Mosteiro: Diferenzas entre revisións
Liña 10: | Liña 10: | ||
[[Ficheiro:Mosteiro de San Xulián de Samos.jpg|miniatura|esquerda|300px|Claustro do [[Mosteiro de San Xulián de Samos]]]] |
[[Ficheiro:Mosteiro de San Xulián de Samos.jpg|miniatura|esquerda|300px|Claustro do [[Mosteiro de San Xulián de Samos]]]] |
||
[[San Bieito]], no [[Occidente]], foi o primeiro a crear a estrutura |
[[San Bieito]], no [[Occidente]], foi o primeiro a crear a estrutura dun convento. Despois, ao traballo da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]], xuntouse o das [[cruzada]]s desde o [[século XII]] nas [[Orde militar|Ordes militares]], e o dos apostolados nas [[Orde mendicante|Ordes mendicantes]]. Os conventos, fose cal fose o estilo [[arquitectura|arquitectónico]] da súa construción, tiveron sempre unha [[traza]] fundamentalmente igual, debido ás exixencias da vida [[relixión|relixiosa]] en [[Congregación|comunidade]]: a igrexa conventual co [[Coro (arquitectura)|coro]]; o [[claustro]] onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en comun; a sala do [[capítulo]] para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e a [[biblioteca]]; encima, a toda a volta, corrian os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo e [[agricultura|cultivo]]. |
||
A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o [[feudalismo]], na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a '''Le Golf''': ''"pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade"'' <ref> Prefacio do libro de A.Guerreau ''"Le feudalisme. Un horizon theorique".'' [[París]]. Le Sycomore. ([[1980]]). Páx. 13. </ref> |
A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o [[feudalismo]], na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a '''Le Golf''': ''"pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade"'' <ref> Prefacio do libro de A.Guerreau ''"Le feudalisme. Un horizon theorique".'' [[París]]. Le Sycomore. ([[1980]]). Páx. 13. </ref> |
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2014 ás 17:49
Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.
Definición
O termo convento, do latín conventus que significa "asemblea", procede orixinalmente da asemblea romana onde os cidadáns se reunian para fins administrativos ou de xustiza (conventum iuridicum). Posteriormente pasouse a utilizar con sentido relixioso, relativamente ao monasticismo cando, para mellor servir e amar a Deus, os homes se retiraban do mundo, primeiro soiños, despois en grupos de monxes (comunidades relixiosas), para edificios concebidos para o efeito, os conventos. En termos xerais, ainda que convento sexa sinónimo de mosteiro (algunhas persoas pensan, erradamente, que os mosteiros se destinan a homes e os conventos, a mulleres), a palabra convento pode ser, especificamente utilizada para as ordes monásticas de vida activa, mentres que mosteiro se aplica, en xeral, a ordes contemplativas, vocacionadas para a clausura - mais tal diferenciación non presenta unanimidade existindo diversos posicionamentos doutrinais.
Os mosteiros de Occidente
San Bieito, no Occidente, foi o primeiro a crear a estrutura dun convento. Despois, ao traballo da Igrexa, xuntouse o das cruzadas desde o século XII nas Ordes militares, e o dos apostolados nas Ordes mendicantes. Os conventos, fose cal fose o estilo arquitectónico da súa construción, tiveron sempre unha traza fundamentalmente igual, debido ás exixencias da vida relixiosa en comunidade: a igrexa conventual co coro; o claustro onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en comun; a sala do capítulo para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e a biblioteca; encima, a toda a volta, corrian os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo e cultivo.
A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o feudalismo, na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a Le Golf: "pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade" [1]
O cristiano medieval fixo dos mosteiros uns dos centros mais beneficiados das súas actitudes piadosas co obxecto de procurar os seus servizos relixiosos para que actuaran como intermediarios entre Deus e os fieis. Reciben limosnas e doazóns a cambio de actuar como axentes redentores que interceden polos fieis na procura da salvación da súa alma.
Podemos falar logo de que o cristiano medieval buscou o mosteiro tanto na vida como na morte.
Os mosteiros en Galicia
- Artigo principal: Mosteiros e conventos de Galicia.
A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á Orde de Cluny foi promovida durante o reinado de Afonso VI (metade do século XII) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galeegos acolléronse a reforma do Císter. Durante toda a Idade Media os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa linaxe e economía. En tempos dos Reis Católicos o Papa ordea a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do Mosteiro de San Martiño Pinario e os de mulleres do Convento de San Paio de Antealtares.