Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3396563
Engado unha ligazón
Liña 17: Liña 17:


==Patrimonio==
==Patrimonio==
A igrexa parroquial é un templo orixinario do [[século XII]] con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]] e a [[ría de Pontevedra]].
A igrexa parroquial é un templo orixinario do [[século XII]] con diversas reconstrucións posteriores. O [[retablo]] maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]] e a [[ría de Pontevedra]].


Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2014 ás 11:50

Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111

Cerponzóns
Ficheiro:Cerponzóns.jpg
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra
Coordenadas42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111Coordenadas: 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación806 hab. (2008)
Entidades de poboación13
editar datos en Wikidata ]

San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2008 tiña un total de 806 habitantes, 422 homes e 384 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.

Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio

A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Neste río está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Lugares e parroquias

Lugares de Cerponzóns

Lugares da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra

A Balea | Bouza | O Bravo | O Castrado | A Costa | O Cunchido | A Ermida | Leborei | A Meán | Pidre | O Queimado | San Caetano | Tilve | Vigario

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

Outros artigos