Ama de leite: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da es.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de marzo de 2014 ás 00:59

Luís XVI coa súa ama de leite.

Unha ama de leite[1], ama de cría[2] ou nutriz[3] é unha muller que aleita a un lactante que non é o seu fillo. Hoxe en desuso na meirande parte de Occidente, o emprego de amas de cría remóntase á prehistoria, e foi común ata o século XIX para alimentar a nenos cuxas nais non podían ou non desexaban facelo.

Servizos

O recurso dunha ama de leite podía estar motivado por razóns físicas, coma no caso de producción insuficiente de leite, en partos múltiples nos que unha soa persoa non pode satisfacer os requisitos da lactancia, ou sociais; a profesionalización da lactancia permitía á nai dedicarse a outras ocupacións, como era o caso, por exemplo, das elites romanas. Por outra banda, permitía acurtar o período entre embarazos, xa que o sistema endócrino inhibe normalmente a concepción mentres a nai está aleitando. Ademais, tamén permitía librarse dunha tarefa socialmente percibida como pouco axeitada polas clases superiores.

Noutras sociedades, a tarefa non estaba restrinxida ás profesionais, senón que era parte do cuidado dos meniños compartido entre tódalas nais do grupo. A profesionalización da cría, en termos sociolóxicos, foi un dos medios que permitiu ás mulleres adiñeiradas liberarse do rol de coidado doméstico que caracteriza ó sexo feminino nas sociedades patriarcais.

A creación de fórmulas máis completas de leite en po, adaptado ó aparello dixestivo do neno, levou á desaparición da figura da ama de leite nos países desenvolvidos.

Notas