Portal:Historia/Artigo destacado/11: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m JaviP96 moveu a páxina "Portal:Historia/Artigo Destacado/11" a "Portal:Historia/Artigo destacado/11" sen deixar unha redirección
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 1: Liña 1:
{{Portal:Historia/Artigo Destacado/modelo
{{Portal:Historia/Artigo destacado/modelo
|imaxe=HMS Queen Mary Jutland.jpg
|imaxe=HMS Queen Mary Jutland.jpg
|tamaño=200px
|tamaño=200px

Revisión actual feita o 28 de febreiro de 2014 ás 20:17

Explosión do cruceiro de batalla británico "HMS Queen Mary", ocurrido durante a batalla de Xutlandia, o 31 de maio de 1916. Dos 1.266 membros da tripulación, só 20 foron rescatados.

A batalla de Xutlandia (alemán: Skagerrakschlacht) foi unha batalla naval que enfrontou á Grand Fleet da Royal Navy (que tamén incluía barcos e persoal individual da Royal Australian Navy e a Royal Canadian Navy) contra a Hochseeflotte da Kaiserliche Marine durante a Primeira Guerra Mundial. A batalla tivo lugar entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 1916 no mar do Norte preto de Xutlandia, Dinamarca. Foi a meirande batalla naval e o único enfrontamento a gran escala do conflito. Foi o terceiro encontro entre acoirazados de aceiro, tras as máis pequenas, pero tamén máis decisivas batallas do Mar Amarelo (1904) e de Tsushima (1905) durante a guerra ruso-xaponesa.

Tralo fin da batalla, ámbalas dúas partes reclamaron a vitoria. Os británicos perderon máis barcos e o dobre de mariñeiros, e a prensa do país criticou o fracaso da Grand Fleet para forzar un resultado decisivo, pero o plan de Scheer de destruír unha parte substancial da frota británica tamén fracasou. A "frota en potencia" alemá continuaba sendo unha ameaza, requirindo aos británicos manter os seus acoirazados concentrados no mar do Norte, pero a batalla confirmou a política xermana de evitar calquera contacto entre frotas. Ao final do ano, despois de máis infrutuosos intentos de reducir a vantaxe numérica da Royal Navy, a Kaiserliche Marine volveu os seus esforzos e recursos á guerra submarina sen restricións coa destrución de barcos aliados e neutrais, o que levaría en abril de 1917 á entrada dos Estados Unidos no conflito.