Taboada, Silleda: Diferenzas entre revisións
→Historia: referencia |
m →Historia: referencia |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en [[1862]], que deixou se ser tan transitada na década de [[1970]], ao reformarse o trazado da [[N-525]] e construírse un novo viaduto. |
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en [[1862]], que deixou se ser tan transitada na década de [[1970]], ao reformarse o trazado da [[N-525]] e construírse un novo viaduto. |
||
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do [[río Deza]] grazas a outro viaduto<ref>[http://silleda.es/PXOM/Parroquias/31%20Taboada/Cat%E1logo/3106.pdf Ponte do ferrocarril de Taboada no catálogo patrimonial do PXOM de Silleda]</ref>, dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/05/09/0003_8471996.htm Lalín solicitará a Renfe que retire restos antigos de vagóns en Ponte Taboada] (en [[Lingua castelá|castelán). Consultado o 27/03/2014.</ref> . |
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do [[río Deza]] grazas a outro viaduto<ref>[http://silleda.es/PXOM/Parroquias/31%20Taboada/Cat%E1logo/3106.pdf Ponte do ferrocarril de Taboada no catálogo patrimonial do PXOM de Silleda]</ref>, dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/05/09/0003_8471996.htm Lalín solicitará a Renfe que retire restos antigos de vagóns en Ponte Taboada] (en [[Lingua castelá|castelán]]). Consultado o 27/03/2014.</ref> . |
||
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real. |
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real. |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2014 ás 13:50
Taboada | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda |
Coordenadas | 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333Coordenadas: 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333 |
Poboación | 240 hab. (2004) |
Entidades de poboación | 9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 240 habitantes (127 mulleres e 113 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.
Historia
A historia da parroquia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción (912).
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en 1862, que deixou se ser tan transitada na década de 1970, ao reformarse o trazado da N-525 e construírse un novo viaduto.
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do río Deza grazas a outro viaduto[1], dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza[2] .
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.
Patrimonio
A igrexa de Santiago de Taboada é románica, data do século XII, ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar. Nas proximidades, cruzando a N-525, hai un área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.
Nesta parroquia, a carón do río Deza, atópase a estación da Ponte Taboada, con parada para viaxeiros da liña de ferrocarril Santiago-Ourense. Ademais destaca a Casa de Carballeda, no lugar do mesmo nome, que conta cunha capela baixo a advocación de San Roque e que foi propiedade no seu momento da familia Gil Taboada.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Taboada, Silleda.
-
Ponte Romana sobre a que pasa o camiño de Santiago
Lugares e parroquias
Lugares de Taboada
Lugares da parroquia de Taboada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Carballeda | Carral | Eirexe | A Estación | A Ponte Taboada | Reboredo | A Regueira | Taboada Vella | Trasdovalo |