Illa de San Martiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro iws
lig int
Liña 19: Liña 19:
| [[Capital]] || [[Marigot]] e [[Philipsburg]]
| [[Capital]] || [[Marigot]] e [[Philipsburg]]
|-
|-
| País || {{FRA}}<br>{{NLD}}
| País || [[Francia]], [[Países Baixos - Nederland|Holanda]]
|-
|-
| [[Lingua]]s ||
| [[Lingua]]s ||

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2014 ás 11:55

San Martín
Bandeira Escudo
Localización
Mapa de localización da illa de San Martín
[[]]
Datos
Capital Marigot e Philipsburg
País Francia
Países Baixos Países Baixos
Linguas
Poboación (2007) 73.397 hab.
Superficie 98 km²
Densidade 749 hab/km²
Concellos
Coordenadas 18°03′0″N 63°03′0″O / 18.05000, -63.05000
Maior Altura 414 m Pic Paradis
Para a illa situada na ría do Barqueiro, vexa Illa de San Martiño, O Vicedo
Para a illa situada no río Iguazú, vexa Illa de San Martín

A Illa de San Martiño (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km ao leste da illa de Porto Rico.

A illa, de 98 km² de superficie, e con 77.741 habitantes (2009), está dividida en dúas: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint-Martin, constituída en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.

Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.

Historia

Mapa da illa de San Martín. En verde, zona francesa; en laranxa, zona neerlandesa

A illa foi divisada polo navegante Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, día de San Martiño de Tours, en honra ao cal chamou á illa.

Os conquistadores holandeses chegaron a esta illa e habitárona desde os anos 1620. España reconquistou a illa en 1633 e fundaron un forte en Punta Branca. Baixo a dominación hispana, foron introducidos os primeiros escravos africanos. Con todo, estes entraron en maior cantidade durante o século XVIII como traballadores nas plantacións de cana de azucre dos franceses.

O 23 de marzo de 1648 foi asinado un acordo para dividir a illa entre os reinos de Francia e de Holanda. Desde ese entón ambos os territorios dependeron doutros territorios de ultramar de potencias estranxeiras. Xa a comezos do século XXI ambos territorios comezaron a esixir unha modificación aos estatutos de goberno. A zona francesa, que era unha comuna do departamento de ultramar de Guadalupe, decidiu escindirse, do mesmo xeito que a próxima illa de Saint-Barthélemy. Tras ser aprobado polo parlamento francés, San-Martín estableceuse como unha colectividade de ultramar o 22 de febreiro de 2007. En tanto, unha reforma importante que sufrirá as Antillas Neerlandesas durante 2007 permitirán que San Martiño teña un estátus similar ao que ostenta actualmente Aruba.

Demografía

Vista de Philipsburg, capital de Sint Maarten

A illa de San Martiño sufriu nos últimos anos un forte incremento demográfico, debido ao forte desenvolvemento do turismo. A inmigración preponderante é de ascendencia haitiana, francesa e dominicana. En 2002 estimábase unha poboación en Saint-Martin de 31.397, mentres en Sint-Maarten era de preto de 42.000 en 2005.

Aínda que os idiomas máis usados son o francés e neerlandés nas súas diversas variantes, mesturadas con dialectos caribeños, tamén está presente o español, cunha estimación de preto de 4.500 hispanoparlantes en toda a illa.

Deporte

Os principais deportes practicados son o sóftbol e o béisbol. O fútbol non é moi popular, con todo, ambas as partes da illa posúen seleccións deste deporte. A selección de fútbol de Saint-Martin e a selección de fútbol de Sint Maarten son na actualidade seleccionados asociados á CONCACAF e non pertencen á FIFA, pero probablemente co cambio nos seus estatutos durante 2007 puidesen ter acceso á membresía.[Cómpre referencia]

Transporte

Existen dous aeroportos na illa: o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana na parte holandesa, e o Aeroporto Grand-Case na francesa. O primeiro dos mencionados aeroportos é único no seu tipo, xa que a cabeceira da pista se atopa xunto á praia e é que numerosas persoas poden observar descender avións de gran porte a escasos metros da súa localización[1].

Notas

Véxase tamén

18°04′N 63°03′O / 18.067, -63.050Coordenadas: 18°04′N 63°03′O / 18.067, -63.050

Vista de satélite da illa

Ligazóns externas