Alfabeto africano de referencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
lig int
Liña 7: Liña 7:
En 1928 [[Diedrich Westermann]] liderou o grupo de lingüistas que desenvolveu o “Africa Alphabet”,<ref>{{Cita web|título=African Alphabets|url=http://www.tiro.com/John/African%20Presentation.pdf|dataacceso=21 de febreiro de 2014}}</ref> tamén chamado “International African Alphabet”. Baseado no [[Alfabeto Fonético Internacional]], era un alfabeto sen [[diacrítico]]s, pero si con [[dígrafo]]s. Foi creado no “International Institute of African Languages and Cultures” en [[Londres]].<ref>{{Cita web|título=Practical Orthography of African Languages|url=http://www.bisharat.net/Documents/poal30.htm|dataacceso=21 de febreiro de 2014}}</ref>

A partir dos anos sesenta do século XX tiveron lugar varias conferencias sobre a [[alfabetización]] en África ([[Abidjan]] e [[Ibadan]], 1964) nas que se recomendou a utilización das linguas maternas. Na conferencia de [[Bamako]] de 1966 fíxose un estudo sobre as transcricións existentes de distintas linguas, encamiñado ao seu desenvolvemento.<ref>{{Cita web|título=Rapport Final|url=http://www.bisharat.net/Documents/Bamako1966.htm|dataacceso=21 de febreiro de 2014}}</ref>
A partir dos anos sesenta do século XX tiveron lugar varias conferencias sobre a [[alfabetización]] en África ([[Abidjan]] e [[Ibadan]], 1964) nas que se recomendou a utilización das linguas maternas. Na conferencia de [[Bamaco]] de 1966 fíxose un estudo sobre as transcricións existentes de distintas linguas, encamiñado ao seu desenvolvemento.<ref>{{Cita web|título=Rapport Final|url=http://www.bisharat.net/Documents/Bamako1966.htm|dataacceso=21 de febreiro de 2014}}</ref>

A conferencia de [[Niamey]], que tivo lugar en xullo de 1978 estableceu o alfabeto para a harmonización das linguas da África subsahariana, tendo en conta especialmente as linguas faladas en varios países.<ref>{{Cita web|título=Report|url=http://www.bisharat.net/Documents/Niamey78en.htm|dataacceso=21 de febreiro de 2014}}</ref> Baseouse en gran medida no “International African Alphabet”.

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2014 ás 13:01

O Alfabeto africano de referencia é un alfabeto baseado no alfabeto latino proposto nunha conferencia organizada pola UNESCO en 1978. Foi creado para harmonizar as transcricións das linguas de África. O alfabeto ten como base a idea de relacionar unha letra para cada fonema, evitando os dígrafos.

Historia

International African Alphabet

Desde o século XIX desenvolvéronse varios alfabetos para transcribir as linguas africanas. Karl Richard Lepsius creou o “Standard Alphabet by Lepsius”,[1] baseado no alfabeto latino, para transcribir xeróglifos exipcios. Nas edicións posteriores incluíu outras linguas africanas.

En 1928 Diedrich Westermann liderou o grupo de lingüistas que desenvolveu o “Africa Alphabet”,[2] tamén chamado “International African Alphabet”. Baseado no Alfabeto Fonético Internacional, era un alfabeto sen diacríticos, pero si con dígrafos. Foi creado no “International Institute of African Languages and Cultures” en Londres.[3]

A partir dos anos sesenta do século XX tiveron lugar varias conferencias sobre a alfabetización en África (Abidjan e Ibadan, 1964) nas que se recomendou a utilización das linguas maternas. Na conferencia de Bamaco de 1966 fíxose un estudo sobre as transcricións existentes de distintas linguas, encamiñado ao seu desenvolvemento.[4]

A conferencia de Niamey, que tivo lugar en xullo de 1978 estableceu o alfabeto para a harmonización das linguas da África subsahariana, tendo en conta especialmente as linguas faladas en varios países.[5] Baseouse en gran medida no “International African Alphabet”.

En 1982 os lingüistas Michael Mann e David Dalby, que asistiran á conferencia de Niamey, propuxeron unha revisión do alfabeto. Este alfabeto constaba de sesenta letras, xa que incluía ʌ, ƈ, ç, ɠ, ɦ, ɟ, λ, , ƥ, ɽ, ƹ e Ɂ e suprimía c̱, ḏ, ẖ, q̱, ɍ, s̱, ṯ, x̱, ẕ. O cambio fundamental era que as letras só tiñan versión minúscula. Tamén propuxeron un teclado africano.[6]

O alfabeto

O alfabeto africano de referencia está composto por 57 letras, con maiúsculas e minúsculas.[7] Algúns dos grafemas consisten en letras latinas con sinais diacríticos, como trazos e ganchos:

Minúsculas a ɑ b ɓ c d ɖ ɗ ð
Maiúsculas A B Ɓ C D Ɖ Ɗ
Minúsculas e ɛ ǝ f ƒ g ɣ h i ɪ
Maiúsculas E Ɛ Ǝ F Ƒ G Ɣ H I ɪ
Minúsculas j k ƙ l m n ŋ o ɔ p q
Maiúsculas J K Ƙ L M N Ŋ O Ɔ P Q
Minúsculas r ɍ s ʃ t ƭ ʈ θ u
Maiúsculas R Ɍ S Ʃ T Ƭ Ʈ Ɵ U
Minúsculas ʊ v ʋ w x y ƴ z ʒ
Maiúsculas Ʊ V Ʋ W X Y Ƴ Z Ʒ

Na versión manuscrita aparecen as letras ḍ, ḥ, ṣ, ṭ e ẓ cun punto inferior en lugar dun macron inferior.

Na relación de grafemas inclúense tamén diacríticos sobrescritos (agudo ( ´ ), grave ( ` ), circunflexo ( ^ ), caron ( ˇ ), macron ( ¯ ), til ( ˜ ), diérese ( ¨ ) e punto superior (˙)) e nove signos de puntuación (punto, coma, punto e coma, parénteses, comiñas, signo de interrogación e signo de exclamación).

Notas

  1. Lepsius, Karl Richard; Whitney, W. D. (1864). On Lepsius’s Standard Alphabet. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  2. "African Alphabets" (PDF). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. "Practical Orthography of African Languages". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. "Rapport Final". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  5. "Report". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  6. SIL International (ed.). "The “International Niamey Keyboard” Layout". Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  7. "African Reference Alphabet". Consultado o 3 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas