Diferenzas entre revisións de «Antoine de Saint-Exupéry»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (*voltar -> volver)
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] escapou á cidade de [[Nova York]], pero volvería pouco máis tarde para voar xunto ás forzas aliadas nun escuadrón instalado na área do [[Mediterráneo]]. Á idade de 43 anos atopábase disposto a abandonar a aviación, pero a súa aeronave de recoñecemento, un [[Lockheed Lightning P-38]] (coñecido tamén como F-5), estrelouse no [[Mar Mediterráneo]] no que foi a súa última misión. En [[1998]], un brazalete de prata foi atopado por un pescador ao leste da illa de Riou, preto do lugar da desaparición na costa de [[Marsella]] e identificado como pertencente a Saint-Exupéry: estaba gravado cos nomes da súa esposa e os seus editores, Reynal & Hitchcock, e estaba enganchado a unha peza de tea do seu traxe de piloto. En [[abril]] de [[2004]] o Departamento de Investigacións Arqueolóxicas Submarinas francés confirmou que os restos do avión extraídos en [[outubro]] de [[2003]] da zona onde se atopou o brazalete pertencían ao avión de Saint-Exupéry. A esta conclusión chegouse logo de comprobar que o número de matrícula dos restos corresponden co do escritor segundo os arquivos da USAF. En todo caso as circunstancias concretas do accidente seguen sen coñecerse.
 
Aínda que non sempre autobiográfico, o traballo de Saint-Exupéry foi inspirado en gran medida pola súa experiencia como piloto nos seus voos postais. Unha excepción é ''Le Petit Prince'' ([[O Principiño]]), o seu libro máis famoso, un relato poético ilustrado no cal el imaxínase varado no medio do deserto, onde coñece ao principiño, un neno provinteproveniente dun pequeno asteroide. De moitas formas, O Principiño é unha historia filosófica, con énfase na crítica social e o mundo adulto. A un asteroide (#2578) foille outorgado o nome de Saint-Exupéry en [[1975]] en honor ao seu recoñecemento mundial.
 
En [[1931]], Saint-Exupéry casou con [[Consuelo Suncin]] Sandoval de Gómez (falecida en [[1979]]), unha escritora e artista [[O Salvador|salvadoreña]] enviuvada dúas veces, que foi modelo para a "rosa temperamental" no Principiño.
107.237

edicións

Menú de navegación