Fédération Internationale du Sport Automobile: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 26: | Liña 26: | ||
| 1961–1970 |
| 1961–1970 |
||
|- |
|- |
||
| {{ |
| {{DEUb}} [[Paul Metternich (FIA)|Paul Metternich]] |
||
| 1970–1976 |
| 1970–1976 |
||
|- |
|- |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
| 1978–1991 |
| 1978–1991 |
||
|- |
|- |
||
| {{ |
| {{GBRb}} [[Max Mosley]] |
||
| 1991–1993 |
| 1991–1993 |
||
|} |
|} |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2014 ás 23:15
A Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA) foi o Consello de Administración dos acontecementos das carreiras de motor. As orixes da organización remóntanse a 1922, cando a Federación Internacional do Automóbil (FIA) delegou a organización das carreiras automobilísticas ao CSI (Comisión Deportiva Internacional da FIA), un comité autónomo que máis tarde se converterá na FISA.
A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.
Historia
Este comité autónomo foi creado pola FIA en 1922 baixo o nome de Commission Sportive Internationale (CSI). Foille delegada pola FIA a organización de carreiras automobilísticas. En 1978, tras a elección do Frances Jean-Marie Balestre como presidente, a CSI cambiou o seu nome a FISA, manténdo o seu rol. Baixo o impulso de Balestre, a FISA comezou a tomar o control da Fórmula 1, ameazada pola aparición ao final dos anos 1970 da Asociación de Construtores de Fórmula Un (FOCA), a asociación de construtores de F1 dirixida por Bernie Ecclestone. Esta loita de influencia, coñecida co nome de Guerra FISA-FOCA, conduciu á redacción dos Acordos da Concordia en 1981, os cales selaron a repartición de poderes na Fórmula 1, conservando a FISA o control deportivo e regulamentario do campionato. Tras a elección de Max Mosley como cabeza da FISA en 1991 e da FIA en 1993, ambas as institucións foron reformadas e a FISA foi absorbida pola FIA, que desde entón está directamente encargada das carreiras automobilísticas deportivas.
Desde entón, é frecuente mesturar FIA e FISA, polos feitos que tiveron lugar cando as dúas entidades eran distintas.
Presidents
Presidente | Anos de presidencia |
---|---|
Commission Sportive Internationale | |
Rene de Knyff | 1922–1946 |
Augustin Perouse | 1946–1961 |
Maurice Baumgartner | 1961–1970 |
Paul Metternich | 1970–1976 |
Pierre Ugeux | 1976–1978 |
Fédération Internationale du Sport Automobile | |
Jean-Marie Balestre | 1978–1991 |
Max Mosley | 1991–1993 |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina da FIA (en inglés).