Armiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
| name = Armiño
| name = Armiño
| status = LC
| status = LC
| status_system = iucb3.1
| status_system = iucn3.1
| status_ref = <ref name=iucn>{{IUCN2008|assessors=Reid, F. & Helgen, K. |year=2008|id=29674|title=Mustela erminea|downloaded=21 March 2009}} Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern</ref>
| status_ref = <ref name=iucn>{{IUCN2008|assessors=Reid, F. & Helgen, K. |year=2008|id=29674|title=Mustela erminea|downloaded=21 March 2009}} Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern</ref>
| image = Mustela erminea upright.jpg
| image = Mustela erminea upright.jpg

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2014 ás 00:10

Armiño
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Mustela
Especie: M. erminea
Nome binomial
Mustela erminea
(Carl von Linné, 1758)
Distribución en Galiza
Distribución en Galiza

Distribución en Galiza
Distribución no mundo (verde: nativa, vermello: introducida)
Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida)

Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida)

O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun tobo coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.

Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación. O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.

Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.

Antigamente cazábase ao armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD

  1. Reid, F. & Helgen, K. (2008). "Mustela erminea". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 21 March 2009.  Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern