Domingo Fontán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XAVIER (conversa | contribucións)
Nova páxina: Domingo Fontán Rodríguez, foi un dos maiores ilustrados do seu tempo, coñecido sobre todo por se-lo autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Nado no concello d...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2007 ás 13:02

Domingo Fontán Rodríguez, foi un dos maiores ilustrados do seu tempo, coñecido sobre todo por se-lo autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Nado no concello das Portas (Pontevedra) e morto en 1866 en Santa María dos Baños de Cuntis (Pontevedra).

Fontán pasou boa parte da súa vida vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, onde primeiramente cursou os estudos de Filosofía, matriculandose o longo dos anos en Leis e Canónes, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso 1813-14 substituíu ó titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. En 1817 escomeza os seus traballos de medición para realizar a Carta Xeométrica de Galicia, traballo no que investira dezasete anos da súa vida e polo que será lembrado ata hoxe. En 1834 rematará os traballos da carta e presetaralla oficialmente á Raiña Gobernadora, María Cristina, que mandará imprimi-la, non podendose realizar esta tarefa ata o ano 1845 en Paris. Este foi o primeiro mapa realizado en España con metodos científicos e medicións matemáticas.

Coñecido polas súas ideas liberais, sería elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando iste escano ata 1843 no que se retirou a Galicia. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e da loita contra o caciquismo.

En Galicia participaria na creación da primeira fabrica de Papel que foi construida en Lousame, traballando tamén no deseño do trazado da primeira liña férra de Galicia en 1858, a unión entre Santiago e Carril, que sería aprobado polas cortes en 1861, non sendo inagurado ata dez anos despois.