Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
*1962 - ''Two for the Seesaw''
*1962 - ''Two for the Seesaw''
*1963 - ''[[The Haunting]]''
*1963 - ''[[The Haunting]]''
*1965 - ''Sorrisos e lágrimas''
*1965 - ''[[Sorrisos e lágrimas]]''
*1966 - ''[[The Sand Pebbles]]''
*1966 - ''[[The Sand Pebbles]]''
*1968 - ''[[Star!]]''
*1968 - ''[[Star!]]''

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2014 ás 18:28

Robert Earl Wise, nado en Winchester, Indiana, o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil.

A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Citizen Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo ao director orixinal dun filme de terror, The Curse of the Cat People, en 1944.

Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy.

Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins.

Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas