercambiar programas. Deste xeito, MTV foi un dos catro grupos fundadores da [[Organización Internacional de Radio e Televisión]] (OIRT) xunto a [[Checoslovaquia]], [[República Democrática de Alemá|Alemaña Oriental]] e [[Polonia]].
 
Nos seguintes anos, o desenvolvemento de MTV continuou coas primeiras emisións en cor en [[1967]], a creación dunha segunda canle en [[1971]], e a separación en dúas entidades independentes de Magyar Televízió e [[Magyar Rádió]] en [[1974]].<ref name="historiaoficial"/> Outros avances significativos foron a creación do [[teletexto]] en [[1981]],<ref name="hungaro1"/> as desconexións territoriales para provincias tres anos despois, e a chegada de programas estranxeiros de países occidentais como as [[telenovela]]s.

Menú de navegación