Brawn GP: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
actualizar
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
| NomeCompleto = Brawn GP Formula One Team
| NomeCompleto = Brawn GP Formula One Team
| Foto = [[Ficheiro:Barrichello Barcelona testing.jpg|300px]]
| Foto = [[Ficheiro:Barrichello Barcelona testing.jpg|300px]]
| Bandeira = {{RUb}}
| Bandeira = {{GBRb}}
| Base = [[Brackley]], [[Northamptonshire]], [[Reino Unido]]
| Base = [[Brackley]], [[Northamptonshire]], [[Reino Unido]]
| Tempadas = 1 ({{F1|2009}})
| Tempadas = 1 ({{F1|2009}})
| Pilotos = {{RUb}} [[Jenson Button]] <br /> {{BRAb}} [[Rubens Barrichello]]
| Pilotos = {{GBRb}} [[Jenson Button]] <br /> {{BRAb}} [[Rubens Barrichello]]
| Debut = [[Gran Premio de Australia de 2009]]
| Debut = [[Gran Premio de Australia de 2009]]
| Carreiras = 17
| Carreiras = 17

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2014 ás 22:44

Brawn GP
Nome completo Brawn GP Formula One Team
Bandeira
Baseada en Brackley, Northamptonshire, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2009)
Número de pilotos Jenson Button
Rubens Barrichello
Debut Gran Premio de Australia de 2009
Carreiras 17
Campionatos de Construtores 1 (2009)
Campionatos de Pilotos 1 (2009)
Vitorias 8
Pole positions 5
Voltas Rápidas 4
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2009

Brawn GP Formula One Team, formalmente Brawn GP Limited, foi unha escudería británica de Fórmula 1 que gañou o Campionato Mundial de Construtores de Fórmula 1 en 2009.

Formouse o 6 de marzo de 2009, despois de que se confirmase que Ross Brawn, ata entón director técnico de Honda F1, comprara o equipo de F1 de Honda. Previamente, os enxeñeiros de Super Aguri incorporáronse a este equipo, por mor da retirada da marca xaponesa da Fórmula 1 en maio de 2008.

Brawn GP fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2009 co inglés Jenson Button e o brasileiro Rubens Barrichello como pilotos. Naquela carreira os seus pilotos conseguiron as dúas primeiras posicións de clasificación e de carreira.

O equipo utilizou motores de Mercedes. A pesar das dificultades iniciais, o equipo conseguiu varios patrocinadores conforme avanzaba a tempada, incluíndo Virgin, MIG Investments, Henri Lloyd e PerkinElmer.

Ao finalizar a tempada, Brawn GP converteuse no primeiro equipo da historia desta categoría en conseguir o Campionato Mundial de Construtores e o Campionato Mundial de Pilotos no mesmo ano do seu debut. Jenson Button acabou primeiro da clasificación de pilotos e Rubens Barrichello, terceiro.

O 16 de novembro do 2009 a empresa alemá Mercedes-Benz, en colaboración con Aabar Investimentos, anunciou a compra do 75,1% do equipo Brawn GP, polo cal pasou a chamarse Mercedes GP, e convertendo a Brawn GP na escuadra con mellores estatísticas da historia da Fórmula 1


Os monoprazas de Brawn GP
BGP001 - 2009

Modelo:Link FA Modelo:Link GA