Partido Popular Europeo (grupo parlamentario): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 772: Liña 772:
|-
|-
|
|
|[[Pobo da Liberdade]]
|[[O Pobo da Liberdade]]
|
|
|
|

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2014 ás 21:03

O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE[1] é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

Historia

Cargos de relevancia

O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os italianos Alcide de Gasperi (1954) e Giuseppe Pella (1954-56); o alemán Hans Furler, que o fixo en dous períodos, de 1956 a 1958 e de 1960 a 1962, e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o francés Robert Schuman (1958-60); os belgas Jean Duvieusart e Victor Leemans, de 1964 a 1965 e dese ano a 1966, respectivamente; o francés Alain Poher (1966-69); os italianos Mario Scelba (1969-71) e Emilio Colombo (1977-79); o francés Pierre Pflimlin (1984-87); o alemán Egon Klepsch (1992-94); o español|José María Gil-Robles (1997-97); a francesa Nicole Fontaine (1999-02), o alemán Hans-Gert Pöterring (2007-09); e o polaco Jerzy Buzek do 2009 ao 2012, que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.

Ademais, tamén pertenceron ao PPE cinco presidentes da Comisión Europea: o alemán Walter Hallstein, que foi o primeiro presidente da Comisión entre 1958 e 1967, o italiano Franco Maria Malfatti de 1970 a 1972, o francés François-Xavier Ortoli, entre 1973 e 1977, o luxemburgués Jacques Santer (1995-1999), e o portugués José Manuel Durão Barroso, que estivo no posto entre 2004 e 2014 e que é o segundo presidente de máis duración no cargo por detrás do socialdemócrata Jacques Delors.

Organización

O PPE ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.

Os presidentes do grupo do PPE foron:

Número Presidente País Partido Desde Ata
1. Maan Sassen Países Baixos Partido Popular Católico 1953 1958
2. Pierre Wigny Bélxica Partido Socialcristián 1958 1958
3. Alain Poher Francia Movemento Popular Republicano 1958 1966
4. Joseph Illerhaus República Federal Alemá Unión Democristiá (CDU) 1966 1969
5. Hans Lückerl República Federal Alemá Unión Democristiá (CDU) 1969 1975
6. Alfred Bertrand Bélxica Partido Popular Cristián 1975 1977
7. Egon Klepsch República Federal Alemá Unión Democristiá (CDU) 1977 1982
8. Paolo Barbi Italia Democracia Cristiá (DC) 1982 1984
9. Egon Klepsch República Federal Alemá Unión Democristiá (CDU) 1984 1992
10. Leo Tindemans Bélxica Partido Popular Cristián 1992 1994
11. Wilfred Martens Bélxica Partido Popular Cristián 1994 1999
12. Hans Gert Pöttering Alemaña Unión Democristiá (CDU) 1999 2007
13. Joseph Daul Francia Unión por un Movemento Popular (UMP) 2007 actualidade

Parlamentarios

Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do EPP, logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.

País Partido 1979 1984 1989 1994 1999 2004 2009 2014 Total Total por estado
Alemaña Alemaña Unión Demócrata Cristiá de Alemaña 34 34 25 39 43 40 34 249
Unión Social Cristiá de Baviera 8 7 7 8 10 9 8 57 306
Austria Austria Partido Popular Austríaco 7 6 6 19 19
Bélxica Bélxica Partido Socialcristián 1 1 1 1 19
Democristiáns de Flandres 7 4 5 4 3 3 3 29
Nova Alianza Flamenga 1 1
Fronte Democrática Francófona 1 1
Centro Demócrata Humanista 3 2 2 2 1 1 1 12 43
Bulgaria Bulgaria Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria 5 5
Unión de Forzas Democráticas 1 1 6
Chipre Chipre Reagrupación Democrática 2 2 4
Partido Europeo 1 0 1 5
Croacia Croacia Unión Democrática Croata
Dinamarca Dinamarca Partido Popular Conservador 1 4 2 3 1 1 1 13
Demócratas de Centro 1 1 14
Eslovaquia Eslovaquia Unión Demócrata Cristiá Eslovaca - Partido Democrático 3 2 5
Movemento Cristianodemócrata 3 2 5
Coalición Húngara 2 2 4 14
Eslovenia Eslovenia Partido Democrático Esloveno 2 2 4
Nova Eslovenia 2 1 3 7
España España Partido Popular 15 28 27 24 23 117
Unión Democrática de Cataluña 1 1 1 3 120
Estonia Estonia Unión pola Patria e a Res Pública 1 1 2 2
Finlandia Finlandia Coalición Nacional 4 4 3 11
Cristianodemócratas 1 0 1 2 13
Francia Unión pola Democracia Francesa 8 9 12 13 9 51
Centro Nacional de Independentes e Labregos 1 1
Democracia Liberal 6 6
Reagrupamento pola República 12 12
Unión por un Movemento Popular 17 24 31
Novo Centro 3 3
Esquerda Moderna 2 2 106
Grecia Grecia Nova Democracia 9 10 9 9 11 8 56 56
Hungría Hungría Alianza da Mocidade Demócrata (FIDESz) 12 12 24
Partido Popular Cristianodemócrata 1 1
Forum Demócrata Húngaro 1 1 26
Irlanda Irlanda Fine Gael 4 6 4 4 4 5 4 31
Independente: Dana Rosemary Scallon 1 1 32
Italia Italia Democracia Cristiá 29 26 26 51
Partido Popular do Tirol do Sur 1 1 1 1 1 1 1 7
Partido Popular Italiano 8 4 12
Pacto Segni 3 3
Forza Italia 22 16 38
Centro Cristián Democrático 2 2
Cristianodemócratas Unidos 2 5 7
Unión de Demócratas por Europa 1 1 1
Renovación Italiana 1 1
Partido dos Pensionistas 1 1 2
Unión de Centro 5 5 10
O Pobo da Liberdade 29 29 153
Modelo:LET Partido da Nova Era 2 1 3
Partido Popular 1 1
Unión Cívica 2 2 6
Lituania Lituania Unión Patriótica - Democratacristiáns de Lituania 2 4 6 6
Luxemburgo Luxemburgo Partido Popular Socialcristián 3 3 3 2 2 3 3 19 19
Malta Malta Partido Nacionalista 2 2 4 4
Países Baixos Países Baixos Chamada Democristiá 10 10 8 10 9 7 5 59 59
Polonia Polonia Plataforma Cívica 15 25 40
Partido Popular Polaco 4 3 7 47
Portugal Portugal Centro Democrático Social - Partido Popular 3 2 2 7
Partido Socialdemócrata 1 9 7 8 25 32
Reino Unido Reino Unido Partido Unionista do Úlster 1 1 1 1 4
Partido Conservador 18 36 27 82
Romanía Romanía Partido Demócrata Liberal 11 11
Unión Demócrata dos Húngaros de Romanía 3 3 14
Suecia Suecia Coalición Moderada 5 4 4 13
Democristiáns 2 1 1 4 17

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas