Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os estudos [[filoxenética|filoxenéticos]] feitos cos xenes das globinas mostran que a citoglobina e a [[mioglobina]] pertencen a un mesmo [[clado]] distinto do da [[hemoglobina]] e a [[neuroglobina]]. A globina ancestral da que proceden remóntase a máis de 450 millóns de anos.
 
A citoglobina de mamíferos ten unha lonxitude maior (190 aminoácidos) que a das outras globinas (140-150 aminoácidos). Isto débese a que ten unha estensión duns 20 aminoácidos en cada extremo. A citoglobina prégase en oito [[hélice alfa|hélices α]] (ver [[pregamento de globina]]). Os residuos implicados nas globinas na fixación do oxíxeno están conservados tamén na citoglobina. Ademais dous dous [[intrónsintrón]]s (''B12.2'' e ''G7.0'') contidos nos xenes das outras globinas, o xene da citoglobina (CYGB) ten un terceiro intrón, o ''HC11.2'', preto do [[extremo 3’]] da rexión codificante. O último [[exón]] do extremo 3’ está ausente nos peixes, xa que foi adquirido máis tarde no decurso da [[evolución]] dos [[tetrápodo]]s.<ref name="r1"/>.
 
== Expresión e función da citoglobina ==
174.391

edicións

Menú de navegación