Frédéric Mistral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito redirección
+ cats
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Mistral.jpg|miniatura|dereita|200px|Frédéric Mistral]]
[[Ficheiro:Mistral.jpg|miniatura|dereita|200px|Frédéric Mistral]]
'''Frédéric Mistral''', nado en [[Maillane]] o [[8 de setembro]] de [[1830]] e finado o [[25 de marzo]] de [[1914]], foi un [[escritor]] e [[lexicografía|lexicógrafo]] [[Francia - France|francés]] en [[lingua occitana]], membro fundador do [[Félibrige]], membro da [[Academia de Marsella]] e [[Premio Nobel de literatura]] en [[1904]].
'''Frédéric Mistral''', nado en [[Maillane]] o [[8 de setembro]] de [[1830]] e finado o [[25 de marzo]] de [[1914]], foi un [[escritor]] e [[lexicografía|lexicógrafo]] [[Francia|francés]] en [[lingua occitana]], membro fundador do [[Félibrige]], membro da [[Academia de Marsella]] e [[Premio Nobel de literatura]] en [[1904]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Liña 50: Liña 50:
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura]]
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura]]
[[Categoría:Nados en Francia]]
[[Categoría:Nados en 1830]]
[[Categoría:Finados en 1914]]

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2014 ás 15:21

Frédéric Mistral

Frédéric Mistral, nado en Maillane o 8 de setembro de 1830 e finado o 25 de marzo de 1914, foi un escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana, membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904.

Traxectoria

Nado o 8 de setembro de 1830 en Maillane, na Provenza, fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet, polos cales emparentaba coas máis antigas familias de Provenza : Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vencelladas entre elas mesmas ; marqueses de Aurel), non foi á escola ata os nove anos de idade.


Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 e 1851, facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal «pimeira lingua literaria da Europa civilizada». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo: «de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...); de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...); de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía». Para Mistral, a palabra raza designa un «pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia».

Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón: "En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa produción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademais, polo seu significativo labor como filólogo provenzal".

Casado cunha borgoñona, Marie-Louise Rivière, da que non tería descendencia, falece o 25 de marzo de 1914 en Maillane.

Félibrige

De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas cataláns expulsados de España por Isabel II.

Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de lingua occitana.

Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.

Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige

Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da lingua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.

Mirèio

A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863. Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar especialmente de Saintes Maries de la Mer.

Obras

Véxase tamén