Paul Morand: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q272
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1888 mediante HotCat
Liña 141: Liña 141:
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Nados en 1888]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2014 ás 00:27

Paul Morand.

Paul Morand, nado en París o 13 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 23 de xullo de 1976, foi un novelista, ensaísta, poeta e diplomático francés. Está considerado un dos pais do estilo moderno en literatura, así como un referente da denominada dereita literaria francesa.

Traxectoria

Un peso importante na vida de Morand recaeu na figura do pai, Eugène, quen ocupara en París varias funcións vinculadas á arte: conservador do Depósito de mármores en 1902, director da Escola Nacional Superior das Artes Decorativas en 1908. Frecuenta asi mesmo os poetas, tal que o círculo de Mallarmé, os artistas e os escultores, entre eles Rodin. Paul Morand viaxou repetidas veces a Londres durante a súa mocidade en 1902, 1903, 1904, 1908, 1909 e 1913. Visita tamén Venecia e, cada verán, queda durante un mes preto do Lago de Como.

Sede da Academia francesa á que Paul Morand pertenceu.

Suspendeu o oral de filosofía no bacharelato, en 1905. Jean Giraudoux converteuse no seu preceptor e Paul transformouse daquela nun alumno asiduo. Ingresa na Escola Libre de Ciencias Políticas. Máis tarde acadou un posto na Plataforma de Orsay e comezou a frecuentar os medios literarios, coñecendo alí a Marcel Proust e e compondo os seus primeiros poemas, malia que non será até 1921 cando verdadeiramente lle finque o dente á literatura coa publicación da súa primeira obra en prosa, Tenras existencias, un libro de noticias prologado por Proust.

Nos anos 1920-30, escribe numerosos libros, relatos de viaxe, novelas breves e noticias, que chocan polo tallante do estilo, o xenio da fórmula e a vivacidade do relato, pero tamén pola fina descrición dos países visitados polo autor ou mais polas rigorosas descrición dos seus personaxes, xeralmente grandes burgueses cultivados e exquisitos.

Guerra e exilio

Un dos feitos notables da vida de Morand é a súa actitude durante a segunda guerra mundial, é dicir, a súa proximidade ao réxime de Vichy.

Despois de ser xubilado de oficio en 1940, é nomeado, no momento da volta de Pierre Laval ao goberno en 1943, embaixador de Francia en Romanía, país da súa esposa, Hélène Soutzo, grega de Trieste e princesa romanesa. De aí muda cara a Suíza, e ao remate da Guerra erixise en embaixador francés en Berna, feito que despois sería revogado e lle habería valer o exilio, tamén en Suíza.

Nos anos de exilio, Morand conságrase á Literatura, marcada esta sobre todo por un interese renovado pola Historia. Vólvese tamén, con Jacques Chardonne, o modelo e o protector dunha nova xeración de escritores, que se coñece como os Húsares.

Últimos anos

A súa actitude durante a Guerra supúxolle unha forte inimizade co xeneral de Gaulle, protector da Academia, que impediu durante moito tempo a súa entrada na Academia francesa. Porén, entrou nela o 24 de setembro de 1968, na cadeira de Maurice Garçon, un dos seus máis feroces adversarios no momento da elección malograda de 1958.

Morand morreu no hospital Laennec en París; as súas cinzas foron entón mesturadas coas da súa esposa, morta ano e medio antes, en Trieste, a súa cidade natal.

Obra

Paul Morand destacou coma escritor prolífico e moi variado. Tirante a correspondencia e algúns libros de difícil clasificación, velaquí a listaxe da súa obra por orde cronolóxica:

Poemas

  • Lampes à Arc, (Paris, Sans Pareil, 1920)
  • Feuilles de Température (Paris, Sans Pareil, 1920)
  • Poèmes complets (1914-1924) (Sans Pareil, 1924)
  • Poèmes (Toulouse, éditions Richard, 1928)
  • U.S.A, poèmes (ans Pareil, fóra de catálogo, 1928)

Relatos e novelas

  • Les Extravagants, (Ed. Gallimard, N.R.F, 1986)
  • Tendres Stocks, (N.R.F., 1921)
  • Ouvert la Nuit, (N.R.F., 1922)
  • Fermé la Nuit, (N.R.F., 1923)
  • Lewis et Irène, (Grasset, 1924)
  • La Fleur Double (Emile-Paul, 1924)
  • Les Amis Nouveaux (Sans Pareil, 1924)
  • East India and Compagny, (Nova York,1927)
  • Les Plaisirs Rhénans (Dusseldorf, 1926)
  • Mr. U (Edición dos Cadernosa Libres, 1927)
  • Chronique du XXe siècle :
    • I. L'Europe Galante(Vertès, 1917)
    • II. Bouddha Vivant (Grasset et Calmann-Lévy, 1927)
    • III. Magie Noire (Grasset, 1928)
    • IV. Champions du Monde (Grasset, 1930)
  • À la Frégate, (París, Les Éditions du Portique, 1930)
  • Les rois du jour - Flèche d'Orient, (N.R.F., 1932)
  • Rococo, (Grasset,1933)
  • France-la-doulce" (N.R.F., 1934)
  • Rond-point des Champs-Elysées (Grasset, 1935)
  • L'Homme Pressé, (Gallimard, 1941)
  • Feu M. le Duc, (Xenebra, Milieu du Monde, 1942)
  • Le bazar de la Charité, (Xenebra, Club des bibliophiles, 1944)
  • À la Fleur d'Oranger, nouvelles (Vevey, Éditions de la Table Ronde, 1945)
  • Montociel, Rajah aux Grandes Indes, (Xenebra, Éditions du Cheval Ailé, 1947)
  • Le Dernier Jour de l'Inquisition, (Vevey, la Table Ronde, 1946)
  • Les Extravagants. Milady seguido de Monsieur Zéro, (Gallimard, 1936)
  • Le Dernier Jour de l'Inquisition, (Vevey, La Table Ronde, 1947)
  • Le Flagellant de Séville, (Fayard, 1951)
  • Le Coucou et le Roitelet, (Éditions du Tambourinaire, 1954)
  • Hécate et ses chiens, (Flamarion, 1954)
  • La Folle amoureuse, (Stock, 1956)
  • Fin de siècle, (Stock, 1957)
  • Le Prisonnier de Cintra (1958)
  • Tais-toi, (Gallimard, 1965)
  • Nouvelles d'une vie (?)
    • Nouvelles du cœur (Gallimard, 1965)
    • Nouvelles des yeux (Gallimard, 1965)
  • Les Écarts amoureux, (Gallimard, 1974)
  • Nouvelles complètes, (Gallimard, Bibliothèque de la Pléiade, 2 tomos, 1992)
  • Romans, (Gallimard, Bibliothèque de la Pléiade).

Ensaios e biografías

  • De la vitesse (Éditions Kra, 1929)
  • 1900 (Les Éditions de France, 1931)
  • Papiers d'identité (Grasset, 1931)
  • Isabeau de Bavière (Les Éditions de France, 1939)
  • Vie de Maupassant (Flammarion, 1942)
  • Excursions immobiles (Flammarion, 1944)
  • Adieu à Giraudoux (Porentruy, Aux Portes de France, 1944)
  • Première visite à Marcel Proust (Xenebra, éditions du Cheval Ailé, 1948)
  • Journal d'un attaché d'ambassade, (Vevey, La Table Ronde, 1948)
  • Dostoïevsky, annonciateur de l'Europe russe, (Xenebra, éditions Pierre Cailler, 1948)
  • Giraudoux. Souvenirs de notre jeunesse (Xenebra, La Palatine, 1948)
  • Le Visiteur du soir. Marcel Proust (1949)
  • Katherine de Heilbronn de Kleist (1956)
  • Fouquet ou Le Soleil offusqué, (Gallimard, 1961)
  • Monplaisir... en littérature (Gallimard, 1967)
  • Monplaisir... en histoire (Gallimard, 1969)
  • Discours de réception à l'Académie française (Gallimard, 1969)
  • L'Allure de Chanel (Hermann, 1976)

Cadernos de viaxe e relatos de cidades

  • Rien que la Terre (Grasset, 1926)
  • Siam (Illustrations de Galanis, 1926)
  • La Semaine de Bath (Champion, 1925)
  • Le Voyage (Hachette, 1927)
  • Tableaux de Paris, (Emile-Paul, 1927)
  • Paris-Tombouctou, (Flammarion - La Rose des Vents, 1928)
  • Hiver Caraïbe, documentaire (Flammarion - La Rose des Vents, 1929)
  • New York (Flammarion, 1930)
  • New York, le Jour et la Nuit (Flammarion, 1930)
  • A.O.F. de Paris à Tombouctou (Flammarion, 1932)
  • Paris de nuit, (Paris, Arts et Métiers Graphiques, 1933)
  • Londres (Plon, 1933)
  • Bucarest (Plon, 1934)
  • Route de Paris à la Méditerranée (Firmin-Didot, 1931)
  • Air Indien (Grasset, 1932)
  • La Route des Indes (Plon, 1935)
  • Méditerranée, mer des surprises (Mame, 1938)
  • Florence que j'aime (Éditions Sun, 1959)
  • Bains de mer, bains de rêve (Lausanne, Guilde du Livre, 1960)
  • Le nouveau Londres, suivi de Londres 1933, édition revue et corrigée (Plon, 1962)
  • Majorque (Barcelone, Noguer, 1963)
  • Le Portugal que j'aime, (Éditions Sun, 1963)
  • La Suisse que j'aime (Sun, 1968)
  • Venises (Gallimard, 1971)

Crónicas

  • Papiers d'identité (Grasset, 1931)
  • Rond-Point des Champs-Elysées (1935)
  • Le Réveille-matin (Grasset, 1936)
  • L'heure qu'il est (Grasset, 1938)
  • Réflexes et Réflexions (Grasset, 1939)
  • Chroniques de l'homme maigre (Grasset, 1940)
  • Propos des 52 semaines (Milieu du Monde, 1942)
  • L'eau sous les ponts (Grasset, 1954)

Véxase tamén

Ligazóns externas