Francisco Cabo Pastor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Xas (conversa | contribucións)
m corixo erro
Liña 4: Liña 4:
Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Foi médico das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]]. Anticaciquil, foi partidario da emigración, postura que cambiou coa participación en [[Solidaridad Gallega]] xunto co seu amigo [[Rodrigo Sanz]], e despois en [[Acción Gallega]]. A partir de [[1916]] incorpórase ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. Foi tesoureiro das [[Irmandade da Fala|Irmandades da Fala]] de Ferrol.

Foi conferenciante e colaborou en ''[[El Correo Gallego]]'', ''Galicia'' e ''[[Juventud (Ferrol)|Juventud]]'' de Ferrol, ''[[Cultura Campesina]]'' de [[Fene]], ''[[Antorcha]]'', de [[Cedeira]] e ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.
Foi conferenciante e colaborou en ''[[El Correo Gallego]]'', ''Galicia'' e ''[[Juventud (Ferrol)|Juventud]]'' de Ferrol, ''[[Cultura Campesina]]'' de [[Pontedeume]], ''[[Antorcha]]'', de [[Cedeira]] e ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.

==Obras==
==Obras==

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2014 ás 19:38

Francisco Cabo Pastor, nado en Ferrol en 1872 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1973, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Foi médico das Pontes de García Rodríguez. Anticaciquil, foi partidario da emigración, postura que cambiou coa participación en Solidaridad Gallega xunto co seu amigo Rodrigo Sanz, e despois en Acción Gallega. A partir de 1916 incorpórase ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. Foi tesoureiro das Irmandades da Fala de Ferrol.

Foi conferenciante e colaborou en El Correo Gallego, Galicia e Juventud de Ferrol, Cultura Campesina de Pontedeume, Antorcha, de Cedeira e A Nosa Terra. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.

Obras

Obras en galego

Publicou en 1908 ¡Despertad, gallegos! un berro de liberdade e de protesta en contra do caciquismo. En 1919 apareceu Versos Gallegos. Cantigas e cousas da Nosa Terra. En 1924 publicou La Universidad Gallega (Aportaciones para su autonomía). E en 1929 a novela curta Sempre noiva na colección Céltiga.

Obras en castelán

En 1924 apareceu en Madrid Los Une-Borricos. Poema medieval agrario, humorístico e xocoso. E en 1934 publicou Camino de hierro. Apuntes de un ciego en un viaje de El Ferrol a Madrid. En 1935 apareceu Tertulia de rebotica.

Véxase tamén

Ligazóns externas