Everest: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 61: Liña 61:
Na actualidade o monte Everest e un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación conleva varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancladas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de dificil aceso como é o cumio do Everest.
Na actualidade o monte Everest e un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación conleva varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancladas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de dificil aceso como é o cumio do Everest.


Por estas razóns o goberno [[Nepal|nepalí]] lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito [[quilogramo|quilogramos]] de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís<ref>http://www.elmundo.es/deportes/2014/03/03/5314e10a268e3ecd758b4585.html</ref><ref>http://deportes.elpais.com/deportes/2014/03/07/actualidad/1394210738_506147.html</ref>.
Por estas razóns no ano [[2014]] o goberno [[Nepal|nepalí]] lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito [[quilogramo|quilogramos]] de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís<ref>http://www.elmundo.es/deportes/2014/03/03/5314e10a268e3ecd758b4585.html</ref><ref>http://deportes.elpais.com/deportes/2014/03/07/actualidad/1394210738_506147.html</ref>.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2014 ás 23:37

Coordenadas: 27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528 Modelo:Infobox Montaña O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia . Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo) e en tibetan, Chomolungma, Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo) e en chinés: 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰. A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

Medida da súa altitude

Everest visto desde KalarPatar

Ata 1865, ao monte Everest chamábanlle Peak XV as autoridades coloniais británicas das Indias.

Radhanat Sikdar, un matemático e topógrafo indio do Bengal, foi o primeiro en identificar o Everest coma o cumio máis alto do mundo, por cálculos trigonométricos en 1852. A súa altitude foi entón estimada en 29.002 pés (en vez dos 29.035 reais), cálculos que foron feitos públicos por Sir Andrew Waugh, gobernador xeral da India colonial británica desde 1843.

No 1865, o mesmo Andrew Waugh bautiza o Peak XV co nome do seu predecesor a gobernador xeral, Sir George Everest (1790-1866), gobernador de 1830 a 1843. Desde entón, o nome de monte Everest establécese en todas as linguas occidentais. Certos indios pensan que o cumio debería de se chamar Sikdar, e non Everest, a fin de render xustiza ao autor dos cálculos de 1852.

Unha medida GPS efectuada en maio 1999 por alpinistas americanos e aceptada pola National Geographic Society sitúa a altura do Everest en 8.850 metros. En cambio, no ano 2005, científicos chineses con aparellos máis modernos reflectiron como medida real a de 8.844,43 cun índice de erro non superior a 30 centímetros.

Ascensións

Desde 1921 tíñanse feito varias tentativas de ascensións á montaña.

Everest visto desde a Estación Espacial Internacional

Estatísticas

Ao concluír 2001, 1.491 persoas acadaran o cumio.

Cronoloxía

Everest visto desde Rombok Gompa (Tibet)
  • 1841: O coronel George Everest, Topógrafo Xeral na India, bautiza provisionalmente a montaña como Pico XV.
  • 1852: Cálculos da Great Trigonometrical Survey levan a concluír que se trata da montaña máis alta da Terra.
  • 1921: Primeira expedición británica no Everest.
  • 1924: O 8 de xuño George Mallory e Andrew Irvine parten rumbo ao pico e desaparecen na néboa. Nunca se soubo se chegaron ou non.
  • 1953: Na mañá do 29 de maio, o apicultor neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao pico.
  • 1995: Waldemar Niclevicz e Mozart Catão son os primeiros brasileiros en atinxir o cume do Everest, ás 11h 22m do día 14 de maio.
  • 1996: O porriñés Jesús Martínez Novás convértese no primeiro galego en subir o Everest (e sen osíxeno).
  • 1996: Maior número de alpinistas mortos nun só ano: quince.
  • 1999: O corpo de Mallory é encontrado con obxectos persoais, mais sen a foto da esposa, que prometera deixar no pico.
  • 1999: En maio, João Garcia é o primeiro portugués en atinxir o pico (e sen osíxeno adicional), mais pérdese no descenso (o seu colega de escalada belga morre na descendida) e é rescatado polo matrimonio brasileiro Helena e Paulo Rogério Coelho. Após unha longa hospitalización sobrevive, mais perde parte de nove dedos e parte do nariz.

Masificación

Na actualidade o monte Everest e un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación conleva varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancladas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de dificil aceso como é o cumio do Everest.

Por estas razóns no ano 2014 o goberno nepalí lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito quilogramos de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís[1][2].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB

Modelo:Link GA