Karl Popper: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 62 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q81244
Nova Celandia -> Nova Zelandia
Liña 5: Liña 5:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En [[1937]], a ascensión do [[Nazismo]] levouno a emigrar para a [[Nova Celandia]], onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en [[1949]]. Foi nomeado cabaleiro da [[Raíña Isabel II]] en 1965, e electo para a sociedade real ([[Royal Society]]) en 1976. Retirouse da vida académica en [[1969]], a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en [[1994]]. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en [[1982]].
Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En [[1937]], a ascensión do [[Nazismo]] levouno a emigrar para a [[Nova Zelandia]], onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en [[1949]]. Foi nomeado cabaleiro da [[Raíña Isabel II]] en 1965, e electo para a sociedade real ([[Royal Society]]) en 1976. Retirouse da vida académica en [[1969]], a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en [[1994]]. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en [[1982]].


Popper recibiu varios premios e honras no seu campo, incluíndo o [[premio Lippincott]] da asociación americana de ciencia política, o [[premio Sonning]], e o estatuto de membro na sociedade real, na [[academia británica]], [[London School of Economics]], [[Kings College]] de Londres e o Darwin College de Cambridge.
Popper recibiu varios premios e honras no seu campo, incluíndo o [[premio Lippincott]] da asociación americana de ciencia política, o [[premio Sonning]], e o estatuto de membro na sociedade real, na [[academia británica]], [[London School of Economics]], [[Kings College]] de Londres e o Darwin College de Cambridge.

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2014 ás 16:10

Tumba de Karl Popper

Karl Raimund Popper, nado o 28 de xullo de 1902 e finado o 17 de setembro de 1994, foi un filósofo da ciencia austríaco e naturalizado inglés. É considerado por moitos como o filósofo máis influente do século XX en tematizar a ciencia. Foi tamén un filósofo social e político de estatura considerábel, un gran defensor da democracia liberal e un opoñente implacábel do totalitarismo.

É talvez mellor coñecido pola súa defensa da falseabilidade como un criterio da demarcación entre a ciencia e a non-ciencia, e pola súa defensa da sociedade aberta.

Traxectoria

Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En 1937, a ascensión do Nazismo levouno a emigrar para a Nova Zelandia, onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en 1949. Foi nomeado cabaleiro da Raíña Isabel II en 1965, e electo para a sociedade real (Royal Society) en 1976. Retirouse da vida académica en 1969, a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en 1994. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en 1982.

Popper recibiu varios premios e honras no seu campo, incluíndo o premio Lippincott da asociación americana de ciencia política, o premio Sonning, e o estatuto de membro na sociedade real, na academia británica, London School of Economics, Kings College de Londres e o Darwin College de Cambridge.

A filosofía de Popper

Popper cuñou o termo "Racionalismo Crítico" para describir a súa filosofía. Esta designación é significante e é un indicio da súa refutación do empirismo clásico e do observacionalismo-inductivista da ciencia, que resulta diso. Con todo, algúns académicos, incluíndo Ernest Gellner, defenden que Popper, aínda que non se ve como un positivista, atópase claramente máis próximo desta vía que da tradición metafísica ou dedutiva.

Popper argumentou que a teoría científica será sempre conxectural e provisoria. Non é posíbel confirmar a veracidade dunha teoría pola simple constatación de que os resultados dunha previsión efectuada con base naquela teoría se verificaron. Esa teoría deberá gozar apenas do estatuto dunha teoría non (ou aínda non) contrariada polos feitos.

O que a experiencia e as observacións do mundo real poden e deben tentar facer é atopar probas da falsidade daquela teoría. Este proceso de confronto da teoría coas observacións poderá probar a falsedade (falsify) da teoría en análise. Nese caso hai que eliminar esa teoría que se probou falsa e procurar unha outra teoría para explicar o fenómeno en análise. (Ver Falseabilidade).

Este aspecto é fulcral para a definición da ciencia. Científico é apenas aquilo que se suxeita a este confronto cos feitos. Ou sexa: só é científica aquela teoría que se poida falsear (refutar).

Unha afirmación que non poida confrontarse coa súa veracidade polo confronto coa realidade non é científica. Será talvez unha especulación metafísica.

Para Popper a verdade é inalcanzábel, aínda nos debemos aproximar a ela por tentativas. O estado actual da ciencia é sempre provisorio. Ao atoparmos unha teoría non refutada aínda polos feitos e polas observacións, debemos preguntarnos, será que é así ? Ou será que podo demostrar que é falsa ? Einstein é o mellor exemplo dun científico que rompeu coas teorías da física estabelecidas.

Popper debruzouse intensamente coa teoría Marxista e coa filosofía que lle é subxacente, de Hegel, retirándolles calquera estatuto científico. O mesmo en relación á psicanálise, cuxas teorías subxacentes non son falseábeis (refutábeis).

O seu traballo científico influenciouse polo seu estudo da teoría da relatividade de Albert Einstein.

Diferenzas entre Popper e Francis Bacon

Comparando o método científico de Karl Popper coa visión baconiana da ciencia, Ernest Gellner afirma en "Relativism and the social sciences" ("Relativismo e as ciencias sociais"):

  • a definición do método científico de Popper difire da versión baconiana de empirismo pola súa énfase na eliminación en vez da énfase na verificación. Porén eles teñen en común un determinado punto: quer nós verifiquemos ou refutemos, de calquera forma facémolo coa axuda de dúas ferramentas e apenas dúas: a lóxica e a confrontación cos feitos. As teorías xúlganse por dous xuíces: consistencia lóxica e conformidade cos feitos. A diferenza entre os dous modelos sitúase apenas en saber se os feitos condenan os pecadores ou canonizan os santos. Para o novo Popper había algúns pecadores apropiadamente certificados, mais nunca santos definitivamente canonizados.

Seguidores

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas