Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
=== Evolución ===
As persoas que inxeriron unha sobredose de paracetamol, polo xeral non presentan [[síntoma]]s durante as primeiras 24 horas. Aínda que inicialmente son síntomas comúns [[náusea]]s, [[vómito]]s e [[diaforesisdiaforese]], estes remiten pasadas varias horas. Tras aliviarse estes síntomas, os pacientes experimentan unha melloría, podendo chegar a pensar que o peor pasou. Con todo, tras inxerir unha dose tóxica, tras estes síntomas produciríase un fallo hepático.
 
O dano dáse xeralmente nos [[hepatocito]]s a medida que van metabolizando o paracetamol. Con todo, tamén pode darse insuficiencia renal aguda. Isto tamén é causado xeralmente por un fallo hepatorenal ou por un fallo orgánico múltiple. A manifestación clínica principal da intoxicación tamén podería ser a insuficiencia renal aguda. Nestes casos, é posible que o metabolito tóxico sexa producido en máis cantidade nos riles que no fígado.
 
O prognóstico da sobredose por paracetamol varía dependendo da dose e o tratamento empregado. Nalgúns casos, a necrose hepática masiva dá como resultado un fallo hepático fulminante, con complicacións como [[hemorraxia]]s, [[hipoglicemia]], insuficiencia renal, [[encefalopatía]] hepática, [[edema]] cerebral, [[sepsissepse]], fallo orgánico múltiple e morte en poucos días. En moitos casos, a necrose hepática pode continuar, volver a función hepática normal e o paciente pode sobrevivir cunha función hepática normal nun prazo de poucas semanas.
 
=== Diagnóstico ===
190.249

edicións

Menú de navegación