Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións
erratas |
|||
Liña 63: | Liña 63: | ||
|[[Alfonso Sánchez Izquierdo]] |
|[[Alfonso Sánchez Izquierdo]] |
||
|} |
|} |
||
==Programación== |
==Programación== |
Revisión como estaba o 16 de marzo de 2014 ás 19:42
Coordenadas: 42°51′43.81″N 8°33′27.70″O / 42.8621694, -8.5576944
CRTVG | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1984 emisión 1985 |
Localización | Bando-San Marcos Santiago de Compostela 15820 A Coruña Galicia |
Persoas clave | Alfonso Sánchez Izquierdo (Director Xeral) |
Industria | Televisión Radio |
Produtos | Radio e Televisión pública de Galicia |
Na rede | |
https://www.crtvg.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A CRTVG é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.
Historia
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da lingua galega, dunha banda o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro Rivas, era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente José Manuel Romay Beccaría era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG aínda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concorreron polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigua, tan só os nacionalistas do BNPG-PSG e EG estaban totalmente a favor da súa creación. O 11 de xullo de 1984 aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia[1]
A TVG e a Radio Galega iniciaron as súas emisións en 1985 e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.
Na actualidade a CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio (DAB e TDT) e as canles de televisión TVG, G2, TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por TDT e G2 exclusivamente por TDT.
O seu Consello de Administración está composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo Parlamento de Galicia entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.
A TVG e a Radio Galega contan cun consello asesor, que non ten competencias decisorias, senón só asesoras. Está compostos por vogais elixidos entre os traballadores, xestores dos servizos públicos, representantes da Administración Autónoma, Consello da Cultura Galega, universidades, Parlamento e deputacións provinciais.
A Dirección Xeral é un órgano universal que ten a responsabilidade executiva e é nomeado polo Goberno de Galicia para cada lexislatura. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.
Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.
Lista dos directores xerais
Anos | Director |
---|---|
1985-1986 | Luis Losada |
1986-1987 | Lois Caeiro |
1987-1990 | Abilio Bernardo de Quirós |
1990-1994 | Ramón Villot |
1994-2005 | Francisco Campos |
2005-2009 | Benigno Sánchez |
2009- | Alfonso Sánchez Izquierdo |