Monoteísmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
relixions en minuscula
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Qur'anic Manuscript - 3 - Hijazi script.jpg|miniatura|Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión [[Islam|islámica]].]]
[[Ficheiro:Qur'anic Manuscript - 3 - Hijazi script.jpg|miniatura|Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión [[Islam|islámica]].]]
{{wikificar}}
{{wikificar}}
O '''monoteísmo''' é a crenza na existencia dun único Deus. O [[Cristianismo]], o [[Islam]] e o [[Xudaísmo]] son [[Relixión|relixións]] monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos [[Antropomorfismo|antropomórficos]], nomes, e mesmo etnia. O monoteísmo contrasta co [[politeísmo]] que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.
O '''monoteísmo''' é a crenza na existencia dun único Deus. O [[cristianismo]], o [[islam]] e o [[xudaísmo]] son [[Relixión|relixións]] monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos [[Antropomorfismo|antropomórficos]], nomes, e mesmo etnia. O monoteísmo contrasta co [[politeísmo]] que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2014 ás 11:21

Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión islámica.

O monoteísmo é a crenza na existencia dun único Deus. O cristianismo, o islam e o xudaísmo son relixións monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos antropomórficos, nomes, e mesmo etnia. O monoteísmo contrasta co politeísmo que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.

Historia

A invención do monoteísmo atribúese a o pobo hebreo, no entanto, is-te foi un proceso gradual. Primeiro IHWH fixo parte de un panteón, e até tiña unha compaña Ashera[1]. Despois pasouse a o monolatrismo[2]onde IHWH pasou a ser deus nacional(como fora antes Assur dos asirios ou Marduk dos babilonios) dos israelitas, pero recoñecíanse outros deuses en outras terras, isto aconteceu no século 7 A.C. co as reformas do rei Josias[3].Foi a mediados do século 4 A.C. onde se impuxo o monoteísmo co deus hebreo como único e verdadeiro. Isto foi produto[4]da contradición entre as promesas bíblicas "os xudeus son o pobo elixido de Deus", e a realidade da historia de Xudea e Israel, pequenos reinos, varias veces sometidos e rematando co a desaparición do reino do norte, Israel.Descoñecese exactamente como foi, mais no século 3 A.C. a visión do mundo dos xudeus mudara co a aparición do monoteísmo e da súa verdade única. Aconteceu coma os grandes trocos científicos:

   * 1-Aparecen anomalías no paradigma de consenso xeral.
   * 2-As anomalías acumúlanse e o paradigma entra en crise.
   * 3-proponse un novo paradigma.
   * 4-O novo paradigma fai-se consensoo[5]

Teoloxía monoteísta

A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza dinos que hai un solo deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle vencella e a única verdadeira, único camiño de salvación.Isto vai facer que,por primeira vez na historia, vexamos conflito co o único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos e o conflito de Alexandríaentre xudeus emigra-dos a esta cidade e a poboación helenizada. Esta derradeira ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, con unha relixión que negaba as súas crenzas.Os xudeus por a súa banda, vivían entre eles mesmos, sen misturarse co a poboación autóctona. O filosofo xudeu Philón de Alexandría tentou de explicar as autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión a situación.Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos a o templo de Xerusalén isto provocou un pródromo contra os xudeus. No século I vai aparecer como unha pola do xudaísmo o cristianismo(que será relixión oficial e única do Imperio Romano a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións(3 monoteísmos)as que forxarán o mundo tal como e hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e proselitistas ,o que vai enxeñar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non e proselitista[6]mantívose perante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen misturarse con elas[7]Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes. Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos[8].Lembremos os problemas de Galileo obrigado a desdicirse ou de míguela Servet queimado na fogueira,tamén como a ciencia decaeu no Islam de pois dos escritos de Al-Gazili [9].Vexamos tamén como entre os israelitas Spinoza foi excluído do xudaísmo por os seus escritos. A partir do século das luces, en occidente o monoteísmo cristiá(especialmente o catolicismo)deixa de ser un freo, para ciencia.Chegados a o século XX catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a Teoría da evolución das especies e mais a cosmo-xenese do Big Bang. No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e sectas evanxelistas(sobre todo en USA)tentan de aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos[10].O monoteísmo estivo case sempre ligado a o funda mentalismo relixioso, por a idea subxacente de verdade única. Ren de outro podendo ter razón, e non sendo mais ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos 3 grandes monoteísmos e o seu mesianismo. No xudaísmo(agás os xudeus mesiánicos que coidan que o mesías foi Xesús ) agardan o Mesías en un futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas

  • Guerra de Gog e Magog(as nacións contra Israel [11]
  • Retorno do profeta Elias que traerá con sigo o Mesías
  • Tempos mesiánicos
  • t´hiato hametim(resurrección dos mortos)
  • Yom hadim(día do xuízo)
  • Olam haba(tempo da eternidade)

O retorno do Mesías no cristianismo[12]ven descrito no libro do apocalipse ou revelacións. Se ben a interpretación muda segundo as distintas igrexas cristiás podemos resumilo así

  • Chegada do fin dos tempos
  • Retorno de Xesús a terra
  • Resurrección dos mortos
  • Loita co anticristo
  • Renovación da creación
  • Establecemento do reino de Deus

No Islam tamén se fala do retorno do Mahdi nos hadiz . Unha persoa, descendente de Mahoma[13] que virá no fin do tempo e anunciara a chegada de Xesús que e ó Mesías e que loitaría e vencería a o falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl).Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo. Podemos ver nas 3 relixións semellanza na escatoloxía . As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte,sendo os feitos de esta vida,os que determinaran o ben estar despois da morte. Isto defíneo o filosofo Michel Onfray[14]como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida

Notas

  1. increpación do ano 600 A.C. atopada na rexión de Sefelah antigo reino de Xudea
  2. Jean Soler"línvention du monotheisme"
  3. Robert Paris"L´ancien testament des hebreux"
  4. Jean Soler"Pourquoi le monotheisme"
  5. Thomas Kuhn
  6. Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"
  7. deut 7-3"No te cases con ellos (los gentiles, de los cuales hace mención en los versículos anteriores), no des a tu hija al hijo de el, y no tomes la hija de él para tu hijo".
  8. Michel Onfray"Traité d´atheologie"
  9. Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"
  10. conferencias william Lane Craig
  11. Ezequiel 38-39
  12. Apocalipses de San Xan
  13. Sunan Abu-Dawud, « Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi) n°4271
  14. Onfray "Traité d´atheologie"

Véxase tamén

Ligazóns externas