Blanca Suárez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 6 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2656242
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 72: Liña 72:
[[Categoría:Nados en Madrid]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]
[[Categoría:Nados en 1988]]
[[Categoría:Nados en 1988]]
[[Categoría:Modelos femininas de España]]

Revisión como estaba o 19 de marzo de 2014 ás 12:45

Modelo:Actor Blanca Martínez Suárez, nada en Madrid o 21 de outubro de 1988, é unha actriz española.

Traxectoria

A actriz Blanca Suárez comezou no mundo da interpretación co papel de "Ángela" en Eskalofrío aínda que non se estreou en cines ata 2008. Con 19 anos, e tras a rodaxe da súa primeira película de medo, entrou a formar parte da repartición de El internado, no papel de "Julia" con actores como Yon González, Elena Furiase, Martiño Rivas, Nani Jiménez e outros. Tamén interveu en películas como Cobardes de José Corbacho e Juan Cruz, Fuga de cerebros de Fernando González Molina, onde interpreta a "Angelical" ou El cónsul de Sodoma.

Ademais, Blanca participou nas curtametraxes Universos, dirixido por José Corbacho e Juan Cruz, que se deu a coñecer como La wikipeli de Mahou e en Hemisferio, dirixido por Luis María Ferrández e Alejandro Áboli e cuxo rodaxe tivo lugar na Praia de Sant Joan d'Alacant. Tamén participou en Carne de neón, longametraxe que rodou no verán de 2009 e acábase de converter en Moza Almodóvar ao formar parte da nova película de Pedro Almodóvar, La piel que habito.

En televisión e logo de intervir en El internado (2007-2010), Blanca Suárez protagonizou a serie El barco (2011) emitida tamén en Antena 3.

Blanca Suárez foi nomeada no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de Mellor actriz de drama polo seu papel de "Julia" en El internado. O seu último nomeamento foi no Festival de Cine de San Sebastián 2009 no que recibiu o premio Talento Revelación do Cine Español[1] logo de haber sido nomeada por segundo ano consecutivo.

Filmografía

Cine

Televisión

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas