Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m
A dose tóxica de paracetamol é moi variable. En adultos, doses únicas por encima de 7,5 g ou 150 mg/kg teñen unha probabilidade razoable de causar hepatotoxicidade. En adultos, doses de máis de 25 gramos son potencialmente letais. Tamén pode darse hepatotoxicidade cando doses pequenas pero múltiples superan ditas cantidades en 24 horas, ou mediante inxesta crónica de pequenas doses. Con todo, a sobredose involuntaria de paracetamol en nenos raramente ten como resultado este tipo de toxicidade. Este feito podería atribuírse en parte ao sistema do citocromo P450, inmaturo aínda nos nenos. O consumo excesivo de alcol pode afectar a función [[ril|renal]] e incrementar a toxicidade do paracetamol. Por esta razón, tras grandes inxestas de alcol recoméndanse outros analxésicos como o [[ibuprofeno]] ou o ácido acetilsalicílico.
 
Algunhas persoas son máis propensas á hepatotoxicidade, mesmo con doses baixas como 4 gramos/día, e as doses letais poden baixar até 6 g/día. O [[xaxún]] é un [[factor de risco]], posiblemente debido á redución das reservas de glutatión do fígado. Está ben documentado que o uso en combinación con inductores do CYP2E1 como a [[isoniazida]] potencia a hepatotoxicidade, aínda que dita relación non está do todo clara.<ref>Crippin JS (1993). "Acetaminophen hepatotoxicity: potentiation by isoniazid". ''Am J Gastroenterol'' '''88''' (4): 590-2. PMID</ref><ref>Nolan CM, Sandblom RE, Thummel KE, Slattery JT, Nelson SD (1994). "Hepatotoxicity associated with acetaminophen usage in patients receiving multiple drug therapy for tuberculose". ''Chest'' '''105''' (2): 408-11. PMID</ref> O [[alcoholismo]], que tamén dá como resultado a produción de CYP2E1, tamén aumenta o risco de hepatotoxicidade do paracetamol.<ref>Zimmerman HJ, Maddrey WC (1995). "Acetaminophen (paracetamol) hepatotoxicity with regular intake of alcol: analysis of instances of therapeutic misadventure". ''Hepatology'' '''22''' (3): 767-73. PMID</ref> O uso en combinación con outros medicamentos que inducen a síntese de [[encima]]s [[citocromo P450|CYP]], como os [[antiepilépticos]] ([[carbamazepina]], [[fenitoína]], [[barbitúrico]]s, etc) tamén foron presentados como factores de risco.
 
=== Evolución ===
190.249

edicións

Menú de navegación