Banja Luka: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 20: Liña 20:


{{Link FA|fr}}
{{Link FA|fr}}
{{Link FA|sr}}

Revisión como estaba o 16 de marzo de 2014 ás 08:56


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Banja Luka é a segunda cidade de Bosnia e Hercegovina cunha poboación de 196.500 habitantes. É tamén a capital da Republika Srpska e o principal centro da rexión coñecida como Bosanska Krajina. A cidade localízase no noroeste de Bosnia, na ribeira do río Vrbas.

Historia

Hai evidencias da presenza romana na rexión durante os primeiros séculos da nosa era, e mesmmo un antigo forte no centro da cidade. Os eslavos asentáronse na rexió no século VII e a primeira mención á cidade data de 1494. Durante o goberno otomano Banja Luka foi a capital da provincia de Bosnia, e a fins do século XVI a cidade desenvolveuse enormemente grazas a Ferhat Pasa Sokolovic, que posibilitou que Banja Luka se convertese nun dos centros comerciais e políticos de Bosnia, no século XIX produciuse unha forte emigración serbia nos arredores, pero a cidade permaneceu sendo de maioría musulmá.

A ocupación austríaca supuxo a occidentalización e industrialización de Banja Luka e ao se formar Iugoslavia a cidade converteuse no centro da provincia de Vrbas. Durante a Segunda Guerra Mundial, o réxime Ustasha crota ocupou Banja Luka, os xudeus sefardís foron deportados aos campos de concentración de Jasenovac e Stara Gradiska, e o 7 de febreiro de 1942 os ustashas mataron a 2.500 serbios en Drakulici, Motike e Sargovac (localidades do concello de Banja Luka). En 1969 a cidade foi devastada por un sismo que destruíu moitos edificios.

Logo do establecemento da Republika Srpska, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70.000 os croatas e bosniacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a Republika Srpska, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da Republika Srpska tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.

Cidades irmás

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA