Staphylococcus epidermidis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
{{Taxobox
{{Taxobox

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2014 ás 12:55

Staphylococcus epidermidis

Imaxe de microscopio electrónico de varrido de S. epidermidis.
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Staphylococcaceae
Xénero: 'Staphylococcus'
Especie: ''S. epidermidis''
Nome binomial
'Staphylococcus epidermidis'
(Winslow & Winslow 1908)
Evans 1916
Sinonimia

Staphylococcus albus Rosenbach 1884

Staphylococcus epidermidis, visto con microscopía de campo brillante a 1000 aumentos.

Staphylococcus epidermidis é unha especie bacteriana Gram positiva, unha das arredor de 40 especies pertencentes ao xénero Staphylococcus.[1] Forma parte da flora bacteriana humana normal, normalmente da flora da pel, e máis raramente da flora das mucosas.[2] Aínda que S. epidermidis xeralmente non é patoxénica, as persoas con sistemas inmunitarios inmunocomprometidos están en risco de desenvolver a infección. Estas infeccións adquírense xeralmente en hospitais (infeccións nosocomiais).[3] S. epidermidis é especialmente perigosa para as persoas ás que se lle aplican catéteres ou outros implantes cirúrxicos porque forma biopelículas que crecen sobre estes dispositvos.[4] Como forma parte da flora normal da pel, S. epidermidis é un contaminante frecuente en mostras que se envían para os diagnósticos de laboratorio.[5]

Descubrimento

Esta especie foi distinguida por Friedrich Julius Rosenbach de Staphylococcus aureus en 1884, e inicialmente deulle o nome de S. albus.[6] Elixiu os nomes aureus e albus para estas dúas especies porque formaban, respectivamente, colonias de cor amarela e branca. Posteriormente o nome cambiouse a epidermidis.

Morfoloxía celular e bioquímica

S. epidermidis é un microorganismo moi resistente, con células con forma de coco non motís e Gram positivas, que forman agrupacións con forma de acio. É unha das especies de cocos que forman parte da clase Bacilli (a cal contén bacilos e cocos). Forma colonias brancas, elevadas, cohesivas de aproximadamente 1–2 milímetros de diámetro despois de deixalas incubando dun día para outro, e non é hemolítico en ágar sangue.[4] O tamaño/diámetro normal da célula é de 0,5 a 1,5 micrómetros. É un organismo catalase positivo,[7] e coagulase negativo, anaerobio facultativo que pode crecer utilizando a respiración aerobia ou a fermentación. Algunhas cepas poden non fermentar.[8]

As probas bioquímicas indican que este microorganismo tamén leva a cabo unha reacción debilmente positiva na proba da nitrato redutase. É positiva para a produción de urease, é oxidase negativa, e pode utilizar glicosa, sacarosa, e lactosa para formar produtos ácidos. En presenza de lactosa, tamén producirá gas. S. epidermidis non posúe o encima xelatinase, polo que non pode hidrolizar a xelatina. É sensible á novobiocina, que pode utilizarse como un importante test para distinguila de Staphylococcus saprophyticus, o cal é coagulase negativo tamén, pero resistente á novobiocina.[3]

A parede celular de S. epidermidis, igual que a de S. aureus ten unha proteína de unión á transferrina que a bacteria utiliza para obter ferro a partir de transferrina. Crese que os tetrámeros dunha proteína exposta na superficie chamada gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase se unen á transferrina e retíranlle o seu ferro. Os pasos seguintes son a transferencia do ferro a lipoproteínas de superficie, e despois a proteínas de transporte, que transportan o ferro ao interior da célula.[4]

Virulencia e resistencia a antibióticos

A capacidade de formar biopelículas en dispositivos plásticos é un factor de virulencia importante de S. epidermidis. Unha causa probable é que as proteínas de superficie se unen ás proteínas da matriz extracelular e do sangue. S. epidermidis produce un material polisacarídico extracelular chamado de adhesión intercelular polisacárida (PIA, polysaccharide intercellular adhesion), que está feito de polisacáridos, e que permite que outras bacterias se adhiran á biopelícula xa existente, creando unha biopelícula de multicapas. A actividade metabólica das bacterias que viven nestas biopelículas diminúe. Este metabolismo diminuído, en combinación coa alteración da difusión de antibióticos, fan maís difícil que os antibióticos poidan eliminar efectivamente este tipo de infección.[4] As cepas de S. epidermidis son a miúdo resistentes aos antibióticos, como á penicilina, amoxicilina, e meticilina. Os organismos resistentes atópanse con máis frecuencia no intestino, pero os organismos que viven libremente na pel poden tamén converterse en resistentes debido a unha exposición de rotina a antibióticos segregados na suor.

Enfermidades

Como xa se indicou, S. epidermidis forma biopelículas sobre dispositivos plásticos inseridos no corpo,[9] como catéteres e intravenosos e próteses médicas.[10] A infección por esta bacteria pode tamén producirse en pacientes de diálise ou naqueles nos que o dispositivo plástico implantado estivese contaminado coa bacteria. Outra doenza que pode causar é a endocardite, xeralmente en pacientes con válvulas cardíacas defectuosas. Nalgúns casos pode producirse sepse en pacientes hospitalizados.

Os antibióticos son pouco efectivos para eliminar as biopelículas. O tratamento máis común para estas infeccións é retirar ou substituír o implante infectado, aínda que o mellor é a prevención. Pode utilizarse a vancomicina á que se poden engadir outros antibióticos.

Algunhas investigacións preliminares indican que S. epidermidis se encontra sempre dentro dos poros da pel afectados de acne, mentres que se cre que nos folículos sans normalmente o único residente é Propionibacterium acnes.[11]

Identificación

O método normal para a identificación de S. epidermidis é utilizar o ágar de Baird-Parker cun suplemento de xema de ovo. As colonias que se forman son pequenas e negras. Poden confirmarse usando a proba da coagulase. Empréganse cada vez máis técnicas como a PCR cuantitativa para a detección e identificación rápida de cepas de Staphylococcus.[12][13] Normalmente, a sensibilidade á desferrioxamina pode usarse tamén para distinguila da maioría dos outros estafilococos, agás no caso de Staphylococcus hominis, que tamén é sensible. Nese caso, a produción de ácido a partir da trehalosa que pode facer S. hominis serve para distinguir as dúas especies.

Notas

  1. Schleifer, K. H.; Kloos, W. E. (1975). "Isolation and Characterization of Staphylococci from Human Skin I. Amended Descriptions of Staphylococcus epidermidis and Staphylococcus saprophyticus and Descriptions of Three New Species: Staphylococcus cohnii, Staphylococcus haemolyticus, and Staphylococcus xylosus". International Journal of Systematic Bacteriology 25 (1): 50–61. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-25-1-50. 
  2. Fey, P. D.; Olson, M. E. (2010). "Current concepts in biofilm formation of Staphylococcus epidermidis". Future Microbiology 5 (6): 917–933. doi:10.2217/fmb.10.56. 
  3. 3,0 3,1 Levinson, W. (2010). Review of Medical Microbiology and Immunology (11th ed.). pp. 94–99. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Salyers, Abigail A. and Whitt, Dixie D. (2002). Bacterial Pathogenesis: A Molecular Approach, 2nd ed. Washington, D.C.: ASM Press. ISBN 1-55581-171-X. 
  5. Queck SY and Otto M (2008). "Staphylococcus epidermidis and other Coagulase-Negative Staphylococci". Staphylococcus: Molecular Genetics. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-29-5. 
  6. WhoNamedIt Friedrich Julius Rosenbach
  7. "Todar's Online Textbook of Bacteriology: Staphylococcus aureus and Staphylococcal Disease". Kenneth Todar, PhD. Consultado o Dec 7, 2013. 
  8. "Bacteria Genomes - STAPHYLOCOCCUS EPIDERMIDIS". Karyn's Genomes. EMBL-EBI. Consultado o December 23, 2011. 
  9. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  10. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  11. Bek-Thomson, M.; et al. (2008). "Acne is Not Associated with Yet-Uncultured Bacteria". Journal of Clinical Microbiology 46 (10): 3355–3360. PMC 2566126. PMID 18716234. doi:10.1128/JCM.00799-08. 
  12. Francois P and Schrenzel J (2008). "Rapid Diagnosis and Typing of Staphylococcus aureus". Staphylococcus: Molecular Genetics. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-29-5. 
  13. Mackay IM (editor). (2007). Real-Time PCR in Microbiology: From Diagnosis to Characterization. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-18-9 . 

Véxase tamén

Outros artigos