Renacemento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 50: Liña 50:
Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.
Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.


En Florencia o desenvolvimento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos [[Médici]], as primeiras obras que desde aquí han extenderse ó resto de Italia.
En Florencia o desenvolvimento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos [[Medici]], as primeiras obras que desde aquí han extenderse ó resto de Italia.


== Artistas importantes ==
== Artistas importantes ==

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2014 ás 04:11

O concepto Renacemento ou Renacenza[1] aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüídade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".[2].

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara o resto de Italia e despois cara praticamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Contexto histórico

Durante a época do Renacemento, han producirse varios cambios en Europa. Entre os máis importantes cabe destacar:

  1. O crecemento demográfico debido á mellora na alimentación e na medicina. Pese a isto, houbo infeccións devastadoras nesta época como a sífile.
  2. Unha importante alza nos prezos debido á introdución en Europa de grandes cantidades de ouro e prata traídos de América tralo seu recente descubrimento en 1492. A conquista do Novo Mundo estabelecerá ademais novas e importantes rutas de comercio, o que derivará nunha mellora na economía.
  3. A aparición da Reforma protestante, que dará lugar a unha divisón na Igrexa Católica e provocará enfrontamentos entre as nacións Europeas.

Etapas

Diferentes etapas históricas marcan o desenvolvemento do Renacemento:

Quattrocento

A primeira ten como espazo cronolóxico todo o século XV, é o denominado Quattrocento, e comprende o Renacemento que se desenvolve en Italia.

Cinquecento

A segunda, afecta ó século XVI, Cinquecento, cando se torna nun movemento universal europeo; o seu dominio artístico queda referido ó Alto Renacemento, que se centra no primeiro cuarto de século. Esta etapa desemboca cara 1520-1530 nunha reacción anticlásica que conforma o Manierismo. Ocorren entón ademais a Contrarreforma, que instaura o Barroco como estilo oficial da Igrexa Católica. Na literatura destacan Ludovico Ariosto, Torcato Taso e Maquiavelo, xa na pintura destacaron Rafael e Michelangelo.

Mentres que en Italia estaba a se desenvolver o Renacemento, no resto de Europa mantense o gótico nas súas formas tardías, situación que se ha manter, exceptuando casos concretos, ata comezos do século XVI.

En Italia o enfrontamento e a convivencia coa antigüidade clásica, considerada como un legado nacional, proporcionou unha ampla base para unha evolución estilística homoxénea e de validez xeral. Por iso, alí, é posible o seu xurdimento e precede a tódalas demais nacións.

Fóra de Italia a Antigüidade Clásica suporá un caudal académico asimilable, e o desenvolvimento do Renacemento dependerá constantemente dos pulos marcados por Italia. Artistas importados desde Italia ou formados alí, fan o papel de verdadeiros transmisores.

Características

De forma xenérica pódense estabelecer as características do Renacemento en:

  1. A volta á Antigüidade. Rexurdirán tanto as antigas formas arquitectónicas, como a orde clásica, a utilización de motivos formais e plásticos antigos, a incorporación de antigas crenzas, os temas de mitoloxía, de historia, así como a adopción de antigos elementos simbólicos. Con iso o obxectivo non vai ser unha copia servil, senón a penetración e o coñecemento das leis que sustentan a arte clásica.
  2. Xurdimento dunha nova relación coa Natureza, que vai unida a unha concepción ideal e realista da ciencia. A matemática vaise converter na principal axuda dunha arte que se preocupa incesantemente en fundamentar racionalmente ao seu ideal de beleza. A aspiración de acceder á verdade da Natureza, como na Antigüidade, non se orienta cara ó coñecemento de fenómeno casual, senón cara á penetración da idea.
  3. O Renacemento fai ao ser humaho medida de tódalas cousas. Como arte esencialmente cultural, presupón no artista unha formación científica, que o fai liberarse de actitudes medievais e erguerse ó máis alto rango social.

Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó século XIV cando, co Humanismo, progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola literatura clásica, que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.

Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan Venecia, Florencia, Milán, o Estado Pontificio e Nápoles.

A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.

Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.

En Florencia o desenvolvimento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos Medici, as primeiras obras que desde aquí han extenderse ó resto de Italia.

Artistas importantes

Leonardo da Vinci, Dama cun armiño, Czartoryski Museum, Kraków

Notas

  1. Forma sinónima en galego pola Real Academia Galega - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=renacenza&sinom=0&homonimo=
  2. Renacemento. Enciclopédia Itaú Cultural. [1]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bartlett, Kenneth, The Civilization of the Italian Renaissance: A Sourcebook (segunda edición. 2011)
  • Cronin, Vincent (1969), The Flowering of the Renaissance, ISBN 0-7126-9884-1
  • Cronin, Vincent (1992), The Renaissance, ISBN 0-00-215411-0
  • Campbell, Gordon. The Oxford Dictionary of the Renaissance. (2003). 862 pp. en liña en OUP
  • Ergang, Robert (1967), The Renaissance, ISBN 0-442-02319-7
  • Ferguson, Wallace K. (1962), Europe in Transition, 1300–1500, ISBN 0-04-940008-8
  • Fletcher, Stella. The Longman Companion to Renaissance Europe, 1390–1530. (2000). 347 pp.
  • Grendler, Paul F., ed. The Renaissance: An Encyclopedia for Students. (2003). 970 pp.
  • Grendler, Paul F. "The Future of Sixteenth Century Studies: Renaissance and Reformation Scholarship in the Next Forty Years," Sixteenth Century Journal Spring 2009, Vol. 40 Issue 1, pp 182
  • Hale, John. The Civilization of Europe in the Renaissance. (1994). 648 pp.
  • Hattaway, Michael, ed. A Companion to English Renaissance Literature and Culture. (2000). 747 pp.
  • Jensen, De Lamar (1992), Renaissance Europe, ISBN 0-395-88947-2
  • Nauert, Charles G. Historical Dictionary of the Renaissance. (2004). 541 pp.
  • Paoletti, John T. and Gary M. Radke. Art in Renaissance Italy (4th ed. 2011)
  • Robin, Diana; Larsen, Anne R.; and Levin, Carole, eds. Encyclopedia of Women in the Renaissance: Italy, France, and England (2007) 459p.
  • Ruggiero, Guido, ed. A Companion to the Worlds of the Renaissance. (2002). 561 pp.

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link GA Modelo:Link GA Modelo:Link FA